20 MESES DE TRIPARTITO

FACEMOS BALANCE

BIDUÍDO-BUGALLIDO

25 ANOS DESPOIS

A PRESIÓN QUE FIXEMOS NOS ÚLTIMOS MESES DOU RESULTADO

O TRASPORTE ADAPTADO NON É APTO

AMES 2020 - FEDER

Participa neste proxecto aberto á cidadanía

Mirate!!

Seguro que te recoñeces!!

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Presentamos o noso regulamento

FALAMOS COA TÚA VOZ

COÑÉCENOS

PARTICIPA NO ÚNICO PROXECTO INDEPENDENTE DE AMES

Pacto por Ames é o único partido independente que hai no noso concello, non temos dependencias orgánicas nin de Madrid, nin de Santiago nin de Barcelona e as decisións tómanse sempre pensando en exclusiva nos intereses dos nosos veciños. As decisións tómanse dende e para Ames con total transparencia.

Sabedores de que o mellor activo co que contamos son as persoas, dende esta páxina convidámoste a que tomes parte activa nesta iniciativa INDEPENDENTE. Convidámoste a que te impliques nun proxecto no que teñen cabida todas as persoas, nun proxecto SERIO e INDEPENDENTE que ten como único obxectivo mellorar a sociedade na que vivimos e o noso entorno máis próximo sen renunciar a identidade que temos cada un de nos.


PROGRAMA ELECTORAL

Correo electrónico: grupomunicipal@pactoxames.es

WhatsApp 608 255 157

NOVAS

SOSPEITA DE PACTO9 X AMES SOBRE UNHA FACTURA IRREGULAR

O alcalde de Ames, José Miñones, pagou 21.417 € no 2016 por un sistema de Vídeo Acta para a gravación das sesións plenarias que nunca chegou a funcionar. A empresa ten sede en Madrid, foi contratada a dedo e segundo figura na web oficial do concello, o contrato está rematado dende o 16 de xuño de 2016. O pago realizouse mediante o decreto de alcaldía 2283/2016 en novembro de 2016 pero o servizo nunca chegou a funcionar. Esta é a transparencia e a xestión da que presumía o tripartito fai uns días.

SENTENCIAS TRAS SENTENCIAS NO CONCELLO DE AMES

Outra sentenza condena ao goberno de Ames, esta vez por vulneración de dereitos fundamentais a igualdade e non discriminación, e liberdade sindical. Ademais hai outra demanda presentada no mes de maio pasado como consecuencia da RPT, xa son como mínimo 5 as presentadas. Nesta reclaman 20.000€, que sumados aos 50.500€ das 4 anteriores suman 70.500€

O GOBERNO TRIPARTITO NON TEN CAPACIDADE DE MUNICIPALIZAR NINGÚN SERVICIO.

Pasado a metade do mandato, o goberno tripartito non realizou nin unha soa municipalización e seguen contratando empresas para realizar todos os servizos. As últimas foron o monitoraxe dos comedores e a Psicomotricidade. O total dos servizos contratados con empresas rolda os 6 millóns de euros quedando de manifesto que non teñen capacidade de municipalización tal e como se advertira dende PxA. A xestión da auga, a axuda a domicilio, o servizo de limpeza, os programas de conciliación ou o servizo de lacería, a psicomotricidade, ou o monitoraxe dos comedores, entre outros, seguen a estela do anterior mandato.

A RPT GENERA, AL MENOS, CATRO DEMANDAS LABORAIS

Al menos 4 demandas relacionadas coa Escola de Música reclaman máis de 50.500€, sección competencia do concelleiro do BNG e responsable de Educación e Cultura, o reprobado David Santomil. A transparencia brilla pola súa ausencia. A aprobación da RPT do concello de Ames xa empeza a xerar un chorreo de demandas contra o concello tal e como advertira Argibay. Fora un dos moitos argumentos de PxA para votar en contra. Haberá máis demandas. O cuatripartito de facto que goberna Ames (PSOE-PODEMOS-BNG e Ames Novo) nunha pinza sectarea, aprobara a principios de ano unha RPT inxusta e insolidaria que excluía a máis do 30% dos traballadores do concello.

SEGUEN AS INCIDENCIAS CO LIXO EN AMES

Dende agosto do ano 2015, data da primeira reunión cos responsables da Mancomunidade Serra de Barbanza, o goberno tripartito de Ames estáncase na ineficacia e a indolencia ante os graves problemas da recollida do lixo. Dous anos despois, e cunha prórroga acordada no pleno en decembro de 2015 por unanimidade, o Tripartito conxela un tema de vital importancia para a veciñanza tanto a nivel do servizo como económico. Dous ano despois, o tripartito aproba o aluguer de vehículos inadecuados que tamén teñen que pasar polo taller, tal e como recoñece a empresa concesionaria. O rural volve a ser a zona máis castigada.

PROPAGANDA DO TRIPARTITO DAS OBRAS DO POS 2015

A falta de novos proxectos, o tripartito de Ames fai propaganda, facendo seus, proxectos do mandato anterior, tanto en contratación como en obras. A maioría pertencen ao Plan de Obras e Servizos da Deputación acordado para ano 2015 entre o PP e Pacto X Ames. Os Socialistas votaron en contra de moitas das obras que agora venden como propias e que supoñían un total de 815.008.04€, unha mostra de como era a súa nefasta oposición e actual mezquindade política. Lonxe de municipalizar, privatizan absolutamente todo, incumprindo o acordo de mandato con Ames Novo que claudicou na labor de oposición en favor de Podemos que tamén está fagocitando ao PSOE.

O CICLO INTEGRAL DA AGUA

O alcalde de Ames e o goberno tripartito ocultaron información a oposición dende o primeiro minuto no referente ao Ciclo Integral da Auga, abusando da boa fe. Agora descóbrese que falta documentación O Pleno Extraordinario solicitado por PxA e PP está aínda máis xustificado xa que a raíz da petición, descóbrese que o canon da auga aínda non está pagado totalmente e faltan 140.000€ O tripartito nega información sobre os afectados por facturación excesiva no recibo da auga que nalgúns casos chegaron a 4.000€. Recoñecen que hai alegacións pero negan a información sobre o número e o contido.

A URBANIZACIÓN ALDEA NOVA EN PERIGO

Máis de unha ducia de farois de Aldea Nova non teñen a tapa do rexistro eléctrico e teñen os cables por fora e ao alcance dos máis pequenos. Constitúen un grave perigo de seguridade. As beirarrúas teñen as lousas levantadas, con folgura e provocan caídas así como salpicaduras aos viandantes. Os sumidoiros están cheos de herbas pola falta de limpeza. A veiras de algunha zona da urbanización, sobre todo dalgúns aparcamentos, aínda están sen limpar o que tamén resulta perigoso polas altas temperaturas, a vez que impide saír do vehículo aos acompañantes.

!!! UN ALCALDE CONTENTO !!!

O Alcalde está contento, NÓS NON!! El está contento porque gañou unha demanda que PxA presentara por impedir o debate dunha proposta nosa para baixar a Contribución. NÓS NON!! El está contento porque un tribunal (xa sabemos como está a xustiza), afirma que impedir o debate non vulnera os dereitos fundamentais dos concelleiros. NÓS NON!! El está contento porque grazas a esa “magnífica vitoria” as persoas que vivimos en Ames seguiremos pagando a contribución máis alta da contorna que, ademais é abusiva. NÓS NON!! El está contento porque nese pleno actuou de forma autoritaria aínda que presume de transparencia. NÓS NON!! El está contento porque temos que pagar 400€ de costas xudiciais por defender os dereitos da veciñanza de Ames porque esa é a nosa misión. NÓS TAMÉN!!

O CUARTEL DA GARDA CIVIL DO MILLADOIRO TOCA FONDO

Entre o mércores e venres pasado 3 cafeterías do Milladoiro sufriron numerosos danos por outra onda de roubos. Os danos foron cuantiosos. Os efectivos do cuartel da Garda Civil do Milladoiro seguen en precario, dos 37 efectivos, 13 están de baixa, 1 é o xefe do posto, 4 son mandos intermedios e só quedan 16 efectivos máis 3 que están no servizo de información. A tenor destes resultados, dos datos que saíron publicados amosando un aumento dos delitos en Ames e de que ao goberno tripartito de Ames os uniformes danlle sarpullidos, PxA volverá a retomar o tema da Comisaría da Policía Nacional. O esperpento instálase en Ames, agora os detidos son trasladados a Coruña sabendo que só hai unha patrulla. Perden un mínimo de 3 horas a ida e outras tantas a volta. O goberno oculta estes e outros datos.

EXISIMOS QUE SE INCLÚAN NAS SESIONS PLENARIAS AS NOSAS PROPOSTAS

O Tripartito de Ames aplica a censura a todas as propostas que presenta Pacto X Ames vulnerando o Regulamento Orgánico aprobado por unanimidade e intentando silenciar a oposición. Na convocatoria do Pleno correspondente ao mes de maio tampouco inclúe ningunha das dúas propostas que se presentaron por rexistro o pasado 12 de maio e presentado tamén en Xunta de Voceiros. PxA presentou dúas propostas, unha para a creación da tarxeta cidadá e outra para dotar de unha liña de subvencións para deportistas de elite, individuais ou con alta proxección nacional e/ou internacional.

O IMPAGO DAS AXUDAS AS ANPAS

O concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, aínda non pagou as axudas que lle corresponden as ANPAS do ano 2016. Nunha xuntanza celebrada coas ANPAS o 14 de novembro do pasado ano, comprometeuse a abonar estas axudas “a comezos dos vindeiro ano” Utiliza a desculpa de que os presupostos 2017 aínda non están aprobados para facer o pago as ANPAS pero sen embargo, esta cuestión, non impide que cobre a súa nómina puntualmente

O GOBERNO TRIPARTITO FALTA O RESPETO O RURAL AMIENSE

Tal e como advertiramos, o goberno pretende destinar 12.000€ por parroquia e atrévense a chamarlle participativos. Un tripartito que suprime os parques infantís no rural, (Sisalde e Lapido), que non recolle o lixo e non acondiciona as estradas, destina unha cantidade irrisoria que impide a fixación de poboación no rural. Despois do Catastrazo, que supuxo preto de 1.000.000 de € en impostos para o rural, os 12.000 € por parroquia son unha falta de respecto e un ninguneo propio do peor goberno da historia de Ames para o rural.

CONDENAN A PRECARIEDADE DO PERSOAL DOS COMEDORES ESCOLARES

O concelleiro de educación de Ames e o goberno tripartito, condenan á precariedade ao persoal da contrata dos comedores escolares no prego aprobado en Xunta de Goberno o pasado 12 de abril. Este prego é un copy/pega do anterior, co dato negativo da rebaixa dunha media do 5,34% o salario/hora do persoal, sendo os monitores os peor parados cun 9% menos. O servizo, sigue privatizado e conservan intactas as escasas 2,5 h/día para monitores e persoal de limpeza, con tan só 3,5 h/día para os coordinadores. O goberno segue a practicar a política das aparencias.

CHARLA INFORMATIVA "A REVISIÓN CATASTRAL EN AMES E A SÚA REPERCUSIÓN NO IBI- CONTRIBUCIÓN"

O vindeiro Xoves, 11 de Maio de 2017, ás 20:30 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamirans. Agardamos que sexa da súa interese e contar coa súa presencia.

ABANDONO DOS PARQUES INFANTÍS, EN XERAL

O goberno tripartito de Ames volve a desprezar ao rural suprimindo os parques infantís de Sisalde e Lapido, o resto, como os de Covas, Biduído, Condomiña, Cerdeiras ou Mimosas, sofren un gran deterioro. A parroquia de Lens segue sen él, a pesar da demanda histórica. Nos dous anos de mandato non se tomou nin unha soa medida para fomentar a vida no rural, onde vive un terzo das persoas de Ames. A veciñanza recolleu firmas que entregaron por rexistro no concello. Dos 40 parques que hai en Ames, tan só 2 cumpren coa normativa, encargaron unha auditoría hai meses pero non son capaces de sacala a diante.

UNS PRESUPOSTOS QUE RETROTRAE AMES AO SÉCULO XX

PxA vota en contra duns presupostos que retrotrae Ames aos século XX. Ames terá o nivel máis baixo de investimentos na última década, cun descenso do -18% deixando ao rural na UVI grazas a imposición da esquerda máis radical. Volven a subir os impostos directos nun 6,45% e o gasto de persoal dispárase un 11,6% supoñendo xa o 34% do total, por culpa da RPT, tal e como advertira Pacto X Ames. O goberno cuatripartito (PSOE-AN-PODEMOS e BNG) queren gastar 12.000€ nunha asistencia técnica para facer uns presupostos participativos e 50.000€ para municipalizar un servizo da auga que, en dous anos non foron capaces de licitar. En canto aos servizos sociais, non contemplan abrir os comedores escolares no verán, tal e como prometeran en campaña e tan só destinan un pírrico 0,43% como partida única para vivenda.

EXISIMOS UN DESCONTO NO RECIBO DO LIXO OS VECIÑOS E VECIÑAS DE AMES

Pacto X Ames insta ao goberno tripartito a a que desconte no recibo da recollida de lixo os importes equivalentes aos días que non se está facendo esta recollida. O fin de semana moitas zonas do concello seguían co lixo amoreado. Dende a formación independente demándese que se abra expediente e se apliquen sancións. Recorda que Ames non é asociado da Mancomunidade Serra do Barbanza, a relación contractual é de prestación de servizo. O tripartito solicitara unha prórroga de seis meses no contrato en novembro de 2015 e debería saber a situación que se aveciñaba. Unha falta de previsión máis.

SEÑALIZACIÓN DE BERTAMIRANS, MILLADOIRO E POLÍGONO NOVO MILLADOIRO - AMES

Pacto X Ames consegue, a través de El Defensor del Pueblo, que a Secretaría de Estado de Infraestructuras, Transporte y Vivienda, poña o cartel do destino BERTAMIRÁNS na Autoestrada do Atlantico AP-9. Na carta sinálase que se están levando actuacións coa Consellería de Infraestruturas, Transporte e Vivenda da Xunta de Galicia para que tamén se sinalicen os núcleos do noso concello na Autovía Santiago-Ames-Brión (AG-56). PxA presentara unha moción para a sinalización de Milladoiro, Bertamiráns e o Polígono Novo Milladoiro o 19 de Xaneiro de 2016, pero o goberno non mostrou interese, de aí que se acudira á Valedora do Pobo, que elevou a petición a El Defensor del Pueblo.

HISTORIA DOS ORZAMENTOS

O goberno tripartito asina o acordo con Ames Novo para os presupostos e, ao día seguinte de pechalos, convoca por Whatsapp a Pacto X Ames para ver as propostas que días antes, a formación independente, presentara por escrito. Tiveron a idea esperpéntica de incluír unha partida para contratar unha asistencia técnica co fin de elaborar dun sistema de presupostos participativos “a aplicar este mandato”, onde o rural levará a partida máis baixa da última década. Pretenden rescatar a xestión municipal do ciclo integral da auga e son incapaces de completar a licitación dun servizo que xa leva dous anos prorrogado como emerxencia. No noso entorno están fracasando todos os intentos de municipalizacións da “nova política”.

ROLDA DE PRENSA SOBRE O PLAN DE OBRAS E SERVIZOS 2017

Mañan, Mércores 8 de Marzo de 2017, no Pazo da Peregrina (Bertamirans), ás 11:30 horas, o Comité Executivo e o Grupo Municipal Pacto x Ames, darán unha rolda de prensa sobre o Plan de Obras e Servizos 2017

PxA SOLICITA UN PLENO SOBRE O ESTADO DO CONCELLO, COMO ESIXE O REGULAMENTO ORGÁNICO MUNICIPAL

PxA solicita por rexistro de entrada que se convoque o Pleno Extraordinario para a celebración do debate sobre o estado do Concello, tal e como esixe o artigo 60 do Regulamento Orgánico Municipal. A actitude do Alcalde José Miñones, incumprindo o regulamento, é outra falta máis de transparencia e unha falta de respecto á veciñanza de Ames. O acordo tácito da esquerda do concello, fraguado fai uns meses, tomando posicións cada vez máis radicais e opacas, pretende silenciar e marxinar a oposición, máis en concreto a Pacto X Ames.

O GOBERNO TRIPARTITO TAN SÓ DESTINA AO RURAL 150.000€, DE 1.560.387€ DA DEPUTACIÓN

De 1.560.387€ que a Deputación destina a Ames polo POS 2017, o tripartito tan só destina ao rural 154.817€, un pírrico 9,9% do total. Cando lle correspondería, por norma, al menos 685.00€, cantidade que o tripartito destina a Gasto Corrente. O goberno tripartito (PSOE, PODEMOS e BNG), actúa de mala fe metendo por vía de urxencia o POS 2017 para o pleno do 23 de xaneiro sabendo que o prazo remata ao día seguinte do pleno e así deixar sen marxe de manobra á oposición. Esta actuación deriva do presunto acordo orzamentario do Tripartito con Ames Novo, amparándose en que o importe do catastrazo vai ser para o rural, cuestión que é unha venta de fume que terán que explicar.

PROPOSTA SOBRE DIVERSAS ACTUACIÓNS NO PASEO FLUVIAL DE BERTAMIRANS

Pacto X Ames presenta unha PROPOSTA esixindo unha actuación urxente no paseo fluvial de Bertamiráns. Insta a Augas de Galicia e Concello a realizar actuacións conxuntas ante o seu deplorable estado. O goberno tripartito non toma en serio o problema e Augas de Galicia ignora un problema medio ambiental que está poñendo en serio perigo o ecosistema da zona. Muros de contención cheos de arbustos e maleza, bancos, pontellas e papeleiras deterioradas e unha conca chea de sedimentacións que fai de cloaca do río Sar, fan desta situación un problema de seguridade e salubridade.

O GOBERNO NON INCREMENTA AS SUBVENCIÓNS DEPORTIVAS, CULTURAIS, FESTAS PATRONAIS...

O tripartito de Ames destina exactamente as mesmas cantidades ás subvencións deportivas que nos últimos cinco anos cos gobernos anteriores.Dende o ano 2012 non tiveron variación. O tripartito tampouco incrementou, nin un céntimo, as achegas para as familias numerosas e para as asociacións culturais a pesar do aumento considerable na recadación polos impostos directos como o IBI. A única proposta en materia deportiva durante estes case dou anos de goberno tripartito foi intentar subir os prezos entre un 185% e un 234%, rexeitada por toda a oposición

PACTO X AMES SOLICITA ABRIR EXPEDIENTE POLAS INCIDENCIAS DOS RECIBOS DA AUGA

Pacto X Ames solicita de forma urxente a convocatoria da comisión de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas, Parques e Xardíns, Transporte, Mobilidade e Medio Ambiente, para estudar as numerosas incidencias da actual concesionaria da auga antes de que se produza o cese ante a desidia do tripartito. Pacto X Ames considera que o decreto firmado polo goberno é unha medida morna para pasar de puntillas sobre un serio problema que afecta a centos de persoas e chega tarde, PxA instará a aplicar o réxime disciplinario á concesionaria. O goberno tripartito aínda non contestou o escrito presentado por Pacto X Ames o pasado 12 de xaneiro sobre as obras e o canon que debería afrontar a concesionaria actual. A baixa nas obras é do 15% e o canon de 280.000 €.

NULA XESTIÓN DO CONCELLEIRO DE CULTURA DE AMES

Pacto X Ames, PP de Ames e o concelleiro non adscrito Francisco Javier López, pedirán no pleno do mes de xaneiro a reprobación e cese do concelleiro do BNG responsable de Educación e Cultura. O aínda concelleiro, non contou coa participación das empresas que pagan os seus impostos en Ames e concedeu de forma directa a metade do presupostado a empresas foráneas. A moción foi presentada o día 16 de xaneiro e constata unha petición cidadá baseada na falta de diálogo, a imposición de criterios así como a deriva destes 20 meses na súa actividade de goberno.

Os semáforos de Bertamiráns son coma o goberno tripartito, non funcionan ou están en intermitente

Os semáforos de Bertamiráns son coma o goberno tripartito, non funcionan ou están en intermitente. Producíronse varios incidentes leves nos últimos meses e agora xa non funciona os dos peóns e dan prioridade aos vehículos. Pacto X Ames solicitou unha copia do informe da Policía Local e o goberno, aplicando a censura, negoulla sen máis explicación que unha evasiva.

DEIXADEZ DO GOBERNO TRIPARTITO CO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

O tripartito de Ames declara de emerxencia a Xestión do Servizo de Axuda no Fogar, demostrando unha vez máis que non da o nivel en labores de goberno. Dende hai 20 meses sabían que vencía o 30 de decembro do 2016. Na Xunta de Goberno Local celebrada o 15 de decembro do 2016, tómase esta medida e ordena á empresa actual a continuar cos traballos mentres no se faga unha licitación nova

O GOBERNO TRIPARTITO DEIXA A AMES SEN CABALGATA DE REIS MAGOS

PxA pide a dimisión ou no seu defecto o cese de David Santomil como concelleiro delegado de Cultura pola súa incompetencia demostrada nos últimos 20 meses de goberno. O Concelleiro do BNG doulle a puntilla á Cabalgata de Reis A falla de diálogo coa Cabalgata de Reis, o nomeamento a dedo de unha gran parte de obradoiros culturais, a nefasta xestión da Escola Municipal de Música, a ausencia de proxectos culturais ou a nefasta xestión dos comedores escolares, entre outras, motivan a petición.

PACTO x Ames RACLAMA A TRAMITACIÓN DAS SÚAS MOCIÓNS E PROPOSTAS

O goberno tripartito ignora outra iniciativa presentada por Pacto X Ames, esta vez, a moción estaba encamiñada a promover na comarca o servizo de interpretación de lingua de signos e guía intérprete de persoas Xordocegas. A moción, que foi Presentada o 12 de decembro, pretende “mancomunar” un servizo fundamental na comarca pero como ven sendo habitual nos últimos meses, aplican a censura a todas as propostas que proveñen de PxA. A iniciativa de PxA, censurada polo tripartito, foi atendida por outros concellos da comarca que veñen colaborando con achegas nos últimos anos tales como Rois, Vedra, Teo e Santiago.

A RPT DO CONCELLO DE AMES

O goberno tripartito de Ames suprime postos de traballo en contratación e secretaría pero está disposto a crear unha praza de Habilitado Nacional (Secretaría adxunta) cun custe de case 60.000 € ao ano, máis do o dobre do que custaría un técnico. Ademais reduce o salario de tres postos de traballo e crea unha praza máis de arquitecto, suprime a praza de Vixiante de Obras e renuncia á promoción interna. Pretende aprobar unha RPT (Relación de Postos de Traballo) sen o consenso dos sindicatos e contempla postos sen dotación orzamentaria incumprindo coa Lei 2/2015 do Empregado Público de Galicia e rexeita todas as alegacións presentadas por PxA.

I CONGRESO ORDINARIO PxA

Sábado, 12 de Novembro de 2016, ás 20:30 horas, Salón de Actos da Casa da Cultura de Bertamiráns,

Pacto x Ames abandona o Pleno, o impedir defender a baixada do IBI

Os concelleiros de Pacto X Ames abandonaron o pleno por censurar a súa liberdade de expresión. O Alcalde negou o debate dunha emenda de PxA para rebaixar o IBI. A Secretaria do Concello, a pregunta do Alcalde, deixou claro que o debate era unha cuestión política e non xurídica, o Alcalde negouse a debatela vulnerando os Dereitos Fundamentais dos concelleiros de PxA. O Alcalde Miñones utilizou o Regulamento de Organización Municipal de forma ditatorial, parcial e impropia dunha persoa demócrata e negouse a incluír as propostas que PxA levara á Xunta de Voceiro o día 15 de outubro, tal e como é preceptivo.

MODIFICACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL PxA A PROPOSTA DO GOBERNO SOBRE A LOMCE

A aplicación da LOMCE está a causar innumerables dúbidas na comunidade educativa. Pais mestres e alumnos, non teñen a comunicación mínima por parte das autoridades do Ministerio de Educación e da Consellería de Educación, o que provoca unha gran incerteza, dúbidas e sobre todo, desconfianza nun sistema que debería estar clarificado dende hai moito tempo.

Pacto x Ames SOLICITA unha baixada no imposto do IBI o mínimo legal do 0,40

Pacto X Ames presenta por rexistro de entrada unha iniciativa para rebaixar o tipo xeral do IBI ao 0,40 no pleno do vindeiro xoves co fin de mitigar o efecto retroactivo, aplicado aos últimos catro anos, que ademais castiga duramente ao rural. A medida pretende mitigar a crecente presión fiscal á que está sometido o concello de Ames en xeral e o rural en particular dende o ano 2005, data da última ponencia de valores. O voceiro de PxA Ramón García Argibay presentou unha solicitude de información o 17 de outubro que aínda non foi contestada a pesares de que o tempo regulado xa rematou.

Proposta para que o IBI poida ser subvencionado con axudas sociais

Pacto x Ames considera inaceptable que o Goberno furte unha das catro propostas sobre o IBI presentada por PxA na Xunta de Portavoces do luns 17 de outubro. A proposta foi plaxiada, mentida a calzador e por vía de urxencia catro días despois ,nas comisións informativas do Venres 21 de outubro. As catro propostas de PxA están relacionadas co aumento do IBI, especialmente no rural, onde están reclamando o pago con efecto retroactivo de 4 anos, igual que se fixera co Lixo.

O goberno tripartito en parada técnica Cero euros executados do 1.643.158 € en proxectos aprobados

Despois de un ano e medio de goberno, aínda non executou ningunha das actuacións aprobadas no seu mandato pertencente aos plans provinciais da Deputación. Cero euros executados do 1.643.158 € en proxectos aprobados tanto pola deputación como polo concello de Ames en decembro de 2015, fainos merecedores dun cero en xestión. Actuacións básicas como saneamentos, obras de accesibilidade, parques biosaudables, o novo chan para o polideportivo de Bertamiráns, gradas cubertas para o campo de fútbol do Milladoiro e pavimentación de vías, entre outras, seguen á espera.

O goberno tripartito non pode cos grandes temas do Concello

Un pleno sen contido, con informe sorpresa sobre a limpeza viaria, sirve para deixar claro que o goberno tripartito non pode cos grandes temas como a RPT e os presupostos. O pleno prorroga o contrato da limpeza sen saber o que vai pagar o concello. O tripartito pretende adxudicar a dedo o servizo de lacería e canceira coa desculpa de que non teñen tempo a licitar o servizo, cando na oposición xa sabían os prazos de vencimiento. Pacto x Ames, a proposta dos veciños de Ames retornados de Venezuela e afectados pola falta de pagamento das súas pensións por parte do Goberno Bolivariano, presentou unha iniciativa que foi aprobada por unanimidade

Solicitamos a Xunta Local de Seguridade

Botellón e actos vandálicos no cemiterio de Biduído que provocaron diversos danos no camposanto. Festas sen a debida protección nas zonas de influenza da Garda Civil do Milladoiro o cuartel minguado de efectivos e pechado, ese segue sendo o panorama en Ames e arredores. O tripartito segue sen tomar en serio os problemas de seguridade e non convoca a Xunta Local de Seguridade. Son coñecedores destes e outros actos delituosos (que non se fan públicos) e non toman as medidas mínimas necesarias. Pacto X Ames solicita de novo publicamente, que se convoque a Xunta Local de Seguridade porque a situación é a mesma que dende o 15 de novembro, a última celebrada onde se fixeron promesas que, unha vez máis non se cumpren.

Arranxo do peche perimetral da Escola de Covas

O goberno tripartito de Ames mostra a súa desidia coa Escola Unitaria de Covas un curso máis. Xa son 9 meses esperando para acondicionar o peche perimetral. O peche perimetral é un perigo para os nenos e nenas que a diario utilizan ás instalacións. Pacto X Ames leva 1 ano reclamando o acondicionamento tanto nos plenos como no Rexistro Xeral mediante escrito. O tripartito defendía con vehemencia as Unitarias na oposición e agora que goberna e teñen a delegación de educación, esquécese delas.

LOTERÍA DE NADAL

O portador xoga a cantidade de CINCO EUROS, ao Nº: 90.707, do sorteo que se celebrará en Madrid, o día 22 de Decembro de 2016. Si estás interesado ponte en contacto con nós ou con calquer membro do Comité Executivo de Pacto x Ames. Sorte !!!

PxA critica o abandono do rural amiense

O rural de Ames segue abandonado despois de un ano de goberno tripartito. Os veciños están indignados e queixáronse do trato recibido polo goberno. O estado do Cruceiro e do Pilón de Tarrío e a falta de limpeza e mantemento das cunetas de Buceleiras , na parroquia de Bugallido, son cuestións que están pendentes dende hai anos. En Biduído o que máis preocupa é o estado de abandono pola falla de atención e mantemento nos últimos anos, indigna aos veciños porque ademais, non lles dan resposta dende o goberno.

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE AMES

O Alcalde de Ames, José Miñones, prorroga 1 ano máis a concesión das escolas deportivas a Eulen. Cando estaba na oposición reprobou duramente a xestión de Eulen cualificando a adxudicación na web do PSOE de Ames en xaneiro de 2014 como “estafa” aos amienses. O prezo das escolas deportivas sobe entre un 185% e un 234% segundo sexan maior ou menor de 18 anos, pretende facer da xestión unha mestura entre municipal e conveniada con 7 clubs do concello. Suprimen tamén as bonificacións para os irmáns, agora terán que pagar a cantidade total cando antes había un desconto do 50% no segundo e case do 75% no terceiro e sucesivos

ARRANXO DO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL DE AGRÓN

O campo de fútbol do Agrón encóntrase en pésimo estado dende fai máis de 5 anos, nin os anteriores gobernos nin o goberno Tripartito mostran un mínimo de interese. O campo fíxose no ano 1991. Pacto X Ames solicitará no pleno de xullo, con carácter de urxencia, que se arranxe co fin de que poidan empezar a pre temporada a principios de agosto e non teña que volver a Negreira como nos últimos 5 anos.

A RPT abre a porta a conflictos xurídicos

A RPT aprobada polo tripartito co consentimento de PP e Ames Novo, abre unha porta a conflitos xurídicos sen precedentes no municipalismo galego que podería supoñer miles de euros para ás arcas públicas de Ames. Incumpre gravemente preceptos aprobados no ano 2007 no apartado 5 “A racionalización da asignación de complementos retributivos”, no que se garanten dereitos que o goberno tripartito agora suprime. Privatizan de facto a EMMA e a Brigada de Obras. Neste documento o tripartito suprimen e crea prazas ao seu antollo que poden provocar o caos económico e organizativo. Pacto x Ames foi o único partido que advertiu desto e por iso votou en contra deste documento politicamente arbitrario

Pacto X Ames fará balance do primeiro ano de goberno tripartito

Pacto X Ames fará balance do primeiro ano de goberno tripartito, no que se renuncia á municipalización de servizos, soben impostos, esquécense do Milladoiro e do rural e a participación veciñal brilla pola súa ausencia.

Pacto x Ames, único partido que votou en contra da RPT

Pacto X Ames foi o único partido que votou en contra de unha RPT que crea outro posto de Habilitación Nacional como é o de Adxunto a Secretaría Xeral e outro Arquitecto para Urbanismo mentres que amortizan, al menos, dous postos da Brigada Municipal. Unha RPT que xa causa os primeiros danos colaterais na súa aplicación relevando ao conserxe de Ventín e o Vixiante de Obras. Nin sequera contempla á administración electrónica. Unha RPT que regula todo o contrario do que prometeron Podemos, BNG e PSOE xa que en vez de promover o emprego público, privatizan servizos , reducen a Brigada Municipal e suprimen numerosos postos de traballo.

SITUACIÓN DO CENTRO DE SAÚDE DO MILLADOIRO

O centro de saúde do Milladoiro é como o Guadiana, aparece e desaparece segundo haxa ou non procesos electorais, de aí que Pacto X Ames solicite información mediante escrito no Rexistro Xeral. Hai informacións contraditorias, por un lado din que hai un convenio, que a oposición non coñece, que hai parcela dispoñible e por outro non definen cal, nin se hai prazos e investimento previsto.

PxA SOLICITA A CONVOCATORA DA XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE

A seguridade non é prioritaria para o goberno tripartito de Ames. Pasan de puntillas e non se ocupan dun tema desta importancia. PxA leva tres anos con esta reivindicación. Unicamente Pacto X Ames fai un seguimento serio da precaria situación na que se encontra o cuartel da Garda Civil. Volverase a recorrer á Valedora do Pobo no caso de que non haxa progresos. Pacto X Ames solicita de novo e publicamente, que se convoque a Xunta Local de Seguridade porque a situación é practicamente a mesma que dende o 15 de novembro, a última celebrada.

TRIPARTITO, UN ANO DE XESTIÓN, "UNHA COUSA É PREDICAR E OUTRA DAR TRIGO"

Pacto por Ames fai balance do ano de goberno tripartito e analiza os orzamentos que propón o novo goberno.

ORZAMENTOS E BALANCE ANUAL

O Martes, 14 de Xuño de 2016, os membros de Pacto x Ames(PxA), celebran unha rolda de prensa sobre os Orzamentos 2016 e un Balance Anual do goberno local. A rolda de prensa, será ás 11:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Ames

CUESTIÓNS RELACIONADAS CO CONCELLO DE AMES

Pacto X Ames felicita ao goberno por levar a cabo a moción que se presentara o pasado mes de abril para poñer en valor o patrimonio arqueolóxico de Ames, aínda que chama a atención que censuren o punto primeiro e logo o publicitan como propio. De igual xeito, PxA cualifica de postureo a actitude goberno tripartito por presumir dunhas obras que votaron en contra en novembro de 2014. Unha cousa similar ocorre coa visita de membros do goberno tripartito á parroquia de Bugallido para “vender” á opinión pública o acondicionamento de Outeiro (Bugallido) con Costoia (Biduído) ) ata o termo municipal de Santiago. Estes traballos que foron sufragados a través do Plan Provincial de Obras e Servizos de 2015, tiveron un custo de case 100.000 euros e o actual Alcalde socialista, daquela na oposición, votou en contra no pleno de Plan de Obras e Servizos en novembro de 2014.

Esiximos uns mínimos e imprescindibles traballos de mantemento no Polígono Novo Milladoiro

Pacto x Ames rexistrou unha proposta para que se realicen os traballos de mantemento mínimos e imprescindibles no Polígono Industrial Novo Milladoiro e así, mitigar o grave estado no que se encontra. Na proposta, Pacto X Ames fai un minucioso estudio da situación dos accesos, do estado selvático dos xardíns, das áreas recreativas, sinalizacións rotas e en xeral todo o ornato público. Faise especial fincapé na seguridade, luminarias sen portiña de rexistro, co risco de descarga eléctrica e rexistros que están sen tapa, co conseguinte risco de caídas a distinto nivel. Incluso contedores do lixo dentro das rotondas. Para as persoas con mobilidade reducida supón un gran esforzo adicional perigoso.

DENUNCIA DE PxA, ANTE O VALEDOR DO POBO, SOBRE A SEÑALIZACIÓN NA AP-9

O voceiro de Pacto X Ames Ramón García Argibay considera un insulto á intelixencia o argumento lamentable esgrimido pola concesionaria privada AUDASA ante a moción presentada polo seu grupo reclamando a sinalización do Polígono do Milladoiro, de Bertamiráns e do concello de Ames. Están todos os concellos da comarca excepto Ames. Pacto X Ames, ante a pasividade do goberno tripartito, acudiu hoxe á Valedora do Pobo para pedir amparo ante as continuas negativas dun ente privado, apoiado dende un ente público, que o único que pretende é aforrar custes incumprindo a norma sobre sinalización que figura no BOE Nº 83 de 5 de abril de 2014, sen descartar máis accións. De igual xeito, acusa aos responsables da Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia de indolencia e de favorecer os intereses dunha empresa privada como é AUDASA en detrimento dun concello como Ames ao que ningunean constantemente.

PxA quere poñer en valor o patrimonio de Ames

Pacto X Ames presenta unha moción para que o goberno tripartito modifique a actual Ficha Patrimonial do PXOM co obxecto de incluír ás localizacións exactas de varios conxuntos arqueolóxicos e xacementos.

PRESENTAMOS UNHA MOCIÓN POLO CARNÉ DOS FITOSANITARIOS

PxA quere unha oferta formativa seria e con amplitude de horarios para a obtención da capacitación Básica e Cualificado do tratamento de fitosanitarios.

Moción para a conmemoración dos 400 anos da morte de Miguel de Cervantes

O 22 de abril de 2016 cúmprese o 400 aniversario do falecemento de Miguel de Cervantes Saavedra. Para conmemorar este acontecemento, numerosas institucións públicas e privadas están elaborando un completo programa de actividades en España e no resto do mundo. Exposicións, concertos, producións teatrais, danza, ciclos de cine, conferencias, Recursos en Rede como é o Cervantes Digital, e moitos máis eventos para promover e divulgar ao noso escritor máis universal.

Pacto x Ames rexistra unha moción sobre a contaminación do río Sar

A depuradora da Silvouta ten un caudal de deseño de 51.600 m3 sendo superado todos os días chegando a 85.892m3 segundo indican os informes da Secretaría Xeral do Estado de Medio Rural xa en 2010. Na depuradora de Sisalde en Bertamiráns ocorre algo parecido porque máis do 50% dos residuos vértense ao río Sar sen depurar. A Consellería prometera en febreiro do ano 2012 unha inversión de 6 millóns de euros para a súa ampliación que aínda está pendente.

Pacto x Ames rexistra unha moción para a mellora do transporte metropolitano. A moción ten tres asp

Por un lado solicítase a implantación de un sistema de información en tempo real a través dunha paxina web e aplicación web para dispositivos móbiles así como a instalación de paneis informativos nas paradas. Por outro a creación de unha liña específica ao polígono do Tambre e Costa Vella, a reestruturación das liñas e mellora de frecuencias.

O Vehículo do transporte adaptado de Ames tivo que ir ao taller de novo o pasado venres 5 de xaneiro

Que transcendera, xa é a segunda vez en 15 días de funcionamento. Foi substituído por un vehículo que non cumpre os pregos para o que foi contratado o servizo para 4 anos e por un importe de 422.4400 euros. Pacto x Ames xa advertira que o vehículo ten unha antiguedade de 13 anos, case que 400.000 km. E 10 revisións de ITV desfavorables, a primeira no ano 2009 e a última fai dous meses, o 25 de novembro de 2015 en León

Reunión de perfil baixo do Alcalde cos responsables de demarcación de Estradas en Galicia

O paripé-reunión que mantiveron Concello e Demarcación de Estradas do Estado non aportou ningún dato novo nin prazos, nin orzamentos nin sequera se hai anteproxectos técnicos das futuribles actuacións. O voceiro da formación independente acaba de rexistrar un escrito na Demarcación de Estradas e no Concello solicitando información complementaria ante a pasividade do Alcalde de Ames facendo trámites baleiros de contidos e con numerosas contradicións, sen concretar absolutamente nada e sen aportar ningún dato.

TRAS 25 ANOS, POR FIN CHEGAN OS TÍTULOS DA PARCELARIA DE BIDUÍDO-BUGALLIDO

Pacto X Ames presentou numerosas iniciativas para esixir ao Concello e a Consellería de Medio Rural que fagan entrega dos títulos de Concentración Parcelaria da zona de Biduído e Bugallido. Nestes momentos soamente dependía da vontade das administracións. Con todos os trámites rematados os títulos de propiedade levan meses almacenados no Servizo de Infraestruturas Agrarias de A Coruña.

A SEGUIRDADE E A SINALIZACIÓN, INICIATIVAS PARA O PLENO DE XANEIRO

A mellora da sinalización da A-P 9, dos accesos da autovía de Santiago-Ames-Brión e do punto negro da rotonda de Agrón a altura de Feiraco. Esixencias que PxA plantexa solucionar de forma inmediata.

O "NOVO" VEHÍCULO DO TRANSPORTE ADAPTADO TEN 13 ANOS E MÁIS DE 370.000 Km.

O goberno tripartito de Ames (PSOE , PODEMOS e BNG) adxudica o servizo do transporte adaptado a unha empresa que comprou o vehículo uns días antes de comezar o servizo; ten 13 anos e máis de 370.000 kms. O vehículo tivo 10 revisións de ITV desfavorables, a primeira no ano 2009 e a última fai dous meses, o 25 de novembro de 2015 na estación de Cembranos de León. O servizo está contratado para 4 anos e por 422.400 euros.

Ramón Gª Argibay considera que a única solución efectiva para o tráfico no Milladoiro é o túnel

Pacto X Ames mostra a súa indignación pola falla de iniciativa do alcalde de Ames José Miñones, ante unha nova falta de respecto aos veciños do Milladoiro dende o Ministerio de Fomento e Xunta de Galicia polo tráfico no Milladoiro, volvendo a propoñer a mesma medida. Pacto X Ames considera unha tomadura de pelo a carta remitida ao concello por Fomento, a formación independente a cualifica como "unha ocorrencia que afectaría a menos do 10% dos vehículos, os que pasan de 30 toneladas, dos 30.000 vehículos que circulan a diario". O portavoz de Pacto X Ames, Ramón García Argibay considera que a única solución efectiva para o tráfico do Milladoiro é o túnel baixo a rúa Rosalía de Castro, xa que resolvería tamén a división do núcleo e suporía un pulo sen precedentes á dinamización social do Milladoiro

Qué acntece coa concentración parcelaria de Biduído-Bugallido?

Os títulos da Concentración Parcelaria de Biduído – Bugallido están durmindo os soños dos xustos nun arquivo do Servizo de Infraestruturas Agrarias dende hai al menos 2 meses. Pacto x Ames denuncia que non hai data para a súa entrega a a pesar de que fai xa meses que todos os trámites técnicos e administrativos, os de Rexistro e Notaría están rematados.

FALTAN 2 DIAS E SOAMENTE OS SOCIALISTAS RESPOSTARON

Ante a carta que PxA envióu a todas as formacións políticas que se presentan as Eleccións Xerais, soamente a socialista Pilar Cancela respostou.

Carta aos partidos políticos que se presentan as Eleccións Xerais

Pacto X Ames considera que os candidatos do noso entorno están pasando de largo ante os problemas máis próximos aos veciños e considera que non están a cumprir coa súa misión de informar. NIN PP, PSOE, AMES NOVO, PODEMOS, BNG nin CIUDADANOS MOSTRARON INTERESE POLO NOSO CONCELLO.

O PP de Ames impide quea petición dunha comisaría da Policía Nacional

O PP de Santiago Amor aliñouse con Podemos, BNG e Ames Novo para impedir que se aprobara en pleno a petición dunha comisaría da Policía Nacional para Ames. Seguen sen asumir o pésimo resultado das municipais

PxA esixe aos candidatos estatais do PP, PSOE, Ciudadanos e Podemos un compromiso co Milladoiro

Pacto X Ames esixe un compromiso público e por escrito dos candidatos de partidos estatais, PP, PSOE, Ciudadanos e Podemos para que se comprometan a solucionar o problema do tráfico do Milladoiro en vez de facer propaganda solicitando entrevistas con ministros en funcións, ou mocións extemporáneas.

Pacto x Ames solicita, como mínimo, 50 efectivos para o Cuartel Principal da Garda Civil do Milladoi

Pacto x Ames cualifica de , insuficiente e decepcionante o acordo que transcendeu onte sobre a Xunta Local de Seguridade no Concello cun simple compromiso, sen prazos, de volver aos 35 efectivos. Pacto x Ames considera que tanto o goberno municipal como a Delegación do Goberno non estiveron a altura das necesidades veciñais e deixan a Ames en materia de seguridade nun plano inferior.

PxA PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA SOLICITAR A IMPLANTACIÓN DUN CUARTEL DA POLICÍA NACIONAL EN AMES

A situación na que se atopa o Posto Principal do Cuartel da Garda Civil do Milladoiro pola falta de efectivos provoca que a instalación se peche con frecuencia. Se temos en conta que este cuartel conta con 32 efectivos, mandos incluídos, que catro persoas en rotación están asignadas ao Grupo de Intervención Rápida, que hai un segundo grupo denominado ROCA para controlar o roubo de cobre e cuestións similares e unha sección de investigación que tampouco patrulla, e a isto sumamos vacacións, permisos regulamentarios, descansos e baixas, é fácil chegar á conclusión de que a situación é claramente insuficiente para garantir un servizo axeitado cuns mínimos razoables.

PxA lamenta que o PP siga instalado na inmundicia política

Ante as declaracións feitas polo PP que aparecen recollidas hoxe nalguns medios desde Pacto x Ames negamos rotundamente que a moción presentada no pleno en outubro 2014, aprobada por unanimidade pedindo a revisión catastral, fora o que motivara as cartas que están chegando do Catastro, a proba é que esta situación afecta a máis concellos que Ames.

PxA presenta unha moción para dinamizar o turismo en Ames

Pacto x Ames presentou unha moción para incluír ao concello de Ames na entidade de promoción turística AREA SANTIAGO. PxA xa presentara esta moción o 15 de setembro de 2014 pero o Goberno do PP impediu que se levara a Pleno.

O ex alcalde do PP de Ames volveu a enganar aos veciños, esta vez aos de Castrigo e O Casaliño

Santiago Amor e o goberno do PP enganaron aos veciños de Castrigo e Casaliño. Incumpriron cos compromisos adquiridos con PxA o 27 de novembro de 2014 para levar a cabo o saneamento nesta zona a pesares de que formaba parte do acordo de aprobación do POS. PxA cualifica de inmoral e trileiro ao ex alcalde popular por enganar a todos os veciños de Castrigo e o Casaliño por utilizalos a través de PxA ,co único obxectivo de conseguir un fin que ao final quedoulle moi lonxe. Esta decisión do ex alcalde Santiago Amor xa provocou que algúns veciños tiveran que gastar máis de 2.000 euros.

O cemiterio municipal, a historia interminable

Pacto x Ames solicita información sobre o cemiterio municipal no que se realizou unha investimento superior a 1.500.000 de € procedentes do Plan E do ano 2008 e que se atopa en estado ruinoso.

PxA solicita información sobre os obradoiros culturais

Solicitamos esta información a raiz da publicación na páxina web do concello dunha nova que fai referencia á xestión dos Obradoiros Culturais 2015-2016 onde consta a contratación de diversos profesionais e empresas de forma directa. O escrito foi presentado o 15 de setembro con nº de entrada 10249

O BNG DE AMES ADXUDICA A DEDO A XESTIÓN DOS OBRADOIROS CULTURAIS MUNICIPAIS

O BNG de Ames adxudica a dedo a xestión dos obradoiros culturais municipais e beneficia aun membro da súa candidatura co obradoiro de Xadrez de O Milladoiro. non contemplan a bonificación familiar poñendo nos 17 anos o listón de prezo máis baixo.

CERO EUROS DO PRESUPOSTO XERAL DO ESTADO PARA AMES

O goberno do PP volve a destinar CERO euros para Ames nos Presupostos Xerais do Estado. Como consecuencia, a estrada N-550 ao seu paso polo Milladoiro volverá a quedar sen un principio de solución un ano máis. Pacto por Ames acaba de presentar no rexistro do Concello de Ames con nº de entrada 9265 e data 18 de agosto un escrito para solicitar que o goberno municipal presente as emendas correspondentes

Espazos Cardio Protexidos

Pacto x Ames presentou unha moción para promover a instalación de disfibriladores en espazos públicos. Na mesma tamén se pide a colaboración coas demais institucións, Goberno Autonómico, Deputación etc. E se canalice por parte do Concello unha campaña informativa cara as empresas que están en Ames a través das asociacións de empresarios e comerciantes. Trátase de facer partícipes a toda a sociedade.

SOSPEITA DE PACTO9 X AMES SOBRE UNHA FACTURA IRREGULAR

O alcalde de Ames, José Miñones, pagou 21.417 € no 2016 por un sistema de Vídeo Acta para a gravación das sesións plenarias que nunca chegou a funcionar. A empresa ten sede en Madrid, foi contratada a dedo e segundo figura na web oficial do concello, o contrato está rematado dende o 16 de xuño de 2016. O pago realizouse mediante o decreto de alcaldía 2283/2016 en novembro de 2016 pero o servizo nunca chegou a funcionar. Esta é a transparencia e a xestión da que presumía o tripartito fai uns días.

Pacto X Ames pedirá explicacións no vindeiro Pleno do día 28 de setembro sobre o gasto de 21.417 euros realizado polo goberno tripartito nun sistema de Vídeo Acta que foi contratado en marzo de 2016. Figura como finalizado dende hai máis de un ano e pagado dende o mes de novembro de 2016 pero a data de hoxe non chegou a funcionar.
O contrato foi adxudicado a dedo a unha empresa con sede en Madrid por un importe de 21.417 €, xusto 363 euros menos que o permitido legalmente pola Lei de Contratos do Sector Publico, que fixa en 21780 €, incluído o IVE, o máximo permitido para unha contratación deste tipo.
Na relación de contratos publicada na web oficial do concello figura como rematado o 16 de xuño de 2016, e dicir, fai 14 meses, pero a data de hoxe este sistema de vídeo acta nunca chegou a funcionar.
O máis grave é que este servizo figura como pagado tal e como queda acreditado no decreto de alcaldía firmado en novembro de 2016 con número 2283/2016 por José Miñones.
Chama a atención como o goberno tripartito de Miñones fai todo o contrario do que pregoaba fai dous anos cando tomou posesión; no programa de goberno conxunto firmado entre as tres forzas, na páxina 3 figura textualmente: “onde todos os contratos serán sometidos á publicidade e concorrencia. Comprometémonos a publicitar os contratos negociados na web municipal e convidar a quen o desexe a presentar ofertas”.
Dous anos despois deste acordo de goberno, convértese en papel mollado e demóstrase, unha vez máis, que estase facendo todo o contrario do que se firmou. Si a data de hoxe o Tripartito composto por PSOE-PODEMOS-BNG non municipalizou nin un só servizo, en materia de contratación segue abusando dos procedementos de adxudicación directa e dos procedementos negociados sen publicidade.
Fai uns días, o goberno do alcalde socialista José Miñones, a primeira tenente de alcalde en representación de Podemos, Genma Otero e o concelleiro nacionalista do BNG David Santomil escenificaban e presumían nos medios de comunicación de “capacidade de xestión”.
Dende PxA considérase que PSOE, BNG e PODEMOS, coa complicidade de Ames Novo, están tapando as súas carencias a costa de presumir nos medios de comunicación e na web oficial, de “capacidade de xestión” como pantalla para ocultar a realidade.

SENTENCIAS TRAS SENTENCIAS NO CONCELLO DE AMES

Outra sentenza condena ao goberno de Ames, esta vez por vulneración de dereitos fundamentais a igualdade e non discriminación, e liberdade sindical. Ademais hai outra demanda presentada no mes de maio pasado como consecuencia da RPT, xa son como mínimo 5 as presentadas. Nesta reclaman 20.000€, que sumados aos 50.500€ das 4 anteriores suman 70.500€

A nefasta xestión do Alcalde de Ames, o socialista José Miñones, segue aflorando a medida que vai pasando o tempo, así o demostra a sentenza que condena ao goberno de Ames por vulneración dos dereitos fundamentais e a igualdade e non discriminación, e liberdade sindical. Unha cuestión moi seria que deixa en evidencia as políticas dun tripartito sen proxecto.
A sentencia declara nula a modificación das condicións de traballo interpostas polo Alcalde a un traballador en virtude da reorganización das tarefas realizadas. Condena ao goberno a reposición do traballador ás condicións anteriores impoñendo unha indemnización de 500€ polo dano moral causado.
A esta nefasta política de persoal, responsabilidade directa do alcalde socialista de Ames, hai que engadir outra demanda presentada no Xulgado do Social no pasado mes de maio como consecuencia da aprobación da RPT por parte do cuatripartito (PSOE-PODEMOS-BNG-AMES NOVO) fai pouco máis de 7 meses.
Nesta nova demanda presentada reclámanlle ao concello outros 20.000€, que sumados aos 50.500€ das catro anteriores demandas, sumarían un total de 70.500€ no caso de que prosperaran.
No pleno da aprobación da RPT (Relación de Postos de Traballo), aprobada polo cuatripartito, o voceiro de PxA Ramón García Argibay, xa advertira destas cuestións, “provocará unha cascada de demandas e conflitos xurídicos que poden ter consecuencias onerosas para o concello”. Consecuencias onerosas que xa se están producindo porque ademais dos máis de 70.500€ que se están reclamando, esta situación significa tamén una elevada carga para o concello polos gastos xurídicos que está provocando e o tempo que ocupa aos traballadores do concello.
A multitude de problemas que está a causar esta RPT terá máis consecuencias no futuro, xa que seguirá provocando demandas e conflitividade laboral. Unha RPT que xa leva varias modificacións e que non serán as últimas.
Hai que recordar que a aprobación da RPT aprobada polo cuatripartito, excluíra ao 30% dos traballadores do concello xa que o CSIF votara en contra desta norma e CC.OO. abstivérase.

O GOBERNO TRIPARTITO NON TEN CAPACIDADE DE MUNICIPALIZAR NINGÚN SERVICIO.

Pasado a metade do mandato, o goberno tripartito non realizou nin unha soa municipalización e seguen contratando empresas para realizar todos os servizos. As últimas foron o monitoraxe dos comedores e a Psicomotricidade. O total dos servizos contratados con empresas rolda os 6 millóns de euros quedando de manifesto que non teñen capacidade de municipalización tal e como se advertira dende PxA. A xestión da auga, a axuda a domicilio, o servizo de limpeza, os programas de conciliación ou o servizo de lacería, a psicomotricidade, ou o monitoraxe dos comedores, entre outros, seguen a estela do anterior mandato.

Pasado a metade do mandato do chamado goberno do cambio en Ames, a realidade acredita que non se realizou nin unha soa municipalización, a realidade confirma que non hai capacidade de xestión e que a súa forma de facer política está máis encamiñada a propaganda e aos xestos que aos feitos.
Así o indican os de 6.000.000 €, que o tripartito de Ames leva contratado a través das licitacións coas empresas privadas no que vai de mandato, o que demostra que a capacidade de municipalización é nula.
Os servizos de conciliación, limpeza, escolas culturais, Psicomotricidade, monitoraxe ou a axuda a domicilio, son simplemente a continuidade de contratos do mandato anterior con leves actualizacións ou modificacións que nalgúns casos empeoraron.
Esta cuestión xa fora advertida dende PxA en repetidas ocasións a medida que se ían licitando estes servizos que, lonxe de melloralos, estanse deteriorando ou no mellor dos casos estancando.
Así ocorre co servizo de Psicomotricidade que se adxudicou seguindo un criterio simplemente económico e omitindo o apartado técnico que, neste caso, debería ser o máis valorado por razóns obvias e que foi criticado con contundencia polas familias que son usuarias e que coñecen ben como se prestaba este servizo.
En canto ao servizo de monitoraxe dos comedores escolares, o número de empresas presentadas foi escaso, tan só tres mostrando un mínimo interese, así o demostra que das tres presentadas, a puntuación técnica acadada por dúas fora case testemuñal e moi deficiente o que supuxo que a actual concesionaria renovara de novo o servizo tal e como ocorrera no mandato anterior, que por certo fora moi criticado polo actual alcalde, daquela voceiro do PSOE. Agora presume del.

 

Outro dato a ter en conta é o prezo hora dos monitores de apoio que está 6 euros por debaixo do que figuraba nos pregos, o que supón un dato negativo relevante porque os usuarios seguen aumentando ano tras ano. Os monitores de apoio teñen unha especial importancia debido as numerosas incidencias que se producen durante o curso escolar.
A totalidade dos servizos seguen sendo realizados por empresas privadas, limpeza, xestión da auga, axuda a domicilio, etc... seguen sen municipalizar en máis de dous anos de mandato, o que demostra que o maior valor que ten o tripartito é a súa capacidade de manipulación propagandística.

 

A RPT GENERA, AL MENOS, CATRO DEMANDAS LABORAIS

Al menos 4 demandas relacionadas coa Escola de Música reclaman máis de 50.500€, sección competencia do concelleiro do BNG e responsable de Educación e Cultura, o reprobado David Santomil. A transparencia brilla pola súa ausencia. A aprobación da RPT do concello de Ames xa empeza a xerar un chorreo de demandas contra o concello tal e como advertira Argibay. Fora un dos moitos argumentos de PxA para votar en contra. Haberá máis demandas. O cuatripartito de facto que goberna Ames (PSOE-PODEMOS-BNG e Ames Novo) nunha pinza sectarea, aprobara a principios de ano unha RPT inxusta e insolidaria que excluía a máis do 30% dos traballadores do concello.

En menos de seis meses dende a aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT) xa se presentaron, alo menos, 4 demandas que neste caso, están relacionadas coa Escola Municipal de Música da que é responsable o reprobado edil do BNG David Santomil. No seu conxunto reclaman máis de 50.500€.
A transparencia do goberno brilla pola súa ausencia xa que están intentando ocultar todos estes procedementos que teñen data de entre abril e maio, de aí que Pacto X Ames fale de “alo menos 4 demandas” porque son das que se teñen certeza ata o de agora.
En apenas 6 meses dende a aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT) por parte do tripartito de Ames e dos concelleiros de Ames Novo, xa está xerando conflitividade xurídica tal e como advertira o voceiro de Pacto X Ames.
Unha decisión na que Argibay insistira no Pleno celebrado a principios de ano que “provocará unha cascada de demandas e conflitos xurídicos que poden ter consecuencias onerosas para o concello”. Consecuencias onerosas que xa se están producindo porque ademais dos máis de 50.500€ que se están reclamando, esta situación significa tamén unha carga para o concello polos gastos xurídicos que está provocando e o tempo que ocupa aos traballadores do concello.
En menos de 6 meses, o cuatripartito de facto que goberna en Ames dende principios de ano (PSOE-Podemos-BNG e Ames Novo), está comprobando como a súa decisión sectarea, inxusta e insolidaria de aprobar unha RPT que excluía a máis do 30% dos traballadores do concello está provocando un goteo constante de demandas, situación que acaba de comezar e que terá continuidade porque haberá máis.
Neste caso, o obxecto da demanda está relacionado co persoal da Escola de Música, persoal que quedara fora da RPT e que agora está reclamando.
Dende Pacto X Ames xa se advertira nos diversos plenos nos que se debateu a Relación de Postos de Traballo (RPT) desta situación porque non estaba consensuada cos traballadores (más do 30% non estaba de acordo), nin coas principais forzas políticas da oposición. Con toda probabilidade haberá máis casos similares a estes.

SEGUEN AS INCIDENCIAS CO LIXO EN AMES

Dende agosto do ano 2015, data da primeira reunión cos responsables da Mancomunidade Serra de Barbanza, o goberno tripartito de Ames estáncase na ineficacia e a indolencia ante os graves problemas da recollida do lixo. Dous anos despois, e cunha prórroga acordada no pleno en decembro de 2015 por unanimidade, o Tripartito conxela un tema de vital importancia para a veciñanza tanto a nivel do servizo como económico. Dous ano despois, o tripartito aproba o aluguer de vehículos inadecuados que tamén teñen que pasar polo taller, tal e como recoñece a empresa concesionaria. O rural volve a ser a zona máis castigada.

Dous anos despois de que o goberno tripartito anunciara unha xuntanza cos responsables da Mancomunidade Serra do Barbanza, entidade que presta o servizo da recollida do lixo, a situación non pode ser máis negativa, os vehículos que son propiedade están parados no taller, os alugados, segundo a empresa concesionaria, non cumpren coas especificacións requiridas e o máis surrealista, os camións alugados tamén están parados porque están sendo reparados, o que provoca que novos enfrontamentos entre a concesionaria e a Mancomunidade Serra do Barbanza, mentres, o tripartito de Ames mira para outro lado estancándose na ineficacia e na indolencia.
En decembro de 2015, o pleno da corporación de Ames, e por unanimidade, acordara unha prórroga que vai camiño de ser indefinida ante a pasividade do tripartito que o único que sabe dicir e que “volve a demandar información” pero ata o de agora, non tomou ningunha medida ao respecto. Dous anos despois das primeiras conversas e logo de seis meses de serios problemas na recollida do lixo, a situación lonxe de mellorar, está empeorando e as relacións son cada día máis tensas porque no fondo persiste un problema económico que podería ter fortes repercusións no concello.
O concello de Ames, que non é membro de pleno dereito, se non que un cliente que paga as súas achegas por unha prestación de servizo, non tomou ningunha medida sancionadora nin compensatoria a pesar das innumerables deficiencias na prestación deste servizo.
Dous anos despois, o tripartito consinte e da os parabéns ao aluguer de vehículos que non están preparados para prestar este servizo, tal e como recoñece a empresa que ten a concesión da recollida do lixo, e o máis surrealista, alugan uns vehículos que pasan máis tempo no taller que realizando o seu traballo na rúa.
O tripartito, esta vez, non pode botarlle a culpa a oposición porque a colaboración foi máxima dende o principio, non pode derivar as súas responsabilidades porque a situación deste servizo era de sobra coñecida dende hai anos e non pode mirar para outro lado porque está causando un prexuízo á veciñanza de Ames, onde o rural, unha vez máis, volve a ser a zona máis castigada. Por suposto, de municipalizar tampouco falan.

PROPAGANDA DO TRIPARTITO DAS OBRAS DO POS 2015

A falta de novos proxectos, o tripartito de Ames fai propaganda, facendo seus, proxectos do mandato anterior, tanto en contratación como en obras. A maioría pertencen ao Plan de Obras e Servizos da Deputación acordado para ano 2015 entre o PP e Pacto X Ames. Os Socialistas votaron en contra de moitas das obras que agora venden como propias e que supoñían un total de 815.008.04€, unha mostra de como era a súa nefasta oposición e actual mezquindade política. Lonxe de municipalizar, privatizan absolutamente todo, incumprindo o acordo de mandato con Ames Novo que claudicou na labor de oposición en favor de Podemos que tamén está fagocitando ao PSOE.

O tripartito de Ames esgotou o seu efímero proxecto, agora dedícase a facer propaganda e apropiase de proxectos que foran aprobados ao final do anterior mandato, fan propaganda de que licitan o servizo de monitoraxe de comedores, tardes divertidas, axuda no fogar ou servizo integral de limpeza, entre outros, cando todos eses pregos proceden do mandato anterior, o único que fixeron foi un copi/pega, con leves modificacións lóxicas dos servizos que teñen que incluír. A indolencia do tripartito alcanza o máximo de presunción intentando vender como seu o portal de transparencia na contratación cando a Web do Perfil do Contratante é de antes de xullo de 2014. Simplemente hai que entrar no seguinte enlace para comprobalo: http://perfildecontratante.concellodeames.org/perfildecontratante/historico.shtml?entidad=169&registro_a=10 e para ver a data da primeira licitación rexistrada.
A maior mezquindade política do tripartito de Ames ten o seu máximo expoñente cando presumen e fan propaganda das obras que se están executando agora e que pertencen ao POS do ano 2015, xa que votaron en contra destas obras con un investimento de 815.008.04€, tal e como queda patente no extracto da acta plenaria no que se aprobou o POS do 2015.
A dobre moral do alcalde José Miñones e do seu Grupo Municipal non ten límites, votaron en contra destas obras que agora venden como propias.

A maior contradición chega da man da 1ª tenente de alcaldía e representante de Podemos, presume de privatizar tódolos servizos (Limpeza, monitores, servizos funerarios, asistencia no fogar, e incluso a xestión da casa da cultura, etc.) cando o compromiso de goberno era a municipalización, outra mostra de demagoxia aprobada con Ames Novo que claudicou ante Podemos e baixa a cabeza ao igual que o PSOE e BNGA, fagocitados por Podemos.

O CICLO INTEGRAL DA AGUA

O alcalde de Ames e o goberno tripartito ocultaron información a oposición dende o primeiro minuto no referente ao Ciclo Integral da Auga, abusando da boa fe. Agora descóbrese que falta documentación O Pleno Extraordinario solicitado por PxA e PP está aínda máis xustificado xa que a raíz da petición, descóbrese que o canon da auga aínda non está pagado totalmente e faltan 140.000€ O tripartito nega información sobre os afectados por facturación excesiva no recibo da auga que nalgúns casos chegaron a 4.000€. Recoñecen que hai alegacións pero negan a información sobre o número e o contido.

O Alcalde e o goberno tripartito abusaron da boa fe da oposición, ocultaron al menos un informe e aproveitáronse da boa vontade para sacar un prego no que se traballou en conxunto, nun exemplo de compromiso por parte de todos e que foi aprobado por unanimidade.
Agora sábese que o informe ocultado corresponde a un estudo feito entre maio e xullo de 2015, xusto canto toma posesión o novo goberno para determinar o contido da liquidacións do contrato de concesión e do contrato de xestión do padrón da taxa de Residuos Sólidos Urbanos recopilada ao longo de varios meses.
Un estudo que nunca foi aportado as numerosas reunións que se tiveron para confeccionar uns pregos nos que se traballou conxuntamente dende o comezo do mandato con boa sintonía, con responsabilidade de toda oposición e que foron aprobados po unanimidade, e no que todos os grupos da oposición renunciaron a moitas das súas propostas programática co fin de chegar a un consenso moi necesario para desbloquear un tema de vital importancia para a veciñanza. Agora queda marcado pola falta de lealdade do Alcalde ao descubrirse que ocultaron información dende o primeiro minuto e o seguen facendo.
Pacto X Amer reclamara por escrito información sobre estes e outros temas relacionados co ciclo integral da auga e nunca foron contestados de aí xurde outro motivo para pedir un pleno extraordinario.
Así, a raíz da petición deste pleno solicitado conxuntamente entre PxA e o PP están saíndo a luz datos que demostran que o alcalde actuou, e segue actuando, de forma desleal e co único obxectivo de sacarlle rendibilidade política, negando información e a pouca que facilita faino de forma nesgada.
Segundo consta no informe de tesouraría, a anterior concesionaria aínda non completou o pago do canon e ten pendente de abonar ao concello a cantidade de 140.000€.
Ademais, a concesionaria anterior retrasou os pagos correspondentes ao ano 2016 entre 1 e 4 meses sen que o goberno tomara medidas ao respecto.
En canto as numerosas reclamacións realizadas pola veciñanza de Ames afectada pola facturación avultada no recibo da auga, que nalgún caso alcanzaron os 4.000€, o goberno tripartito non facilitou nin o número de expedientes abertos, nin as reclamacións atendidas e rexeitadas, nin o importe total que supón esta facturación defectuosa, nin sequera aporta copia do libro de reclamacións que a entidade concesionaria ten a obriga de manter a disposición dos aboados segundo o regulamento vixente.
En canto aos procedementos sancionadores, nada se sabe, simplemente nos comunican que hai un “procedemento a análise das alegacións para emisión dos informes que procedan e conduzan á resolución correspondente.” Cuestión que xa se sabía porque foron os concelleiros de Pacto X ames os que mediante rexistro de entrada reclamaron a apertura deste expediente.
En canto a nova concesión, a información simplemente non existe, a oposición tivo coñecemento polos medios de comunicación das incidencias habidas pola presentación dos recursos de Alzada, suspensión cautelar e anuncios de contenciosos administrativos, de aí a preocupación de PxA e do PP por un procedemento que debería estar resolto dende hai tempo e que o tripartito, a pesar de ter o beneplácito de toda a oposición, non tivo a lealdade de informar sobre todos estes procedementos. Outra das motivacións para solicitar o Pleno Extraordinario.
En definitiva, dende o goberno tripartito estase facendo unha política escurantista, impedindo que os concelleiros teñan información sobre un procedemento que demostra falta de xestión por parte do Alcalde e do goberno tripartito.

A URBANIZACIÓN ALDEA NOVA EN PERIGO

Máis de unha ducia de farois de Aldea Nova non teñen a tapa do rexistro eléctrico e teñen os cables por fora e ao alcance dos máis pequenos. Constitúen un grave perigo de seguridade. As beirarrúas teñen as lousas levantadas, con folgura e provocan caídas así como salpicaduras aos viandantes. Os sumidoiros están cheos de herbas pola falta de limpeza. A veiras de algunha zona da urbanización, sobre todo dalgúns aparcamentos, aínda están sen limpar o que tamén resulta perigoso polas altas temperaturas, a vez que impide saír do vehículo aos acompañantes.

Si dende PxA levamos meses advertindo de que o rural de Ames está nun estado de absoluto abandono, as urbanizacións están sufrindo os efectos da indolencia do tripartito na súa falta de mantemento que, ademais supón un serio perigo de seguridade, sobre todo para os máis pequenos.
Nunha visita a urbanización, os membros de PxA comprobaron como hai máis de unha ducia de farois que están sen a tapa do rexistro eléctrico, están cos cables ao aire e ao alcance dos máis pequenos. Outras, en vez de a tapa, puxéronlle cinta, xa despegada ou unha simple brida de plástico. As graves carencias de seguridade destes elementos pódense observar nas fotografías que axuntamos. PxA xa esixiu por rexistro a súa reparación inmediata.
As beirarrúas teñen a maioría das lousas rotas, levantadas, con folgura o que está a provocar caídas. Cando chove acumúlase a auga entre as lousas e ao camiñar salpica ao viandantes.
Os sumidoiros están cheos de herbas e sedimentos pola falta de mantemento, anulando a función para o que foron creados.
As veiras da urbanización están sen mantemento tal e como queda reflectido nas fotografía que achegamos, onde se pode observar que o lado dereito de algúns aparcamentos están cheos de maleza que impiden saír do vehículo polo lado do acompañante do condutor. Para máis abundamento, algúns aparcamentos lindan cun terraplén de varios metros de desnivel, que debido a maleza, non é posible observar a diferenza de cota, o que supón un maior problema de seguridade.
En xeral, o mantemento do mobiliario urbano de Ames está totalmente deteriorados, bancos, arquetas, sumidoiros, farois, luminarias sen intensidade lumínica polo seu desgaste, parques abandonados e deteriorados, o paseo fluvial de Bertamiráns en constante degradación, etc. Marcan as graves carencias de un goberno tripartito que non é capaz atender Ames cuns mínimos.
Co paso do tempo, tal e como ven advertindo Pacto X Ames, o nulo investimento nestes dous últimos anos destinado ao rural e as urbanizacións, provocan estas situacións, situacións que agora convertense nun problema serio de seguridade que non pode demorarse máis.

!!! UN ALCALDE CONTENTO !!!

O Alcalde está contento, NÓS NON!! El está contento porque gañou unha demanda que PxA presentara por impedir o debate dunha proposta nosa para baixar a Contribución. NÓS NON!! El está contento porque un tribunal (xa sabemos como está a xustiza), afirma que impedir o debate non vulnera os dereitos fundamentais dos concelleiros. NÓS NON!! El está contento porque grazas a esa “magnífica vitoria” as persoas que vivimos en Ames seguiremos pagando a contribución máis alta da contorna que, ademais é abusiva. NÓS NON!! El está contento porque nese pleno actuou de forma autoritaria aínda que presume de transparencia. NÓS NON!! El está contento porque temos que pagar 400€ de costas xudiciais por defender os dereitos da veciñanza de Ames porque esa é a nosa misión. NÓS TAMÉN!!

O CUARTEL DA GARDA CIVIL DO MILLADOIRO TOCA FONDO

Entre o mércores e venres pasado 3 cafeterías do Milladoiro sufriron numerosos danos por outra onda de roubos. Os danos foron cuantiosos. Os efectivos do cuartel da Garda Civil do Milladoiro seguen en precario, dos 37 efectivos, 13 están de baixa, 1 é o xefe do posto, 4 son mandos intermedios e só quedan 16 efectivos máis 3 que están no servizo de información. A tenor destes resultados, dos datos que saíron publicados amosando un aumento dos delitos en Ames e de que ao goberno tripartito de Ames os uniformes danlle sarpullidos, PxA volverá a retomar o tema da Comisaría da Policía Nacional. O esperpento instálase en Ames, agora os detidos son trasladados a Coruña sabendo que só hai unha patrulla. Perden un mínimo de 3 horas a ida e outras tantas a volta. O goberno oculta estes e outros datos.

A pasada semana, entre o mércores e o venres al menos tres cafeterías do Milladoiro volveron a sufrir actos vandálicos e roubos nos seus establecementos que causaron danos cuantiosos e que deixaron ao descuberto o que Pacto X Ames leva anos advertindo, a moi deficiente dotación que ten o Cuartel Principal da Garda Civil do Milladoiro.
A Policía Local, en colaboración cos membros da Garda Civil de outro concello, tiveron que intervir porque non había efectivos no Milladoiro.
Un Posto Principal como é o do Milladoiro, debería contar con al menos 50 efectivos e apenas conta con 16, xa que dos 37 actuais, 13 están de baixa, 1 é o xefe do posto, 4 son mandos intermedios e 3 están en labores de información, 16 membros que son insuficientes para atender 365 días ao ano un territorio que comprende Ames, Teo, Brión, Vedra e Boqueixón.
O Ministerio do Interior xa publicara o pasado mes de maio que Ames foi o concello de Galicia onde máis aumentaron os delitos, en concreto un 24,3%, batendo así un triste record.
Pacto X Ames leva anos reclamando que se preste unha maior atención á seguridade en Ames pero o Goberno Tripartito sáenlle sarpullidos cada vez que escoitan falar de forzas e corpos de seguridade.
Neste caso, os núcleos máis poboados como Milladoiro e Bertamiráns están sendo os máis prexudicados, por iso PxA volverá a reclamar a implantación dunha comisaría da Policía Nacional para o Concello. Cuestión esta que xa fora avalada de un xeito contundente polos sindicatos maioritarios como a UFP (Unión Federal da Policía) ou o SUP.
Por outra banda, o Tripartito tiña que ter convocado a Xunta de Seguridade porque unha vez máis, xa está vencido o prazo regulado para a súa convocatoria, de feito, soamente convoca a Xunta de Seguridade cando se insiste dende Pacto X Ames.
Por se isto non fora suficiente, agora os detidos son trasladados á cidade da Coruña o que está provocando que se perdan un mínimo de 3 horas a ida, (traslado e trámites administrativos e burocráticos) e outras 3 horas a volta cando o detido ten que pasar polo xulgado.
Sabendo que soamente hai unha patrulla, esta situación provoca que o tempo que os efectivos están a disposición descenda aínda máis, o que afecta negativamente ao servizo.
Todas estas cuestións, e outras, como que os efectivos “novos” que viñeron están en comisión de servizo e polo tanto de forma temporal (entre 6 e 8 meses), estanse tapando dende o Goberno Tripartito que demostra cada día que a man de Podemos e da esquerda máis radical imponse sobre un alcalde que debería defender a seguridade como un valor e non como un corpo de represión.

EXISIMOS QUE SE INCLÚAN NAS SESIONS PLENARIAS AS NOSAS PROPOSTAS

O Tripartito de Ames aplica a censura a todas as propostas que presenta Pacto X Ames vulnerando o Regulamento Orgánico aprobado por unanimidade e intentando silenciar a oposición. Na convocatoria do Pleno correspondente ao mes de maio tampouco inclúe ningunha das dúas propostas que se presentaron por rexistro o pasado 12 de maio e presentado tamén en Xunta de Voceiros. PxA presentou dúas propostas, unha para a creación da tarxeta cidadá e outra para dotar de unha liña de subvencións para deportistas de elite, individuais ou con alta proxección nacional e/ou internacional.

Si a xestión do tripartito ten grandes eivas, o déficit democrático está en mínimos, así o demostra a actitude do goberno Tripartito nestes últimos meses nos que, sistematicamente, están negando a Pacto X Ames toda a posibilidade de facer oposición xa que as propostas que a formación independente está presentando non se están tendo en conta vulnerando o Regulamento Orgánico do concello aprobado por unanimidade.
Por se isto fora pouco, as Xuntas de Voceiros simplemente son unha ferramenta publicitaria que o alcalde socialista pretende utilizar para dar unha imaxe irreal xa que, limitase a informar dos asuntos que pretende levar ao pleno sabendo que esa información obtense a través das Comisións Informativas. A Xunta de Voceiro nacera como consecuencia da aprobación do Regulamento Orgaánico Municipal para acordar as propostas presentadas pola oposición e posteriormente levalas ao pleno pero o alcalde socialista converteu este órgano nunha ferramenta de censura que xa provocou varios plantes por parte da oposición.
PxA leva todo o mandato facendo oposición en positivo con propostas pensadas en exclusiva para as persoas que viven e traballan en Ames, mentres outros grupos políticos se dedican a presentar cuestións que pouco ou nada teñen que ver con Ames, PxA e o único partido que presenta propostas e mocións que son de ámbito exclusivo do concello.
Así e o caso das propostas presentadas este mes de maio, que o alcalde socialista negase a incluír na orde do día plenaria por terceiro mes consecutivo. As dúas propostas son:
1.) Creación dunha tarxeta cidadá para o acceso aos servizos públicos que presta o Concello de Ames e fomento do empadroamento.
2.) Habilitar unha liña de subvencións destinada a deportistas de elite ou con alta proxección nacional ou internacional, encamiñadas a impedir que por falta de axudas económicas, deixen de participar en eventos nacionais ou internacionais, sempre que leven empadroados en Ames alomenos un ano de antiguedade.


Coa primeira proposta preténdese fomentar o empadroamento das numerosas persoas que viven en Ames a través de facilitar o acceso aos servizos e de poñelos en valor todas as actividades que se poden desfrutar en Ames.
Coa segunda proposta pretendese axudar aos deportistas que teñen unha gran relevancia nacional e/ou internacional e que teñen dificultades en poder desenvolver a súa actividade por razóns económicas, de tal xeito que ningún deportista quede sen poder participar nos grandes eventos nacionais ou internacionais tal e como aconteceu no pasado.
Todas estas propostas, sempre en positivo, e outras xa presentadas, estanse censurando dende a alcaldía, xa que é o responsable de confeccionar a orden do día dos plenos.

O IMPAGO DAS AXUDAS AS ANPAS

O concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, aínda non pagou as axudas que lle corresponden as ANPAS do ano 2016. Nunha xuntanza celebrada coas ANPAS o 14 de novembro do pasado ano, comprometeuse a abonar estas axudas “a comezos dos vindeiro ano” Utiliza a desculpa de que os presupostos 2017 aínda non están aprobados para facer o pago as ANPAS pero sen embargo, esta cuestión, non impide que cobre a súa nómina puntualmente

No mes de novembro de 2016 o concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, publicitou a bombo e pratillo na páxina web oficial do concello de Ames que “está traballando para sacar a comezos do vindeiro ano as distintas liñas de subvencións municipais.” Seis meses despois, aínda non fixo efectivo o pago das axudas as ANPAS o que provoca que estea poñendo en perigo as actividades que desde as asociacións de pais e nais teñen programadas.
O resultado da xestión do goberno tripartito en materia de educación e cultura non pode ser máis negativo. As súas actuacións no Nadal provocaron un rexeitamento sen precedentes as súas actuacións, polo que foi reprobado; coa aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT) provocou protestas da comunidade educativa e do Grupo Municipal de PxA. A situación das Bibliotecas é insostible, xa que a súa incompetencia provocou numerosos peches non programados; concedeu a dedo unha gran parte dos obradoiros e agora volve a incumprir a súa palabra coas ANPAS e non paga as axudas correspondentes ao ano 2016.
O máis lamentable e que o concelleiro do BNG, David Santomil, está poñendo desculpas do máis infantil, bótalle a culpa a que os orzamentos de 2017 están en período de alegacións cando as axudas corresponden ao ano 2016, sabendo que, ademais, poderían facer efectivo o pago das axudas porque hai un orzamento prorrogado mentres non entre en vigor o novo orzamento do ano 2017
É cando menos curioso que utilice estas artimañas para despistar a súa falta de traballo nun tema tan importante como son as axudas as ANPAS e poña como desculpa que non pode facer o pago por culpa de que os presupostos 2017 non están aprobados, iso si, esta cuestión non impide cobrar a súa nómina como concelleiro con dedicación exclusiva.
Chama a atención como unha vez máis, o goberno tripartito, na boca do seu concelleiro de Educación e Cultura, utilizan unha dobre moral e intenta eludir a súa responsabilidade nun área que nestes dous anos quedou probado que lle queda grande.

O GOBERNO TRIPARTITO FALTA O RESPETO O RURAL AMIENSE

Tal e como advertiramos, o goberno pretende destinar 12.000€ por parroquia e atrévense a chamarlle participativos. Un tripartito que suprime os parques infantís no rural, (Sisalde e Lapido), que non recolle o lixo e non acondiciona as estradas, destina unha cantidade irrisoria que impide a fixación de poboación no rural. Despois do Catastrazo, que supuxo preto de 1.000.000 de € en impostos para o rural, os 12.000 € por parroquia son unha falta de respecto e un ninguneo propio do peor goberno da historia de Ames para o rural.

A propaganda do tripartito non ten límites, suprime dous parques no rural como os de Sisalde e Lapido mantendo nun estado lamentable o resto, non fai un mínimo de acondicionamento das beirarrúas e pistas, a maioría das fontes e dos pilóns están en semi ruína, o transporte non pode ser máis deficitario e todo isto co plus impositivo aplicado ao rural co Catastrazo, o cal supuxo unha carga impositiva global de case 1.000.000 de Euros, ao que hai que sumar unha presión fiscal en forma do IBI (contribución) que é a mais alta da contorna
Que o tripartito presuma de destinar 12.000 € por parroquia é unha falta de respecto ao rural sen precedentes, e un ninguneo propio duns urbanitas que descoñecen o que implica vivir no rual, uns urbanitas que están gobernando Ames sen ter en conta que a ausencia de investimentos agravará o abandono do rural porque impide a fixación de poboación, algo que non se ten en conta dende o goberno tripartito tal e como queda reflectido nestas propostas que soamente son para a galería.
A traxectoria do tripartito no que vai de mandato demostra que o rural tan só é un nome que sirve para facer propaganda e que non conta, así quedou demostrado cando co apoio de Ames Novo, decidiron dedicar ao rural a cantidade máis baixa de historia do Plan de Obras e servizos con tan só 154.817€ do 1.560.387€ que a Deputación destina a Ames.
O tripartito debería saber que hai parroquias como a de Lens, que carecen de parque infantil e que con 12.000€ tan só poderían comprar un tobogán e unha pequena casiña de madeira.
O tripartito debería saber que hai parroquias que non teñen nin saneamento nin abastecemento, que non teñen beirarrúas e que non teñen marquesiñas para esperar o bus escolar e que teñen falta de puntos de luz, por non falar do grave estado de deterioro que sofren algúns centros sociais e a carencia de medios dos que teñen unhas mínimas condicións.
Quizá habería que recordarlle aos urbanitas que gobernan o concello de Ames que un equipo como o Agrón, que acaba de ascender porque se proclamou campión da súa categoría, tivo que ir a xogar a Negreira polas deficientes instalacións do campo de fútbol da súa parroquia.
En definitiva, dende PxA considerase que a definición de “orzamentos participativos” é unha mera ferramenta de propaganda a costa do rural como demostra a “xenerosidade” de destinar 12.000 € por parroquia.

CONDENAN A PRECARIEDADE DO PERSOAL DOS COMEDORES ESCOLARES

O concelleiro de educación de Ames e o goberno tripartito, condenan á precariedade ao persoal da contrata dos comedores escolares no prego aprobado en Xunta de Goberno o pasado 12 de abril. Este prego é un copy/pega do anterior, co dato negativo da rebaixa dunha media do 5,34% o salario/hora do persoal, sendo os monitores os peor parados cun 9% menos. O servizo, sigue privatizado e conservan intactas as escasas 2,5 h/día para monitores e persoal de limpeza, con tan só 3,5 h/día para os coordinadores. O goberno segue a practicar a política das aparencias.

Unha vez máis, o goberno tripartito de Ames apoiado por Ames Novo, volve a facer o contrario do que prometera. Esta vez tócalle a mala nova ao Servizo de Comedores Escolares tal e como queda reflectido no prego que se aprobou na Xunta de Goberno do pasado 12 de Abril. Os pregos son un copy/pega dos aprobados polo goberno anterior, cos prezos á baixa, e que o actual alcalde José Miñones (PSOE) fartárase a criticar, agora consinte que o concelleiro de Educación, xa reprobado no pleno xaneiro pola xestión das festas do nadal, saque un pésimo documento.

Rebaixando as cantidades nos pregos, estase forzando as empresas a realizar unha baixa, e polo tanto, sumir nunha profunda precariedade laboral ao eslabón máis débil da cadea. Estase precarizando a 108 monitores que tan só traballan 2,5 horas ao día, a 4 persoas que se encargan da limpeza e conserxería que tamén traballan 2,5 horas ao día e a 5 coordinadores que traballan 3,5 horas ao día.

Rebaixando estas cantidades, ademais, pode ocorrer que este servizo quede deserto, cos inconvenientes que podería provocar.

O prego non contempla nin un minuto máis de tempo de traballo para este persoal, sabendo que as necesidades son moito máis altas e que os proxectos educativos necesitan máis tempo, tal e como se demanda nos centros educativos.

O prego aprobado en Xunta de Goberno é exactamente o mesmo que se aprobara polo anterior goberno do PP, empeorando considerablemente o tema económico e como consecuencia, aumentando a precariedade laboral dos monitores, persoal de limpeza e conserxería. Este prego é un copy/pega empeorado na faceta económica e non mellora absolutamente nada do anterior.

O prego, que estima un valor de 3.066,787,50 € para unha vixencia de dous anos con posibilidade de prorrogar outros dous, facendo un total de catro anos, simplemente contempla a lóxica subida de usuarios (89), e como consecuencia a adaptación da ratio tal e como esixe a orde do 21 de febreiro de 2007 da Consellería de Educación Universitaria, que regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios na que se fixa como ratio 1 monitor por cada grupo de 15 usuarios no caso de Educación Infantil e de 1 monitor cada 30 usuarios no caso de Educación Primaria, coa excepción do alumnado que precise unha atención específica en función das súas circunstancias concretas, por necesidades específicas de apoio por algún tipo de enfermidade, mobilidade reducida, dificultades sensoriais etc.

A aprobación deste documento na Xunta de Goberno do pasado 12 de abril, demostra unha vez máis que o goberno practica a política das aparencias; din que van a municipalizar servizos pero fan todo o contrario, seguen sacando a licitación servizos para que as empresas fagan o traballo, ao igual que fixeron co chamado Ciclo Integral da Auga.

Esta política das aparencias demostra unha vez máis que o tripartito de Ames, apoiado por Ames Novo, non é capaz de cumprir os compromisos, de feito, no que respecta á municipalización, ata o de agora, en dous anos de goberno, non iniciaron nin un só trámite para municipalizar.

 

CHARLA INFORMATIVA "A REVISIÓN CATASTRAL EN AMES E A SÚA REPERCUSIÓN NO IBI- CONTRIBUCIÓN"

O vindeiro Xoves, 11 de Maio de 2017, ás 20:30 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamirans. Agardamos que sexa da súa interese e contar coa súa presencia.

ABANDONO DOS PARQUES INFANTÍS, EN XERAL

O goberno tripartito de Ames volve a desprezar ao rural suprimindo os parques infantís de Sisalde e Lapido, o resto, como os de Covas, Biduído, Condomiña, Cerdeiras ou Mimosas, sofren un gran deterioro. A parroquia de Lens segue sen él, a pesar da demanda histórica. Nos dous anos de mandato non se tomou nin unha soa medida para fomentar a vida no rural, onde vive un terzo das persoas de Ames. A veciñanza recolleu firmas que entregaron por rexistro no concello. Dos 40 parques que hai en Ames, tan só 2 cumpren coa normativa, encargaron unha auditoría hai meses pero non son capaces de sacala a diante.

UNS PRESUPOSTOS QUE RETROTRAE AMES AO SÉCULO XX

PxA vota en contra duns presupostos que retrotrae Ames aos século XX. Ames terá o nivel máis baixo de investimentos na última década, cun descenso do -18% deixando ao rural na UVI grazas a imposición da esquerda máis radical. Volven a subir os impostos directos nun 6,45% e o gasto de persoal dispárase un 11,6% supoñendo xa o 34% do total, por culpa da RPT, tal e como advertira Pacto X Ames. O goberno cuatripartito (PSOE-AN-PODEMOS e BNG) queren gastar 12.000€ nunha asistencia técnica para facer uns presupostos participativos e 50.000€ para municipalizar un servizo da auga que, en dous anos non foron capaces de licitar. En canto aos servizos sociais, non contemplan abrir os comedores escolares no verán, tal e como prometeran en campaña e tan só destinan un pírrico 0,43% como partida única para vivenda.

A esquerda máis radical impuxo o seu criterio a un Alcalde que capitula na súa labor de goberno, na que ademais, tivo que incumprir a súa palabra demostrando que, politicamente, non é de fiar e quedando sen crédito.
Ante esta situación, PxA votou en contra duns orzamentos que retrotraen a Ames ao século XX como consecuencia de destinar tan só 2.322.649€ ( -18%), a cifra máis baixa da última década, deixando ao rural na UVI e aos núcleos de Milladoiro e Bertamiráns, sen os mínimos e imprescindibles investimentos necesarios.
Un orzamentos que destinarán a persoal a cantidade de 7.897.545€, o que significa o 34% do total do presuposto, grazas a aprobación de unha RPT que xa fora criticada duramente por Pacto X Ames porque crea prazas innecesarias como unha Técnica de Secretaría ou unha nova praza de Arquitecto, ademais da incorrecta dimensión do cadro de persoal; cuestión esta que xa provocou, e seguirá provocando, agravios económicos para o concello.
O esperpento chega coa aprobación por parte do goberno cuatripartito, dunha partida de 12.000€ para contratar a unha asistencia técnica co obxecto de facer uns presupostos participativos, o que demostra o engano á cidadanía por parte da nova política, caendo nunha grave contradición. Terán que explicar como venderon a bombo e pratillos uns orzamentos participativos e agora resulta que nin son participativos nin saben facelos xa que teñen que recorrer á contratación dunha asistencia técnica.
En canto á municipalización de servizos aínda é máis surrealista, pretenden gastar 50.000€ para contratar outra asistencia técnica para estudar a municipalización do servizo integral da auga cando, en dous anos de goberno, non foron capaces de licitar este servizo que xa leva gastados en asistencias técnicas máis de 25.000€ e que a día de hoxe, está en proceso de contestación dos recursos presentados por diversas empresas que participaron na licitación. Un cúmulo de despropósitos sen precedentes no municipalismo galego que pagan todas as persoas que viven en Ames.
No que corresponde aos servizos sociais, o intento de maquillaxe queda ao descuberto en canto se examinan polo miúdo as partidas. A Concelleira de Podemos, Genma Otero, presume de gastar 2.000.000 de euros en servizos sociais pero omite, de forma deliberada e mal intencionada, que nesta cantidade están incluídos todos es servizos que se viñan prestando ata o de agora como é o pago do persoal funcionario e laboral do concello, o servizo do fogar e o servizo asistencial levado polos profesionais do concello dende hai décadas, tamén omite as axudas da administración Autonómica.
A realidade é totalmente distinta, a penas destinan o 0,43% a vivenda para persoas desfavorecidas e implantan unha renda social de pouco máis de 100.000€ sen contar coa respectiva ordenanza, que é obrigatoria, para regular a forma de conceder as axudas. Ordenanza que haberá que redactar, o que provocará que, aínda cos presupostos aprobados, non se poderá dispoñer dela.
En definitiva, o Grupo Municipal de PxA considera que o orzamento aprobado para o ano 2017 é claramente improvisado para utilizarse como unha mera ferramenta de claro interese partidario con un fin oculto, a fusión nestes dous anos que quedan de mandato de Ames Novo e Contigo Pódese para confluír nas próximas eleccións municipais do ano 2019 e intentar mitigar unha guerra aberta entre estas dúas formacións (que forman parte da Marea Galega) e que, en Ames, tiveron fortes enfrontamentos que, nalgúns casos, acabaron con fortes episodios de violencia dialéctica destinados a resolver en vía xudicial.
O máis lamentable desta situación é o papel do actual Alcalde de Ames José Miñones, convidado de pedra que, para conservar a súa cadeira, tivo que contrariar a súa palabra, e tivo que negar o que firmara por escrito con outras forzas políticas entre as que se encontra PxA.

EXISIMOS UN DESCONTO NO RECIBO DO LIXO OS VECIÑOS E VECIÑAS DE AMES

Pacto X Ames insta ao goberno tripartito a a que desconte no recibo da recollida de lixo os importes equivalentes aos días que non se está facendo esta recollida. O fin de semana moitas zonas do concello seguían co lixo amoreado. Dende a formación independente demándese que se abra expediente e se apliquen sancións. Recorda que Ames non é asociado da Mancomunidade Serra do Barbanza, a relación contractual é de prestación de servizo. O tripartito solicitara unha prórroga de seis meses no contrato en novembro de 2015 e debería saber a situación que se aveciñaba. Unha falta de previsión máis.

A través dun escrito presentado por Rexistro Xeral o 17 de Marzo, Pacto X Ames solicita ao goberno tripartito que reclame á Mancomunidade Serra do Barbanza o desconto no recibo da recollida do lixo os importes equivalentes aos días que non se está facendo a recollida e que se deduzan os importes a cobrar a veciñanza.
Así mesmo, dende a formación independente, considérase imprescindible a apertura dun expediente co fin de ver a posibilidade de aplicar sancións á Mancomunidade Serra do Barbanza polo incumprimento destes servizos, xa que levamos varios meses con situacións irregulares na recollida do lixo.
PxA recorda que Ames non é asociado da Mancomunidade Serra de Barbanza, se non que a relación contractual é de prestación de servizo e polo tanto, a responsabilidade de prestar un bo servizo é en exclusiva da Mancomunidade, así se deriva do convenio firmado en decembro de 2015. Polo tanto, os problemas esgrimidos pola contrata FCC, SA ante as deficiencias e avarías dos camión son algo que deberán resolver dende a Mancomunidade.
A falta de previsión do tripartito queda clara segundo se deducen das diversas declaracións entre unha parte e a outra. A empresa FCC,SA manifesta que o motivo para non recoller de forma regular o lixo débese a que hai camións avariados. Se temos en conta que a finais do 2015 o goberno tripartito tivera unha reunión cos responsables da Comunidade Serra do Barbanza e solicitou información a empresa FCC, SA. Tal e como figura na web oficial do Concello de Ames en declaracións textuais do goberno tripartito que din, “a realidade é que durante tres meses a presidenta da Mancomunidade foi incapaz de enviarnos os datos que lle solicitamos de maneira reiterada, sen embargo a empresa FCC envióunolos ao día seguinte de ter a xuntanza co representante da mesma.”
Na web oficial do concello recoñécese que FCC enviou a información ao día seguinte, logo o tripartito deberían saber a situación na que se encontraban os camións xa que FCC, SA é a empresa que xestiona os camións para a recollida do lixo.

SEÑALIZACIÓN DE BERTAMIRANS, MILLADOIRO E POLÍGONO NOVO MILLADOIRO - AMES

Pacto X Ames consegue, a través de El Defensor del Pueblo, que a Secretaría de Estado de Infraestructuras, Transporte y Vivienda, poña o cartel do destino BERTAMIRÁNS na Autoestrada do Atlantico AP-9. Na carta sinálase que se están levando actuacións coa Consellería de Infraestruturas, Transporte e Vivenda da Xunta de Galicia para que tamén se sinalicen os núcleos do noso concello na Autovía Santiago-Ames-Brión (AG-56). PxA presentara unha moción para a sinalización de Milladoiro, Bertamiráns e o Polígono Novo Milladoiro o 19 de Xaneiro de 2016, pero o goberno non mostrou interese, de aí que se acudira á Valedora do Pobo, que elevou a petición a El Defensor del Pueblo.

O voceiro de Pacto X Ames, Ramón García Argibay, acaba de recibir unha carta de El Defensor del Pueblo na que se indica que a Secretaría de Estado de Infraestructuras, Transporte y Vivienda vai a incluír a sinalización de Bertamiráns na Autopista do Atlántico AP-9.
Na mesma carta, El Defensor del Pueblo, indica que se inician actuacións para que a Consellería de Infraestruturas, Transporte e Vivenda da Xunta de Galicia sinalice, na Autovía Santiago-Ames-Brión (AG-56) os núcleos do Concello de Ames.
O voceiro de PxA Ramón García Argibay sinalou que “É unha magnífica noticia por dous motivos fundamentais, primeiro porque demostra que as institucións funcionan, que nestes tempos é importante; e segundo porque a pesares de ter un goberno que caeu na rutina, que non mostra interese en poñer en valor demandas importantes, alegando que non son competencias municipais, facendo unha oposición responsable pódense sacar iniciativas como esta, simplemente hai que perseverar”.
Esta proposta de PxA fora presentada no Pleno de Ames do mes de Xaneiro de 2016 e aprobada por unanimidade, pero o goberno tripartito non mostrou interese promover unha solución axeitada, limitándose a “cubrir o expediente”, tal e como está facendo coa maioría das iniciativas presentadas por PxA nos últimos meses.
Para sacar a diante esta iniciativa, PxA acudira á Valedora do Pobo, Dona Milagros Otero, para pedir amparo a unha situación anómala, tendo en conta que, a pesar da a importancia das entidades de poboación como Milladoiro e Bertamiráns, non están correctamente sinalizadas na autoestrada do Atlántico AP-9 nin na Autovía que discorre entre Santiago, Ames e Brión.
A Valedora mostrou unha magnífica receptividade á proposta e encargouse de tramitala a El Defensor del Pueblo, xa que era unha competencia estatal e non autonómica.
Dende PxA queremos mostrar a máximo agradecemento a Dona Milagros Otero pola súa receptividade e o seu trámite ante El Defensor del Pueblo, xa que en todo momento mostrou o máximo interese por esta cuestión e sen a súa axuda non se conseguiría esta solución.
Chegados a esta situación, o Voceiro de PxA sinalou que “Agora estaremos atentos á solución definitiva e dende PxA, seguiremos perseverando para que o Milladoiro, Bertamiráns e o Polígono Industrial, teñan a presenza que se merecen, tanto nestas cuestións como noutras porque a pesares da segregación ideolóxica que se practica dende o tripartito e AN, a nosa oposición vai seguir sendo en en positivo e con propostas”.

HISTORIA DOS ORZAMENTOS

O goberno tripartito asina o acordo con Ames Novo para os presupostos e, ao día seguinte de pechalos, convoca por Whatsapp a Pacto X Ames para ver as propostas que días antes, a formación independente, presentara por escrito. Tiveron a idea esperpéntica de incluír unha partida para contratar unha asistencia técnica co fin de elaborar dun sistema de presupostos participativos “a aplicar este mandato”, onde o rural levará a partida máis baixa da última década. Pretenden rescatar a xestión municipal do ciclo integral da auga e son incapaces de completar a licitación dun servizo que xa leva dous anos prorrogado como emerxencia. No noso entorno están fracasando todos os intentos de municipalizacións da “nova política”.

Que o goberno tripartito (PSOE-PODEMOS-BNG) chegue a un acordo con Ames Novo para a aprobación dos presupostos do ano 2017, carentes de transparencia, sen contar con ningún grupo da oposición e cociñado en exclusiva pola esquerda máis radical, pode ter moitas lecturas, pero que unha vez pechado o acordoe publicado a bombo e pratillos, a concelleira de Podemos Genma Otero, envíe un Whatsapp o mesmo día 17 que se publicaba na web do concello o peche do acordo ao voceiro de Pacto X Ames, é, cando menos, unha falta de respecto tanto ao traballo do grupo municipal de PxA (que presentara as propostas por escrito días antes), como á veciñanza de Ames. A nova política funciona así.
O mesmo día 17, o voceiro de Pacto X Ames, Ramón García Argibay, respondeu a mensaxe rexeitando unha invitación extemporánea a unha negociación pechada coa que o goberno pretende facer un novo paripé e xustificar o inxustificable.
Dende Pacto X Ames non vamos a permitir que nos utilicen para que o goberno lave a súa imaxe autoritaria e carente de transparencia, impoñendo a aritmética por riba dun mínimo sentido democrático e convocado a posteriori, despois de pechar un acordo.
O acordo entre PSOE-BNG-PODEMOS e AMES NOVO sobre presupostos, inclúe unha medida esperpéntica, dotar unha partida económica para “a contratación dunha asistencia técnica para a elaboración dun sistema de presupostos participativos a aplicar ao longo deste mandato”.
É cando menos curioso que os que presumen de participación, teñan que recorrer a unha asistencia técnica, porque descoñecen como se fan uns presupostos participativos.
Uns presupostos que de participativos soamente teñen o nome, non cumpren nin unha soa condición para definilos como tales, e non se contou coas forzas vivas do concello para que participaran na elaboración dos mesmos.
Uns presupostos que deixan ao rural co investimento máis baixo da última década e que no borrador das bases de execución improvisan o reparto de 12.000€ para 11 parroquias do concello, cantidade que, como moito, chega para tapar un par de fochancas por parroquia.
Uns presupostos que, segundo manifestaron os asinantes, pretenden “a asignación dunha cantidade destinada á elaboración dos estudos económicos imprescindibles para poñer en marcha o rescate da xestión municipal do Ciclo Integral da Auga”, cando en case dous anos de goberno non foron capaces de solucionar esta licitación e o alcalde tivo que firmar por decreto a declaración de situación de emerxencia. Si a isto sumamos que a experiencia da “nova política” pretendendo municipalizar servizos é un absoluto fracaso, tal e como se observa no que sae nos medios de comunicación, o experimento pode provocar para o erario público unha nova sangría de cartos.
En definitiva, a esquerda máis radical, toma o control do concello en detrimento dun alcalde socialista que foi o menos votado da historia de Ames, e que abdica nas súas funcións como rexedor.

ROLDA DE PRENSA SOBRE O PLAN DE OBRAS E SERVIZOS 2017

Mañan, Mércores 8 de Marzo de 2017, no Pazo da Peregrina (Bertamirans), ás 11:30 horas, o Comité Executivo e o Grupo Municipal Pacto x Ames, darán unha rolda de prensa sobre o Plan de Obras e Servizos 2017

PxA SOLICITA UN PLENO SOBRE O ESTADO DO CONCELLO, COMO ESIXE O REGULAMENTO ORGÁNICO MUNICIPAL

PxA solicita por rexistro de entrada que se convoque o Pleno Extraordinario para a celebración do debate sobre o estado do Concello, tal e como esixe o artigo 60 do Regulamento Orgánico Municipal. A actitude do Alcalde José Miñones, incumprindo o regulamento, é outra falta máis de transparencia e unha falta de respecto á veciñanza de Ames. O acordo tácito da esquerda do concello, fraguado fai uns meses, tomando posicións cada vez máis radicais e opacas, pretende silenciar e marxinar a oposición, máis en concreto a Pacto X Ames.

As verdadeiras intencións do goberno tripartito de Ames, a falta de transparencia e a súa radicalización, quedan día a día retractadas. Nesta ocasión, o alcalde José Miñones, non convoca o Pleno Extraordinario para o debate sobre o estado do concello, que é de obrigado cumprimento, tal e como figura no artigo 60 do Regulamento Orgánico Municipal aprobado por unanimidade en sesión plenaria e vixente desde a súa publicación no BOP, en abril do pasado ano.
Neste artigo figura a obrigatoriedade de convocar o pleno no primeiro trimestre de cada ano, de aí que Pacto X Ames, solicitara por rexistro a esixencia da convocatoria, unha falta máis de transparencia e sobre todo, de falta de respecto á veciñanza de Ames que ten dereito a coñecer, mediante un debate público, a situación de Ames.
Pacto X Ames pide que se convoque a Xunta de Voceiros para acordar a data, que se celebre o pleno na Casa de Cultura de Milladoiro ou de Bertamiráns, que se curse invitacións a todas as asociacións e forzas vivas do concello e que se realice a máxima difusión para que a veciñanza poida asistir.
No último ano xa son moitas as ocasións nas que o goberno PSOE-PODEMOS-BNG, co apoio incondicional de Ames Novo, intentan marxinar á oposición e máis en concreto a Pacto X Ames, único partido que está facendo unha oposición sólida e responsable, ante a deriva que está tomando o concello debido ao acordo da esquerda máis radical, cuxa intención é silenciar a unha parte importante dos representantes lexítimos de Ames.
Nestes últimos meses, a esquerda máis radical do concello (PSOE-PODEMOS-BNG e AMES NOVO) firmou un acordo tácito co fin de marxinar á oposición de Ames. Primeiro foi a negativa a negociar os orzamentos, reservándose tal negociación en exclusiva e realizada con un absoluto escurantismo, a continuación estes partidos puxéronse de acordo para levar por urxencia e no último día de prazo, as propostas para o plan da Deputación POS 2017 no que, ademais, dedicaron todos os cartos a gasto e deixaron ao rural sen investimentos, e agora pretenden aplicar a lei do silencio e non convocan este pleno extraordinario regulado no artigo 60 antes mencionado.

O GOBERNO TRIPARTITO TAN SÓ DESTINA AO RURAL 150.000€, DE 1.560.387€ DA DEPUTACIÓN

De 1.560.387€ que a Deputación destina a Ames polo POS 2017, o tripartito tan só destina ao rural 154.817€, un pírrico 9,9% do total. Cando lle correspondería, por norma, al menos 685.00€, cantidade que o tripartito destina a Gasto Corrente. O goberno tripartito (PSOE, PODEMOS e BNG), actúa de mala fe metendo por vía de urxencia o POS 2017 para o pleno do 23 de xaneiro sabendo que o prazo remata ao día seguinte do pleno e así deixar sen marxe de manobra á oposición. Esta actuación deriva do presunto acordo orzamentario do Tripartito con Ames Novo, amparándose en que o importe do catastrazo vai ser para o rural, cuestión que é unha venta de fume que terán que explicar.

Unha vez máis, a esquerda deste concello (PSOE-AMES NOVO-PODEMOS E BNG) vólvese a poñer de acordo para mostrar o seu máximo desprezo pola xente que vive no rural, regresando aos anos máis escuros dos gobernos socialistas que utilizaban o Plan de Obras e Servizos da Deputación para maquillar as contas debido a súa pésima xestión, de aí que asignen ao Gasto Corrente 685.00€.
A esquerda non ten en consideración ás parroquias de Ames e tan só ten previsto realizar tres investimentos no rural: 32.377€, para unha pequena pavimentación en Caroubáns (preto de Bertamiráns), 67.100€ para uns camiños en Sandar (Agrón) e 55.340€ para unha pequena pavimentación no Outeiro en Bugallido.
Este é a gran proposta do goberno tripartito para o rural. A hipocrisía do tripartito e de Ames Novo queda patente ao comparar o que prometían na campaña e o que fan agora.
Destas actuacións, tan só unha, a de Caroubans (32.377€), irá no plan inicial, as outras dúas, irán ao complementario, una mostra máis do que o rural significa para os partidos da esquerda que gobernan Ames.
Pero por si esta cuestión fora pouco, o tripartito, que presume de transparencia e de dialogante, acaba de quitarse esa careta mostrando a súa verdadeira identidade absolutista e autoritaria, metendo por vía de urxencia, a última hora e sen ningún tipo de negociación, esta proposta de POS 2017 que pretende aprobar no pleno do día 23 de febreiro, xusto un día antes do fixado pola Deputación Provincial como remate do prazo da presentación das propostas.
Unha xogarreta autoritaria e indecente que impide que os grupos da oposición votar en contra, xa que do contrario, o Concello de Ames quedaría sen 1.560.387€. Unha xogada mal intencionada por parte dos grupos da esquerda que gobernan e do grupo Ames Novo, noutra hora abandeirado da participación, trasparencia e diálogo.
A mala fe mostrada nesta actuación, sen precedentes na historia recente deste concello, soamente se pode explicar como unha fuxida cara diante para tapar unha pésima xestión demostrada en case dou anos, un goberno que fai todo o contrario do que predicaba.
Esta mala fe, demostra unha falta clara de respecto á veciñanza porque non se lle dou ningunha opción á participación. Este acto de mala fe, demostra unha falta de respecto aos grupos da oposición xa que se lles impón unha marxinación absoluta, aos que tamén son representantes lexítimos dunha parte moi importante da veciñanza de Ames.
Dende Pacto X Ames temos a plena convicción de que esta actuación ven determinada pola nova que saía hoxe á luz pública en canto a un probable acordo, con Ames Novo, para aprobar uns presupostos condicionados a que se realizaran investimentos no rural polo importe do catastrazo aplicado recentemente.
Chama a atención que, ata o de agora, ninguén coñece o importe deste catastrazo, ninguén sabe a contía que suporá. De feito, o goberno no último pleno, non soubo contestar esta pregunta.
Chama á atención como unha vez máis, o PSOE, PODEMOS, BNG e Ames Novo, pretenden enganar ás persoas que viven no rural tal e como fixeron no lixo, cando prometeron á veciñanza moreas de cousas se demandaban ante os xulgados, facéndolles gastar cartos e co resultado final de que ningunha das máis de 220 demandas foron atendidas polo xulgado.

PROPOSTA SOBRE DIVERSAS ACTUACIÓNS NO PASEO FLUVIAL DE BERTAMIRANS

Pacto X Ames presenta unha PROPOSTA esixindo unha actuación urxente no paseo fluvial de Bertamiráns. Insta a Augas de Galicia e Concello a realizar actuacións conxuntas ante o seu deplorable estado. O goberno tripartito non toma en serio o problema e Augas de Galicia ignora un problema medio ambiental que está poñendo en serio perigo o ecosistema da zona. Muros de contención cheos de arbustos e maleza, bancos, pontellas e papeleiras deterioradas e unha conca chea de sedimentacións que fai de cloaca do río Sar, fan desta situación un problema de seguridade e salubridade.

Pacto X Ames presentou unha proposta o pasado día 13 para instar a Augas de Galicia e Concello de Ames a realizar de forma urxente, as actuacións necesarias para que o paseo fluvial non estrague por completo o seu ecosistema.
A realidade é que dende hai anos as administracións están botándose a culpa deste deterioro sen poñer uns mínimos medios para frealo. Por un lado o concello di que é competencia do organismo autonómico e polo outro, o organismo autonómico competente non acomete a súa responsabilidade. O que máis chama a atención é que dende o goberno tripartito de Ames e máis en concreto dende a concellería de Medio Ambiente, non se coñece ningunha iniciativa encamiñada a resolver este tema, ben sexa por iniciativa propia nas competencias municipais, ben sexa pola reclamación ao organismo autonómico para que cumpra coa súa función.
Por un lado están os elementos externos á conca do río, pontes, muros de contención, fontes, papeleiras, bancos, coidado da herba, etc. Estes sofren un alto deterioro, achéganse fotografías nas que se observa como en algúns casos, incluso poderían causar problemas de seguridade ás persoas que camiñan por esta zona. Isto, claramente é competencia do concello.
Por outro lado está a conca do río, cheo de maleza, cheo de sedimentacións provocadas, al menos en gran parte, pola contaminación que arrastra o río Sar. Un ecosistema deteriorado pola falta de actuacións axeitadas. Isto, claramente é competencia do organismo autonómico.
A política medio ambiental do concello é inexistente, en dou anos non se tomaron medidas para salvagardar o ecosistema e ornato desta zona continuando con mesma política de omisión que tiña o anterior goberno.
O mesmo sucede co organismo autonómico, nin sequera cumpre cuns básicos criterios de mantemento para manter a conca do paseo fluvial cun estado mínimo de limpeza e de ornato. A esta irresponsabilidade hai que engadir que dende o concello hai unha desidia absoluta por non esixir a Augas de Galicia que cumpra estes mínimos.
O paseo fluvial de Bertamiráns é unha zona emblemática da localidade que leva anos sen un mantemento axeitado. Dende a obtención do premio San Telmo, no ano 2004 como un recoñecemento do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia á obra civil, os diversos gobernos que sucederon a este premio non se caracterizaron por realizar un mantemento axeitado.

O GOBERNO NON INCREMENTA AS SUBVENCIÓNS DEPORTIVAS, CULTURAIS, FESTAS PATRONAIS...

O tripartito de Ames destina exactamente as mesmas cantidades ás subvencións deportivas que nos últimos cinco anos cos gobernos anteriores.Dende o ano 2012 non tiveron variación. O tripartito tampouco incrementou, nin un céntimo, as achegas para as familias numerosas e para as asociacións culturais a pesar do aumento considerable na recadación polos impostos directos como o IBI. A única proposta en materia deportiva durante estes case dou anos de goberno tripartito foi intentar subir os prezos entre un 185% e un 234%, rexeitada por toda a oposición

Pacto X Ames considera que o goberno tripartito está vendendo fume en todo o que respecta ao tema das subvencións. Levan dous anos no goberno e, tanto as subvencións deportivas como as destinadas ás asociacións culturais e para familias numerosas, non se incrementaron nin un só euro, sendo exactamente as mesmas que as aprobadas nos últimos cinco anos.
Dende o 2012 ao ano 2016 o importe anual foi idéntico. As entidades deportivas recibiron 50.000€, as entidades culturais 40.000€, para as festas patronais 29.500€ e para as familias numerosas 120.000€. Idénticos importes en cada período dende o 2012.
Dáse a circunstancia que os impostos directos como o IBI, tiveron un incremento que no último ano supuxo un aumento de máis de 600.000€, motivado fundamentalmente, polas revisións catastrais e polo incremento da presión impositiva.
A pesar do novo criterio de valoración tratado no Consello Consultivo de deportes do pasado ano, a situación, en canto á cuestión económica non variou absolutamente nada, sendo o mesmo resultado que nos últimos cinco anos anteriores. Chama a atención como o goberno tripartito fai propaganda deste tema a sabendas de que as variacións económicas non existen e as variacións organizativas e de xestión son simples matices sen transcendencia para maquillar este tipo de decisións.
Dende o goberno tripartito as únicas propostas en materia deportiva foron encamiñadas a subir os prezos entre un 185% e un 234%, que loxicamente fracasaron porque foron rexeitadas de forma unánime pola oposición ao igual que a decisión de prorrogar a empresa Eulen como primeira medida na súa estrea como alcalde, unha mostra máis da incoherencia do tripartito, e en concreto do alcalde como responsable de deportes, esquecéndose que, cando estaba na oposición, utilizou esta situación para reprobar ao anterior goberno.

PACTO X AMES SOLICITA ABRIR EXPEDIENTE POLAS INCIDENCIAS DOS RECIBOS DA AUGA

Pacto X Ames solicita de forma urxente a convocatoria da comisión de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas, Parques e Xardíns, Transporte, Mobilidade e Medio Ambiente, para estudar as numerosas incidencias da actual concesionaria da auga antes de que se produza o cese ante a desidia do tripartito. Pacto X Ames considera que o decreto firmado polo goberno é unha medida morna para pasar de puntillas sobre un serio problema que afecta a centos de persoas e chega tarde, PxA instará a aplicar o réxime disciplinario á concesionaria. O goberno tripartito aínda non contestou o escrito presentado por Pacto X Ames o pasado 12 de xaneiro sobre as obras e o canon que debería afrontar a concesionaria actual. A baixa nas obras é do 15% e o canon de 280.000 €.

O Grupo Municipal de Pacto X Ames, acaba de rexistrar un escrito solicitando de forma urxente a convocatoria da comisión de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas, Parques e Xardíns, Transporte, Mobilidade e Medio Ambiente para estudar as numerosas incidencias da actual concesionaria da auga que se veñen producindo nas últimas semanas.
A actual concesionaria está pasando ao cobro recibos avultados, algúns de máis de 1.000 euros que ademais, nalgúns casos, supuxo o corte do subministro. O descontrol por parte do goberno é patente e dáse a casualidade que a empresa actúa deste xeito cando está próximo o remate da concesión.
Esta concesión tiña un carácter transitorio mentres non se resolvía a licitación do Ciclo Integral da Auga que foi adxudicado a unha nova empresa e ratificado no pleno do pasado 29 de decembro de 2016.
As numerosas queixas presentadas pola veciñanza provocaron que o goberno tripartito emitira un decreto que de forma temporal anula os cortes de auga que se estaban producindo. Esta medida morna é para pasar de puntillas sobre un problema moi serio que afecta a máis de un milleiro de persoas.
Un goberno que ata o de agora, salvo este decreto, non tomou nin unha soa medida ao respecto en vez de iniciar un expediente informativo que podería derivar nunha sanción no caso de que a concesionaria estivera actuando de forma arbitraria e contraria aos pregos administrativos vixentes que regulan a concesión, máis en concreto o reflectido na cláusula 21 do prego que regula as sancións por posibles irregularidades.
Debido a falta de transparencia, Pacto x Ames rexistrou o 12 xaneiro un escrito solicitando información sobre o canon da auga e as obras executada pola actual concesionaria. A pesar de que está superado con creces o tempo que estipula o artigo 14 do ROF para responder, as cuestións aínda non foron contestadas, de aí que se solicite agora unha reunión urxente da comisión correspondente.
A información demandada ao tripartito fai referencia a dúas cuestións fundamentais, por un lado solicítase información sobre o importe do canon de 280.000 euros e pola outra, da relación e do importe das obras acometidas pola concesionaria e que están incluídas na baixa do 15% que figuran nos pregos, en concreto no disposto na cláusula 27.i).
Pacto X Ames considera inaceptable que o goberno tripartito aínda non abrira un expediente informativo á actual concesionaria, motivo polo que se esixe a convocatoria desta comisión de forma urxente.

NULA XESTIÓN DO CONCELLEIRO DE CULTURA DE AMES

Pacto X Ames, PP de Ames e o concelleiro non adscrito Francisco Javier López, pedirán no pleno do mes de xaneiro a reprobación e cese do concelleiro do BNG responsable de Educación e Cultura. O aínda concelleiro, non contou coa participación das empresas que pagan os seus impostos en Ames e concedeu de forma directa a metade do presupostado a empresas foráneas. A moción foi presentada o día 16 de xaneiro e constata unha petición cidadá baseada na falta de diálogo, a imposición de criterios así como a deriva destes 20 meses na súa actividade de goberno.

A reprobación do concelleiro do BNG David Santomil que forma parte do goberno tripartito de Ames será debatida no pleno ordinario que se celebrará último xoves do mes de xaneiro. Na moción faise unha detallada exposición dos motivos que motivan a petición da dimisión ou cese e reprobación do edil.
O concelleiro nacionalista mostrou o seu desprezo polas empresas que pagan os seus impostos en Ames, acudindo a empresas foráneas en vez de potenciar o tecido empresarial do concello. Dos máis de 23.000 presupostados para esta actividade, adxudicou de forma directa case a metade (11.000€), a empresas de fora de Ames e incluso de fora da súa zona de influenza.
As actuacións do aínda concelleiro de Educación e Cultura, estivo carente de diálogo, de implicación social e carente de participación das forzas vivas. Supuxo outra demostración de soberbia autoritaria que demostra o seu afán de imposición, sen ter en conta o resto das sensibilidades; o seu criterio por riba de calquera outro.
Durante décadas, e con distintos cores políticos, Ames contou con unhas celebracións do Nadal, e máis en concreto do día de Reis, fiel as costumes tradicionais, unhas veces con máis acerto e outras con menos, unhas veces con máis éxito e outras con menos, pero sempre dentro da costume, sen romper a maxia, gardando a tradición e sobre todo, protexendo aos máis pequenos de desilusións prematuras.
O acontecido nas redes sociais os pasado 29 de decembro poñendo en dúbida que os Reis Magos veñen de Oriente, é cando menos, unha falta de rigor e unha intolerable irresponsabilidade cometida polo goberno tripartito e máis en concreto polo concelleiro responsable desta área, cuxa pretensión é que o Nadal sexan unhas simples festas sen máis arraigo que o espectáculo ou a diversión poñendo todo o empeño en acabar cos valores que envolve o Espírito do Nadal.
Pero por se isto fora pouco, a supresión da cabalgata supuxo un punto de inflexión na organización destas entrañables e tradicionais festas, supuxo a decepción dos cativos, supuxo a decepción das familias e supuxo tamén, unha perda para os comerciantes e a hostalaría de Ames.
A supresión deste evento do Nadal, implicou que moitas familias marcharan do noso concello a outros limítrofes a ver aos Reis Magos, supuxo que estas familias consumiran en establecementos de fora de Ames, supuxo en definitiva, unha perda de do Espírito do Nadal e unha perda económica para as persoas que traballan en Ames en favor de outros concellos.
Chama a atención como o BNG lanza unha campaña na que invita a comprar no comercio local e dende o goberno tripartito, e máis en concreto dende a súa delegación de Educación e Cultura, faise todo o contrario.

Si a isto sumamos o nomeamento a dedo de unha gran parte dos obradoiro culturais, a nefasta xestión da escola municipal de música e o escurantismo en canto ao seu futuro, cun considerable número de traballadores excluídos da recente modificación da RPT, a desastrosa xestión dos comedores escolares, o lamentable episodio do acontecido co conserxe de Bentín, a indiferenza amosada cun dos persoeiros máis representativos da historia e vida do actual Ames como é Maximino Viaño, a situación na que se atopan as bibliotecas municipais, cunhas deficiencias alarmantes na súa xestión, poñéndose en perigo a integridade dos fondos, así como a carencia dun proxecto educativo e cultural axeitado e transversal, o bagaxe é paupérrimo.


Achégase a parte resolutiva da MOCIÓN:

  • Reprobación pública na presente sesión plenaria do Concelleiro de Educación e Cultura D. David Santomil Mosquera polas súas actuacións referidas na exposición de motivos.
  • Solicitar a dimisión de dito concelleiro e no caso da súa negativa, esixir ao Alcalde de Ames o cese nas súas delegacións, tendo en conta que é súa a competencia, tal e como figura no no artigo 41 apartado 3 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de noviembre, por el que se aprueba el Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen Jurídico de las Entidades Locales.

 

 

Os semáforos de Bertamiráns son coma o goberno tripartito, non funcionan ou están en intermitente

Os semáforos de Bertamiráns son coma o goberno tripartito, non funcionan ou están en intermitente. Producíronse varios incidentes leves nos últimos meses e agora xa non funciona os dos peóns e dan prioridade aos vehículos. Pacto X Ames solicitou unha copia do informe da Policía Local e o goberno, aplicando a censura, negoulla sen máis explicación que unha evasiva.

A situación dos semáforos de Bertamiráns na zona da rotonda que clasifica o tráfico cara Santiago, Negreira e Noia, está levantando innumerables queixas veciñais debido aos constantes incidentes que se producen pola inexistente regulación.

Nun principio, os semáforos tiñan as luces dos pasos de peóns e as dos vehículos, en intermitente e de forma simultánea, creando continuas confusións nas prioridades de paso, de aí as protestas das persoas que en gran número, transitan por esa zona con gran actividade comercial.

Desde fai dous días os semáforos simplemente non funcionan porque o goberno tripartito tomou a decisión de apagar as luces de sinalización dos pasos de peóns e deixar unicamente en intermitente as luces de sinalización para os vehículos.

Os incidentes estanse producindo a diario nunha zona moi transitada pola gran actividade comercial, crecendo o malestar da veciñanza polo elevado risco de que se produza un accidente.

Pacto X Ames, o pasado 19 de decembro e ante as numerosas queixas recibidas, solicitou información sobre esta situación e reclamou por escrito o informe da Policía Local.

Dende o goberno volveron a aplicar a censura e negouse o informe sen máis explicacións que unha evasiva e botándolle a culpa a autovía AG-56 ao seu paso por Bertamiráns. O máis curioso é que esta autovía está aberta dende hai máis de 6 meses, o que demostra que o alcalde ou intenta despistar ou non está na realidade da rúa.

En concreto, a solicitude que se fixo dende Pacto X Ames foi:

Copia do informe da Policía Local sobre esta actuación en concreto.”

En vez de facilitar copia, o Alcalde de Ames José M. Miñones Conde responde:

O cambio nos semáforos fíxose debido o derrube da autovía AG-56 para alixeirar o paso dos vehículos, e evitar as retencións de tráfico. Foi unha decisión que se tomou nunha xuntanza, debido a situación de urxencia na que nos vimos.

 

 

DEIXADEZ DO GOBERNO TRIPARTITO CO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

O tripartito de Ames declara de emerxencia a Xestión do Servizo de Axuda no Fogar, demostrando unha vez máis que non da o nivel en labores de goberno. Dende hai 20 meses sabían que vencía o 30 de decembro do 2016. Na Xunta de Goberno Local celebrada o 15 de decembro do 2016, tómase esta medida e ordena á empresa actual a continuar cos traballos mentres no se faga unha licitación nova

Definitivamente o goberno tripartito de Ames demostra cada día que os grandes temas non son capaces de sacalos cun mínimo de solvencia, RPT, Presupostos e agora o contrato da Xestión do Servizo de Axuda no Fogar.
Tiveron 20 meses para confeccionar un prego adecuado e agora declaran a situación de emerxencia coa desculpa de que as “novas necesidades detectadas no servizo non están recollidas no contrato asinado no ano 2010”
O goberno non explica cales son esas necesidades detectadas nin o motivo polo que se tardou case dous anos en sabelas, o que demostra pouco rigor nas labores de goberno.
Este servizo foi contratado polo goberno socialista o 10 de decembro de 2010 por un prazo de 4 anos e posteriormente prorrogado polo goberno do PP o 23 de decembro de 2014 por dous anos que finalizou o 30 de decembro de 2016.
O tripartito de Ames recorre á declarar a Emerxencia para un servizo que debería ser de atención prioritaria para un goberno que pretende presumir de social. A declaración de emerxencia ten unha duración de 6 meses e deberá prestarse nas mesmas condicións que o actual contrato.
Despois de 20 meses, e tendo a intención de non recorrer a outra prórroga, o tripartito propón unha nova licitación que aínda foi publicada o 26 de decembro de 2016, de aí a decisión/obrigación de declarar a emerxencia. O prazo para a finalización de ofertas aínda finaliza o 10 de febreiro de 2017 e o importe desta licitación é de 1.532.535, 30 €.
Dende Pacto X Ames consideramos que despois de 20 meses, é lamentable que o goberno tripartito non tivera claro que este procedemento debería ser unha prioridade.

O GOBERNO TRIPARTITO DEIXA A AMES SEN CABALGATA DE REIS MAGOS

PxA pide a dimisión ou no seu defecto o cese de David Santomil como concelleiro delegado de Cultura pola súa incompetencia demostrada nos últimos 20 meses de goberno. O Concelleiro do BNG doulle a puntilla á Cabalgata de Reis A falla de diálogo coa Cabalgata de Reis, o nomeamento a dedo de unha gran parte de obradoiros culturais, a nefasta xestión da Escola Municipal de Música, a ausencia de proxectos culturais ou a nefasta xestión dos comedores escolares, entre outras, motivan a petición.

O acontecido coa Cabalgata dos Reis provocou o rexeitamento unánime dos empresarios e comerciantes de Ames. O colectivo mostrou a súa enérxica protesta motivada pola falta de diálogo e tomar a decisión, unilateral, de sacar a Cabalgara das rúas do concello para concentralas nos pavillóns dándolle a puntilla a un acto festivo que debería ser unha icona dun concello que ten a taxa de rapaces máis alta de Galicia.
Os argumentos expostos polo goberno tripartito, aludindo que este é un acto para os rapaces e non para os comerciantes, contrasta claramente coa campaña hipócrita do BNG que desenvolve este Nadal e que leva por título “Compra no comercio local e compra produtos galegos”.
No resto de concellos da redonda deben estar errados porque en todos haberá cabalgata polas rúas. É curioso como o concello con máis nenos da comarca toma unha decisión que provocará a fuxida das familias a outros concellos limítrofes.
O goberno tripartito actúa como un reino de taifas, cada grupo vai ao seu e hai unha carencia de comunicación palpable en cada actuación. No caso do concelleiro do BNG que ten a delegación de cultura, a súa indolencia na delegación que ostenta é máis que evidente. Négase a dialogar coas asociacións de empresarios e comerciantes de Ames tomando unha decisión unilateral a hora de organizar á Cabalgata de Reis. Negouse a dialogar no conflito do conserxe de Bentín, tomou a decisión de nomear a dedo ao persoal que imparte unha gran parte dos obradoiros culturais e a política desenvolvida nos Comedores Escolares é nefasta consolidando un déficit de 600.000 euros, tal e como reflicten os informe de intervención . A isto hai que engadir os seus incumprimentos en materia de educación, tamén delegación que aínda ostenta o edil do BNG
O tripartito carece de políticas culturais máis alá da imposición ideolóxica que pretende instaurar como modelo no concello de Ames, non ten capacidade de diálogo e durante estes primeiros 20 meses de goberno non foi capaz de facer unha xestión axeitada, como se demostra co acontecido coa Escola Municipal de Música, quedando fora da Relación de Postos de Traballo (RPT).

PACTO x Ames RACLAMA A TRAMITACIÓN DAS SÚAS MOCIÓNS E PROPOSTAS

O goberno tripartito ignora outra iniciativa presentada por Pacto X Ames, esta vez, a moción estaba encamiñada a promover na comarca o servizo de interpretación de lingua de signos e guía intérprete de persoas Xordocegas. A moción, que foi Presentada o 12 de decembro, pretende “mancomunar” un servizo fundamental na comarca pero como ven sendo habitual nos últimos meses, aplican a censura a todas as propostas que proveñen de PxA. A iniciativa de PxA, censurada polo tripartito, foi atendida por outros concellos da comarca que veñen colaborando con achegas nos últimos anos tales como Rois, Vedra, Teo e Santiago.

A accesibilidade é un dereito polo que hai a obriga de velar e traballar dende todas as administracións de un xeito decidido. Todas as iniciativas en esta materia, por pequenas que sexan, débense ter en conta e débense valorar para procurar que o desenvolvemento da vida cotiá sexa máis fácil para as persoas que teñen algún tipo de discapacidade.
Dende a asociación de persoas xordas de Santiago de Compostela, declarada de utilidade pública, están levando a cabo unha campaña polos concellos da comarca encamiñada a recadar fondos coa finalidade de promover o servizo de interpretación de lingua de signos e guía intérprete de persoas Xordas e Xordocegas de tal forma que preste cobertura ao maior número posible de concellos da comarca.
Esta iniciativa axudaría de forma considerable a favorecer unha comunicación o máis completa posible no desenvolvemento das súas actividades diarias promovendo a autonomía persoal das persoas Xordas e Xordocegas, contribuíndo á eliminación das barreiras de comunicación, favorecendo a súa independencia, favorecendo a toma das súas propias decisións e fomentando a participación destas persoas.
Actividades como ir a unha consulta médica, a unha entrevista de traballo ou a asistencia as actividades que se organizan dende o concello de Ames, non están ao alcance das persoas que xordas e xordocegas, polo que as iniciativas que se presentan nesta moción están máis que motivadas, aínda máis, é de xustiza colaborar nestes programas que se promoven dende os distintos movementos asociativos, como é o caso desta asociación, que ademais de velar polos intereses dos asociados, fan unha labor supletoria da administración na ausencia de programas específicos como é este caso.
Ademais, este servizo é imprescindible para dar cumprimento a lexislación en materia de accesibilidade universal e non discriminación ás persoas con discapacidade, a través deste servizo, as persoas xordas e xordocegas, poderán gozar do seu dereito á información e comunicación.
Hai numerosa lexislación sobre accesibilidade como a Ley 27/2007 de 23 de octubre por la que se recoñecen as línguas españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordociegas. A ley 26/2011, de 1 de agosto, da adaptación da normativa española á Conveción Internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade, o Real Decreto Legislativo 172013 de 29 de noviembre no que se aproba o Texto Refundido de la Ley General de los derechos de las personas con discapacidad y de su inclusión social ou a Lei 10/2014, de 3 de decembro, de accesibilidade de Galicia.
Toda esta normativa, entre outras, poñen as bases para que as persoas con algunha discapacidade, non teñan trabas na súa vida diaria, sen embargo, a realidade é moi diferente e as persoas con algún tipo de discapacidade aínda están moi lonxe de beneficiarse dun dereito básico como é a accesibilidade.
A concesión de unha achega a esta asociación, estaría dentro da colaboración entre os concellos da comarca e significaría dotar de maior cobertura as persoas con este tipo de discapacidade xa que Rois, Vedra, Teo e Santiago veñen colaborando con achegas nos últimos anos, ademais, como é sabido, este tipo de subvencións directas xa foron concedidas por unanimidade plenaria neste mandato (Pleno ordinario de outubro), a entidades como Cáritas parroquial San Juan de Ortoño ou a entidade Arcea Adames con un importe de 4.000 e 8.000 euros respectivamente.
Neste caso, desde Pacto X Ames, proponse que o concello de Ames asigne unha cantidade de 2.000 € en concepto de Subvención Nominativa para este colectivo a través da Asociación de Persoas Sordas de Santiago de Compostela, declarada de utilidade pública.

A RPT DO CONCELLO DE AMES

O goberno tripartito de Ames suprime postos de traballo en contratación e secretaría pero está disposto a crear unha praza de Habilitado Nacional (Secretaría adxunta) cun custe de case 60.000 € ao ano, máis do o dobre do que custaría un técnico. Ademais reduce o salario de tres postos de traballo e crea unha praza máis de arquitecto, suprime a praza de Vixiante de Obras e renuncia á promoción interna. Pretende aprobar unha RPT (Relación de Postos de Traballo) sen o consenso dos sindicatos e contempla postos sen dotación orzamentaria incumprindo coa Lei 2/2015 do Empregado Público de Galicia e rexeita todas as alegacións presentadas por PxA.

O tripartito pretende aprobar a través de un pleno extraordinario unha Relación de Postos de Traballo que pouco se parece á realidade do concello de Ames e que suporá un aumento dos custes salariais e da conflitividade laboral.
Pacto X Ames ten claro que o problema está máis en dimensionar correctamente as funcionalidade. Solución que pasaría máis por promover unha remodelación de postos de traballo e de dar oportunidades, mediante promoción interna a traballadores do concello, que en sacar prazas novas.
A vez que suprime postos, o tripartito pretende crear un posto de Secretaría Adxunto, con Habilitación Nacional e cun custe de case 60.000 € ao ano, posto que podería ser cuberto por un técnico do concello mediante a promoción interna o que suporía un aforro do 80%. Tamén pretende crear outro posto de arquitecto nunha situación na que as grandes obras urbanísticas non existen.
Sabendo que a dotación da policía local é insuficiente porque non cumpre a ratio recomendada (un policía por cada 1.000 habitantes), suprime a praza de Vixiante de Obras endosándolle esta función a Policía Local.
Pacto X Ames xa votara en contra da aprobación inicial no pleno de Xuño e presentara un escrito, no período de alegacións, esixindo a anulación da RPT por ser un documento que non recolle as necesidades de Ames.
No documento non se reflicten prazas que ata o de agora estaban tanto no departamento de Intervención, Contratación e Secretaría, os da Escola Municipal de Música, os dos Comedores Escolares e os da Biblioteca, entre outros.
Chama a atención que a RPT que se pretende aprobar, nun pleno extraordinario, esquécese da carreira profesional e non fai unha valoración axeitadas dos postos de traballo omitindo deliberadamente a promoción interna, cuestión esta que debería ser prioritaria e anterior a aprobación dunha RPT que incumpre claramente Lei 2/2015 do Empregado Público de Galicia.
Ademais do incumprimento da lei, vulnera claramente o precepto da RPT anterior (aínda vixente) porque rebaixan o salario de al menos tres traballadores, concretamente no seu punto 5 que di textualmente: “Non obstante, a RPT garantirá o mantemento do nivel retributivo de tódolos traballadores do Concello de Ames, así, no suposto de que as retribucións dun posto de traballo (o complemento de destino ou complemento específico) sufran unha minoración como consecuencia da aprobación da RPT, asignaráselle ó traballador que o veña ocupando un Complemento Persoal Transitorio (CPT) nos termos que prevé a Disposición Transitoria de LMRFP.”

Unha grave carencia de xestión fixo ao tripartito utilizar como escusa a adaptación da RPT a Lei 2/2015 do Empregado Público de Galicia que esixe que todos os postos de traballo teñan dotación orzamentaria, para non aprobar os orzamentos e resulta que o informe de intervención sinalaba claramente que hai postos sen dotación orzamentaria, cuestión irregular e que demostra que se non sacan os orzamentos é por unha grave falta de capacidade de negociación, que nada teñen que ver coa aprobación dunha RPT que ademais non cumpre coa Lei 2/2015 do Empregado Público de Galicia.
É curioso como o tripartito de Ames négase a negociar coa oposición un documento que non ten o consenso dos sindicatos (CSIF votou en contra e CC.OO abstívose), que debería facerse co consenso suficiente entre todas as partes e que demostra o carácter autoritario dun goberno que en 20 meses non foi capaz de pactar ningún dos grandes temas coa oposición (coa excepción do Ciclo Integral da Auga), de feito, a data de hoxe, aínda están vixentes os orzamentos de 2012 pola incapacidade do goberno a chegar a acordos.

Pacto x Ames abandona o Pleno, o impedir defender a baixada do IBI

Os concelleiros de Pacto X Ames abandonaron o pleno por censurar a súa liberdade de expresión. O Alcalde negou o debate dunha emenda de PxA para rebaixar o IBI. A Secretaria do Concello, a pregunta do Alcalde, deixou claro que o debate era unha cuestión política e non xurídica, o Alcalde negouse a debatela vulnerando os Dereitos Fundamentais dos concelleiros de PxA. O Alcalde Miñones utilizou o Regulamento de Organización Municipal de forma ditatorial, parcial e impropia dunha persoa demócrata e negouse a incluír as propostas que PxA levara á Xunta de Voceiro o día 15 de outubro, tal e como é preceptivo.

Decepción e indignación, foi o sentimento xeneralizado dos concelleiros de Pacto X Ames cando tomaron a decisión de abandonar o salón de plenos en protesta a unha actitude impropia destes tempos por parte do goberno PSOE-BNG-PODEMOS.

Daba comezo o debate do punto número 9 da orde do día “Aprobación provisional da modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles” cando o voceiro de Pacto X Ames, Ramón García Argibay, solicitou a quenda de palabra para presentar unha emenda a este punto co fin de rebaixar o tipo que se aplica ao IBI do 0,44 ao 0,40.

Esta emenda xa fora presentada por escrito o día 24 de outubro con rexistro de entrada número 10546. O Alcalde José Miñones negouse en todo momento a debatela argumentado cuestións xurídicas e instou á Secretaria do Concello a manifestarse ao respecto, sendo clara a opinión da responsable xurídica do Concello dicindo que, era unha cuestión política e non de legalidade.

Coa actitude mostrada onte polo Alcalde José Miñones, van quedando ás claras cales son os seus propósitos, por un lado négase a rebaixar o IBI e polo outro demostra que non está disposto a dialogar e chagar ao consenso, xa mostrara esa actitude co borrador de orzamentos e a RPT, ambos sen aprobar.

O cambio de actitude tamén quedou patente na última Xunta de Voceiro celebrada o pasado 15 de Outubro, Pacto X Ames, como viña facendo dende que se aprobou o Regulamento de Organización Municipal, presentou ás súas propostas para o pleno do día 27. Cal foi a sorpresa que non se tivo en conta ningunha das propostas e o tripartito dou a calada por resposta.

Catro días despois, nas comisións informativas, o goberno meteu a calzador e por vía de urxencia, unha das catro propostas presentadas por PxA, intentando vendela como propia, nunha clara actitude de prepotencia e propaganda.

Chama especialmente a atención, como o o Alcalde de Ames en particular e o goberno tripartito en xeral, utilizan de forma arbitraria o Regulamento de Organización Municipal (aprobado no seu día por unanimidade), segundo conveña en cada momento e facendo unha interpretación parcial e sectaria. Agora dan un paso máis e mais grave, censuran impiden o debate vulnerando os dereitos fundamentais.

MODIFICACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL PxA A PROPOSTA DO GOBERNO SOBRE A LOMCE

A aplicación da LOMCE está a causar innumerables dúbidas na comunidade educativa. Pais mestres e alumnos, non teñen a comunicación mínima por parte das autoridades do Ministerio de Educación e da Consellería de Educación, o que provoca unha gran incerteza, dúbidas e sobre todo, desconfianza nun sistema que debería estar clarificado dende hai moito tempo.

A aplicación da LOMCE está a causar innumerables dúbidas na comunidade educativa. Pais mestres e alumnos, non teñen a comunicación mínima por parte das autoridades do Ministerio de Educación e da Consellería de Educación, o que provoca unha gran incerteza, dúbidas e sobre todo, desconfianza nun sistema que debería estar clarificado dende hai moito tempo.

Falta de comunicación, interpretacións erróneas e indefinicións impropias de unha lei, e as formas na súa elaboración, xa que foi aprobada sen o consenso necesario, non facilitan que a comunidade educativa sexa proclive a esta norma, sobre todo, tendo en conta que se trata dunha normativa básica que afecta, dun xeito ou outro, á totalidade da poboación, ben sexa de forma directa ou indirecta.

Si a isto engadimos o que está acontecendo coa proba xeral en 3º e 6º de Primaria e as reválidas de 4º da ESO e en Bacharelato, que son requisito imprescindible para conseguir os títulos correspondentes, (salvo este curso que ten unha transitoriedade e non vai a afectar), a conclusión é clara, os pais, os mestres e o alumnado opóñense de forma frontal e unánime a un sistema que da a sensación que pretende poñer máis trabas en vez de racionalizar un sistema educativo que non evolucionou dende hai décadas e que fai qué o noso país estea á cola da OCDE ano tras ano.

Un sistema que pretende engadir unha maior presión ao alumnado, forzando a ser avaliado baixo estándares uniformizados sen ter en conta a educación como proceso e o contexto social, económico e persoal, e sen ter en conta as súas capacidade e actitudes e aptitudes máis alá dun simple exame, está condenado ao fracaso.

Outro factor a ter en conta é que as probas avalían só determinadas áreas de coñecemento, tendo unha menor consideración outras competencias, destrezas e habilidades como pode ser o campo artístico, musical e creativo.

Así mesmo, condicionan a labor docente en exclusiva á preparación das probas, e cuestionan a avaliación continua e a opinión do equipo docente para coñecer as carencias, potencialidades, habilidades e capacidades do alumnado, así como dos medios, recursos e apoios necesarios para mellorar a aprendizaxe e o rendemento escolar.

Par rematar ó cúmulo de erros da LOMCE e mostrar a súa improvisación e incompetencia, tan só fai falta observar o que está acontecendo co alumnado que remata no curso 2016/2017 o bacharelato.

A data de hoxe, ningún responsable da Consellería de Educación e do Ministerio de Educación sabe informar á comunidade educativa en qué van a consistir as probas para poder a acceder á universidade.

E desolador que mestres, pais e alumnos, estean na máis absoluta da ignorancia sobre cal vai a ser este procedemento, ó que está provocando nerviosismo e estres no alumnado, desesperación nos pais e desánimo e enfado nos mestres que tratan por todos os medios de orientar ao alumnado para que poidan prepararse cunhas mínimas garantías, ante un proceso de acceso a universidade que, a pouco máis de seis meses é unha absoluta incógnita.

 

Por estes motivos, os grupos municipais do Concello de Ames, someten ao Pleno da Corporación a seguinte proposta de acordo:

 

  • Instar á Xunta de Galicia á eliminación das reválidas, conscientes das nefastas e lesivas consecuencias que supoñen.

  • Instar á Xunta de Galicia a que solicite ao Goberno de Estado a modificación ou no seu caso derrogación da LOMCE.

  • Instar de forma urxente á Xunta de Galicia a que con total claridade determine, faga público e informar á comunidade educativa, de cales son os criterios de avaliación e as probas aos que van a ser sometidos, para que o alumnado de segundo de bacharelato poida preparar de forma rigorosa.

 

 

Asdo.

Grupo Municipal Pacto x Ames

 

Ames, a 21 de outubro de 2016

Pacto x Ames SOLICITA unha baixada no imposto do IBI o mínimo legal do 0,40

Pacto X Ames presenta por rexistro de entrada unha iniciativa para rebaixar o tipo xeral do IBI ao 0,40 no pleno do vindeiro xoves co fin de mitigar o efecto retroactivo, aplicado aos últimos catro anos, que ademais castiga duramente ao rural. A medida pretende mitigar a crecente presión fiscal á que está sometido o concello de Ames en xeral e o rural en particular dende o ano 2005, data da última ponencia de valores. O voceiro de PxA Ramón García Argibay presentou unha solicitude de información o 17 de outubro que aínda non foi contestada a pesares de que o tempo regulado xa rematou.

Ante a actitude pasiva do goberno tripartito PSOE-BNG-PODEMOS para reducir a presión fiscal que está supoñendo o IBI, Pacto X Ames acaba de rexistrar unha nova proposta para que o IBI de Ames free a constantes subidas das que son obxecto todas ás persoas que vivimos en Ames dende o ano 2005, data da última ponencia.
Este efecto retroactivo de catro anos, igual que o do lixo, está provocando que as persoas que viven no rural teñan que facer fronte a pagos que superan o 100% do que viñan pagando polo IBI neste período, se a isto sumamos que tamén hai que afrontar o pago do IBI pertencente a este ano, a situación aínda é máis dura.
Cabe recordar que en sesión plenaria do mes de outubro do ano pasado, os concelleiros de PxA, xa presentaran esta proposta que foi rexeitada polo tripartito, aludindo dende o goberno, falta de informes dos técnicos municipais, en concreto e como pon a acta plenaria de forma textual:
"" O alcalde intervén para dicir que as emendas do señor Argibay non se poden abordar; a da bonificación das vivendas que carecen de servizos básicos porque dende un unto de vista técnico neste momento non é posible, e a de baixar o tipo do IBI ao 0,40 non está informado pola Intervención municipal.""

Pacto X Ames fai esta proposta porque considera que o goberno tripartito tivo un ano por diante para pedir estes informes aos técnicos do concello.

Proposta para que o IBI poida ser subvencionado con axudas sociais

Pacto x Ames considera inaceptable que o Goberno furte unha das catro propostas sobre o IBI presentada por PxA na Xunta de Portavoces do luns 17 de outubro. A proposta foi plaxiada, mentida a calzador e por vía de urxencia catro días despois ,nas comisións informativas do Venres 21 de outubro. As catro propostas de PxA están relacionadas co aumento do IBI, especialmente no rural, onde están reclamando o pago con efecto retroactivo de 4 anos, igual que se fixera co Lixo.

O Goberno de Ames está demostrando día a día que non ten proxecto. Á súa incapacidade
para sacar uns orzamentos en ano e medio de goberno, ou a súa incapacidade para aprobar
unha RPT que eles mesmos redactaron, súmase agora o lamentable episodio de apoderarse
de iniciativas presentadas polos concelleiros de Pacto X Ames para vendelas como propias.
Así aconteceu o venres 21 de outubro, cando se estaban celebrando as comisións
informativas preceptivas para tratar os temas que irán ao pleno do xoves 27, o tripartito
aproveitou para meter a calzador unha proposta por vía de urxencia relativa ao IBI. Cal foi a
sorpresa que a iniciativa presentada polo goberno tripartito era unha das caro presentadas
polos concelleiros de PxA.
Catro días antes, na Xunta de Voceiros, Ramón García Argibay presentara un conxunto de 4
iniciativas relativas ao IBI para que foran informadas polos técnicos do concello, tal e como
reflicte o regulamento de funcionamento municipal.
Esta primeira batería de propostas de Pacto X Ames tiñan como obxectivo minorar os
efectos do elevado IBI que se está soportando, sobre todo no rural, e paliar, na medida do
posible os efectos do cobro con efecto retroactivo aplicado aos últimos catro anos, de igual
xeito que se fixo co lixo.
En concreto, as catro iniciativas presentadas por Pacto X Ames, son as seguintes:
* Incorporar o pago do IBI como un dos conceptos de gastos a subvencionables
dentro das axudas sociais que se outorgan dende os servizos sociais.
* Dotar unha partida orzamentaria extraordinaria e con carácter de urxencia
para acometer as axudas mencionadas no punto anterior.

* Establecer un procedemento informativo para dar a coñecer as condicións para
poder optar a estas axudas.
* Redactar unha nova ordenanza fiscal de cara ao futuro, onde queden reflectidos
todos os tipos de axudas referente ao IBI como medida de potenciar a vida no
rural.
Precisamente, foi a iniciativa número catro a que o tripartito pretende facer súa presentando
un procedemento de urxencia. É curioso como soamente atende a medida número catro e
despreza o resto das medidas.
É curioso como solicitan informes técnicos da medida número catro e do resto dos informes,
de momento, non existen.
É curioso como o goberno tripartito e Ames Novo están pasando de puntillas co efecto
retroactivo deste imposto, posición que contrasta coa virulencia mostrada cando fora do
efecto retroactivo do Lixo, onde PSOE, BNG e Ames Novo dedicáronse a alporizar aos
veciños en vez de informar.
Ante un procedemento moi similar ao do Lixo, aplicouse tamén un efecto retroactivo igual
que agora co tema do IBI, contrasta o tipo de oposición responsable de Pacto X Ames con
respecto aos partidos PSOE, BNG e Ames Novo.
Dende PxA fanse propostas, que o goberno PSOE-BNG-PODEMOS non aceptan, e plaxian
unha delas, mentres que a actitude mostrada no seu momento cando xurde o problema do
efecto retroactivo do Lixo, estes partidos, máis Ames Novo, enganaron a xente facendo que
se gastaran os cartos nun procedemento xudicial que a todas luces sabían que ían a perder, e
perderon, xa que saíron todas as sentencias desfavorables.

O goberno tripartito en parada técnica Cero euros executados do 1.643.158 € en proxectos aprobados

Despois de un ano e medio de goberno, aínda non executou ningunha das actuacións aprobadas no seu mandato pertencente aos plans provinciais da Deputación. Cero euros executados do 1.643.158 € en proxectos aprobados tanto pola deputación como polo concello de Ames en decembro de 2015, fainos merecedores dun cero en xestión. Actuacións básicas como saneamentos, obras de accesibilidade, parques biosaudables, o novo chan para o polideportivo de Bertamiráns, gradas cubertas para o campo de fútbol do Milladoiro e pavimentación de vías, entre outras, seguen á espera.

 Como a veces se di, "cada un fala da feira según lle vai nela". Polo que aquí deixamos a nosa nota íntegra en referencia á publicación de onte, onde se pode ver que non nos sacamos ningunhas cantidades da manga como quixo corrixir o concelleiro Blas García, xa que especificamos en todo momento que nestas se inclúe o complementario, así como tamén se fai referencia ao ano e medio DE GOBERNO, non da aprobación lóxicamente, polo que non temos moito que rectificar ao respeto.

Tamén achegamos o documento PDF firmado polo Alcalde de Ames co detalle das actuacións e os importes (incluíodo o complementario)

Que os procedementos administrativos son lentos é sabido, pero que o goberno tripartito de Ames, no ano e medio que leva de mandato, non executara ningún dos proxectos e actuacións aprobadas, fala por si só da xestión deste goberno.

Do Plan de Acción Social correspondente ao ano 2015 con unha dotación económica de 867.963 € (complementario incluído) aprobado no pleno de decembro de 2015, non se executou nin un céntimo. Neste plan hai actuacións como proxectos de accesibilidade a edificios públicos, parques biosaudables, saneamentos para Portanxil e Ventosa etc.

Do Plan de Obras e Servizos da deputación tamén aprobado nese mesmo pleno, con un importe de 775.195 (complementario incluído), tampouco se executou absolutamente nada. A conclusión é clara, o balance do goberno tripartito neste ano e medio non pode ser máis pobre, un balance de cero euros en execución e de cero en xestión.

Dende Pacto X Ames vimos chamando a atención sobre a situación na que se atopa o concello porque neste ano e medio, o goberno tripartito non foi capaz de sacar uns orzamentos que levan prorrogados dende o 2012, sacouse de enriba os servizos máis importantes prorrogando ou practicando a lei do mínimo esforzo como é o caso da limpeza viaria, o ciclo integral da auga, a recollida do lixo, as escolas deportivas ou os obradoiros culturais. Políticas todas elas que son continuación de tempos pasados que parece que volven outra vez.

A parte do desánimo que provoca na veciñanza, o retraso nestes proxectos provoca danos considerables debido á demora como a entrada en funcionamento de servizos fundamentais como o saneamento, ou a utilización do novo chan para o pavillón de Bertamirán (urxe o cambio polas lesións que está provocando o chan que ten nestes momentos), as tan desexadas gradas do campo de fútbol do Milladoiro (neste campo non hai onde abrigarse cando chove) ou a solución aos problemas de accesibilidade que teñen algunhas persoas para acceder aos edificios públicos do concello,.

Outra cuestión a ter en conta é que se perdeu a ocasión de acometer estas actuación na época do bo tempo, e que de acometerse no inverno, algunhas destas poderían ser realizadas de forma deficiente.

 

O goberno tripartito non pode cos grandes temas do Concello

Un pleno sen contido, con informe sorpresa sobre a limpeza viaria, sirve para deixar claro que o goberno tripartito non pode cos grandes temas como a RPT e os presupostos. O pleno prorroga o contrato da limpeza sen saber o que vai pagar o concello. O tripartito pretende adxudicar a dedo o servizo de lacería e canceira coa desculpa de que non teñen tempo a licitar o servizo, cando na oposición xa sabían os prazos de vencimiento. Pacto x Ames, a proposta dos veciños de Ames retornados de Venezuela e afectados pola falta de pagamento das súas pensións por parte do Goberno Bolivariano, presentou unha iniciativa que foi aprobada por unanimidade

O pleno do mes de setembro deixou claro que o goberno tripartito non é capaz de sacar a diante os grandes temas do concello e non ten capacidade para licitar os servizos fundamentais, limítase a poñer parches. Así leva acontecendo con:
* Presuposto prorrogado dende o 2012
* Ciclo integral da auga (licitado soamente por 2 anos coa posibilidade de 2 anos máis)
* Escolas deportivas
* Limpeza Viaria
* Recollida do lixo coa Mancomunidade Serra do Barbanza
Despois de case ano e medio de goberno, o tripartito non foi quén de sacar adiante uns novos orzamentos que (prorrogados dende o ano 2012).
Non é capaz de resolver o embrollo que eles mesmos crearon cunha RPT que non hai por onde coller e que Pacto x Ames emendou na súa totalidade, levan un enorme retraso na xestión das obras do Plan de Obras e Servizos da Deputación, fracasaron no intento de implantar unhas “novas” escolas deportivas por falta de consenso, en definitiva, teñen sen concretar como resolverán os grandes temas que afectan ao noso concello porque carecen de un plan para o rural, teñen esquecido ao Milladoiro e a Bertamiráns e simplemente se limitan a facer unha política continuista, agarrotada pola falta de presupostos adaptados ao ano 2016.
O máis preocupante é que estamos no último trimestre do ano e non hai visos de contar tampouco cuns orzamentos para o ano 2017, o quinto ano consecutivo cons orzamentos prorrogados.
O tripartito tamén pretende adxudicar a dedo, como acontecera cos obradoiros culturais, o servizo de lacería e canceira que dende febreiro de 2013 presta Servigal e que está próximo ao seu vencemento.
O punto da orde do día relativo a firma de unha prórroga, por un ano, da limpeza viaria, tampouco estaba nada claro e concretado. Este punto tiña eivas en materia económica, tal foi o caso que o goberno, recordando tempos pasados, entregou a oposición, un informe “sorpresa” de intervención 10 minutos antes de comezar o pleno.
Neste informe deixábase constancia da ausencia de unha valoración económica que permitira acordar e fixar a cota mensual que o concello tería que pagar en función da amortización do material que pasará a ser propiedade do concello e o novo que se comprou. Loxicamente, esta valoración é favorable ao concello, pero o goberno tripartito, á pregunta do voceiro de PxA, non foi capaz de concretar a cantidade real, cuestión polo que os concelleiros de Pacto x Ames abstivéronse.
En concreto o informe di claramente que “Considérase preciso recoller este aspecto no documento administrativo en que se formalice a prórroga do contrato. Así como o cumprimento das melloras ofertadas pola empresa, de forma que si as mesmas se atopasen pendentes, deberán recollerse no documento de formalización para o seu cumprimento no ano de prórroga que se pretende acordar”
Na conclusión, o informe advirte claramente:
“En consecuencia, emítese informe favorable a súa aprobación coas observacións recollidas no apartado anterior deste informe”
Dende Pacto X Ames consideramos que non é de recibo presentar un informe dez minutos antes do pleno sen que o goberno saiba cales son as cantidades que o concello ten que aportar. De aí a abstención.
Os veciños de Ames afectados polo impago das pensións do Goberno de Venezuela incumprindo o acordo bilateral firmado entre España e Venezuela, acudiron a Pacto x Ames par que se presentara ante o pleno, unha proposta na que se solicitaba tanto ao goberno do estado como ao consulado de Venezuela en Vigo, que premeran para solucionar canto antes un grave problema que está provocando que moitas familias estean pasando graves dificultades ó seren estes ingresos os únicos para o sustento familiar. De igual xeito, os afectados por este problema, reclaman máis atención a un problema “que está sendo silenciado”. A proposta foi aprobada por unanimidade.

Solicitamos a Xunta Local de Seguridade

Botellón e actos vandálicos no cemiterio de Biduído que provocaron diversos danos no camposanto. Festas sen a debida protección nas zonas de influenza da Garda Civil do Milladoiro o cuartel minguado de efectivos e pechado, ese segue sendo o panorama en Ames e arredores. O tripartito segue sen tomar en serio os problemas de seguridade e non convoca a Xunta Local de Seguridade. Son coñecedores destes e outros actos delituosos (que non se fan públicos) e non toman as medidas mínimas necesarias. Pacto X Ames solicita de novo publicamente, que se convoque a Xunta Local de Seguridade porque a situación é a mesma que dende o 15 de novembro, a última celebrada onde se fixeron promesas que, unha vez máis non se cumpren.

Pacto X Ames tivo coñecemento, a través dos veciños de Biduído, do acontecido no cemiterio desta parroquia a semana do 18 de setembro, data na que entraron a facer botellón no campo santo provocando actos vandálicos que supuxeron roturas e danos nas instalacións.
Estas non foron as únicas incidencias que se produciron en materia de seguridade no noso concello e nos concellos limítrofes que forman parte da área de influenza do posto principal da Garda Civil do Milladoiro, xa que a Garda Civil de Lestedo tivo que prestar a súa colaboración para diversas intervencións que Xurdiron debido a carencia de efectivos en Ames e Brión.
O goberno tripartito de Ames segue sen tomarse en serio a seguridade a pesares das queixas reiteradas de particulares, asociacións e outros colectivos. Pasa de puntillas sobre este tema e sáltase os prazos para convocar a Xunta Local de Seguridade, xa hai máis de catro meses que tiña que estar convocada para facer o seguimento, tal e como está regulado. PxA leva tres anos con esta reivindicación.
Soamente Pacto X Ames está facendo un seguimento pormenorizado da situación, situación que é totalmente inxustificable e incompresible xa que o compromiso dos 35 efectivos, (xa de por si totalmente escasos para un posto principal como o do Milladoiro) segue sen cumprirse debido as baixas, e a outras cuestións de índole organizativo.
Segundo puido saber PxA, o nivel de efectivos dispoñibles está por debaixo dos 29 e o Posto Principal da Garda Civil do Milladoiro segue pechando as portas pola falta dos mesmos.
PxA recorda que outros postos similares, incluso con menos extensión e poboación (como Boiro) teñen no seu posto principal 50 efectivos, moi lonxe do que agora hai no Milladoiro que atende, Ames, Brión, Teo, Vedra e Boqueixón.
Dende PxA vólvese a solicitar a convocatoria da Xunta Local de Seguridade de forma inmediata, xa que a última foi o día 15 de novembro de 2015, esta convocatoria leva máis de catro mes de retraso (deberá facerse cada 6 meses segundo está regulado). Unha mostra máis da pouca preocupación do tripartito nun tema tán delicado como é a seguridade.

Arranxo do peche perimetral da Escola de Covas

O goberno tripartito de Ames mostra a súa desidia coa Escola Unitaria de Covas un curso máis. Xa son 9 meses esperando para acondicionar o peche perimetral. O peche perimetral é un perigo para os nenos e nenas que a diario utilizan ás instalacións. Pacto X Ames leva 1 ano reclamando o acondicionamento tanto nos plenos como no Rexistro Xeral mediante escrito. O tripartito defendía con vehemencia as Unitarias na oposición e agora que goberna e teñen a delegación de educación, esquécese delas.

Un curso máis, o goberno tripartito de Ames segue sen solucionar a grave situación de seguridade na que se atopa a Escola Unitaria de Covas. Case un ano despois de que PxA presentara por rexistro o escrito solicitando esta actuación debido ao perigo que supón para o alumnado.
O estado do peche perimetral da Escola Unitaria de Covas encóntrase nun estado lamentable, tal e como se aprecia nas fotos adxuntas. O peche de arame está moi baixo, desencaixado, oxidado e con grandes ocos pon onde se pode colar un rapaz, de forma accidental ou de forma voluntaria, podendo provocar un accidente.
Ignorar o mantemento dunha das mellores Escolas Unitarias da comarca como é a de Covas, ademais de ser unha irresponsabilidade, é utilizar a dobre moral xa que o tripartito, en particular o BNG, cando estaba na oposición defendía con vehemencia as unitarias e agora que ten responsabilidades de goberno, esquécese delas.
Ante as reiteradas preguntas feitas polos concelleiros de PxA nos diversos plenos celebrados durante este último ano, David Santomil, concelleiro do BNG responsable de Educación, comprometeuse a arranxar estas deficiencias incumprindo a súa palabra mes tras mes.
A política de Educación do Concello de Ames poderíase definir como de “publicidade, propaganda e relacións públicas” porque ata o de agora ten un pobre bagaxe, limitouse a darlle a dedo aos seus amigos a xestión dos obradoiros culturais municipais e beneficiar aos seus correlixionarios, ademais de non contemplar a bonificación familiar poñendo nos 17 anos o listón de prezo máis baixo.
Dende Pacto X Ames xa se presentara un escrito o pasado 17 de xaneiro advertindo na situación na que se atopa a esta Escola pero o tripartito nin caso fixo, e logo presumen de que defenden as Escolas Unitarias.

LOTERÍA DE NADAL

O portador xoga a cantidade de CINCO EUROS, ao Nº: 90.707, do sorteo que se celebrará en Madrid, o día 22 de Decembro de 2016. Si estás interesado ponte en contacto con nós ou con calquer membro do Comité Executivo de Pacto x Ames. Sorte !!!

PxA critica o abandono do rural amiense

O rural de Ames segue abandonado despois de un ano de goberno tripartito. Os veciños están indignados e queixáronse do trato recibido polo goberno. O estado do Cruceiro e do Pilón de Tarrío e a falta de limpeza e mantemento das cunetas de Buceleiras , na parroquia de Bugallido, son cuestións que están pendentes dende hai anos. En Biduído o que máis preocupa é o estado de abandono pola falla de atención e mantemento nos últimos anos, indigna aos veciños porque ademais, non lles dan resposta dende o goberno.

Cando xa pasou máis de un ano de goberno tripartito en Ames, Pacto X Ames volve a visitar cos veciños as parroquias e volvese a comprobar como as cousas no rural seguen igual que no mandato anterior ou nalgúns casos, aínda peor. Así cualificaron os veciños de Buceleiras e Tarrío, na parroquia de Bugallido e os veciños de Biduído na reunión anual que mantiveron cos representantes de Pacto X Ames.

Os veciños de Tarrío, mostraron a súa preocupación polo estado do cruceiro, un dos poucos elementos que forman parte do patrimonio etnográfico desta zona. Este cruceiro dende hai máis de 2 anos está roto, e os seus restos foron recollidos pola brigada de obras do concello na espera de que o concelleiro de Cultura, o Nacionalista David Santomil, dea a orden de restauración.

A pesar das numerosas ocasións nas que se reclamou o arranxo deste ben patrimonial, tanto polos veciños como dende PxA, a día de hoxe segue sen repararse e o estado do cruceiro segue sendo o mesmo, cheo de maleza e cos cables tocando a cruz con risco de outra rotura. (Achéganse fotos)

Tamén en Tarrío, outra das preocupacións é o estado do Pilón, con roturas tanto nos muros como no teito que supoñen un perigo de derrube. A falta de mantemento é visible e os veciños alertan da súa perigosidade. (Achéganse fotos).

Os veciños de Buceleiras, tamén en Bugallido, quéixanse da falla de mantemento da súa zona e de que as cunetas e estradas non se limpan. “Temos que ser nos os que limpemos ás nosas zonas para que a maleza non invada as estradas e poder pasar cos coches”. De igual xeito, facían unha queixa/advertencia porque “si non se fai a limpeza na época de bo tempo, logo no inverno volverán a repetirse as inundacións”.

Na parroquia de Biduído as queixas eran moi similares as anteriores, sumando a que hai beirarrúas ateigadas de maleza e da perigosidade dalgún tramo de beirarrúa que non ten baranda, podendo provocar caídas a distinto nivel, tendo en conta que é unha zona de frecuentes paseo por parte de persoas maiores e tamén dos cativos.

Unha queixa xeneralizada en todas as parroquias que os membros de Pacto X Ames recollemos, e que elevaremos ao goberno, é a falla de atención do tripartito porque non están facendo caso ás demandas do rural e das parroquias, tanto nos escritos presentados como das chamadas por teléfono que realizan ao concello.

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE AMES

O Alcalde de Ames, José Miñones, prorroga 1 ano máis a concesión das escolas deportivas a Eulen. Cando estaba na oposición reprobou duramente a xestión de Eulen cualificando a adxudicación na web do PSOE de Ames en xaneiro de 2014 como “estafa” aos amienses. O prezo das escolas deportivas sobe entre un 185% e un 234% segundo sexan maior ou menor de 18 anos, pretende facer da xestión unha mestura entre municipal e conveniada con 7 clubs do concello. Suprimen tamén as bonificacións para os irmáns, agora terán que pagar a cantidade total cando antes había un desconto do 50% no segundo e case do 75% no terceiro e sucesivos

En pouco máis de un ano de goberno o tripartito pasou de promover a reprobación da anterior concelleira de deportes, a ser o máximo valedor da empresa Eulen, a concesionaria das escolas deportivas de Ames. Ese ó o viraxe de 180 grados que o alcalde socialista, José Miñones, realizou en pouco máis de un ano de goberno.

Na páxina web dos socialistas de Ames en Xaneiro de 2014 titularon textualmente “Cualifican de estafa aos amienses a adxudicación das escolas deportivas municipaisPacto X Ames considera unha absoluta falta de respecto as persoas de Ames a actuación inmoral do goberno tripartito que dicía unha cousa na oposición e agora fai a contraria.

Ademais, o goberno tripartito, sobe os prezo das escolas deportivas entre un 185% e un 234% segundo sexan maior ou menor de 18 anos. No apartado económico tamén é especialmente rechamante ver como o Alcalde Miñones, cando estaba na oposición, criticaba duramente o aumento de prezos das escolas deportivas así como a xestión de Eulen e agora son eles os que eleva entre un 185% e un 234% o prezo.

Cando estaban na oposición foron os promotores da reprobación á anterior concelleira pola deficiente xestión de Eulen ao fronte das escolas deportivas e como consecuencia Eulen foi sancionada con 4.500€ e agora o tripartito convertese no seu máximo valedor prorrogando 1 ano máis a concesión a esta empresa.

A falta de ética política queda de manifesto tanto por parte do tripartito como do actual alcalde de Ames José Miñones, xa que fan todo o contrario do que prometeron na oposición, onde criticaron duramente a subida de 16 a 32€ e agora elevan os prezos entre un 185% e un 234% segundo sexas maior ou menor de 18 anos (75€ ou 60€ respectivamente), o que demostra que unha cousa é predicar e outra ben distinta, dar trigo.

Pacto X Ames considera que o goberno tripartito está perdendo o rumbo nos últimos tempos. Prometeron a municipalización dos servizos como a xestión do saneamento e abastecemento, a limpeza viaria e fixeron todo o contrario.

Prometeron uns orzamentos con participación cidadá e co máximo consenso entre os grupos municipais e fixeron todo o contrario, e aínda non foron capaces de sacalos adiante.

Prometeron o máximo consenso nas decisións importantes que afectaran ao concello aprobando unha RPT sen consenso dos sindicatos, sen consenso dos grupos políticos e suprimindo postos de traballo á vez que crean unha praza máis de arquitecto e unha habilitación nacional, cun custe de 60.000€ ao ano.

A nova xestión das escolas deportivas proposta por Miñones será unha mestura complexa de xestionar xa que, por un lado convenia con 7 clubs e por outro segue a xestión do concello.

Por se isto foran poucos despropósitos, tamén anulan as bonificacións ao segundo fillo e terceiro e sucesivos. Cando antes o segundo fillo pagaba case a metade e o terceiro e sucesivos o 75% menos, agora fan táboa rasa e pagan todos os membros a mesma cantidade, salvo as familias numerosas que teñen unha pequena bonificación.

ARRANXO DO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL DE AGRÓN

O campo de fútbol do Agrón encóntrase en pésimo estado dende fai máis de 5 anos, nin os anteriores gobernos nin o goberno Tripartito mostran un mínimo de interese. O campo fíxose no ano 1991. Pacto X Ames solicitará no pleno de xullo, con carácter de urxencia, que se arranxe co fin de que poidan empezar a pre temporada a principios de agosto e non teña que volver a Negreira como nos últimos 5 anos.

A sensibilidade mostrada pola promoción do deporte, sobre todo no rural, por parte do goberno tripartito de Ames é a mesma que mostraron os gobernos que os precederon anteriormente, ningunha.

Pacto X Ames levará ao pleno deste mes de xuño unha proposta de urxencia para arranxar o campo de fútbol do Agrón co fin de que poidan empezar a pre temporada en terceira autonómica, a principios de agosto, os 25 xogadores que forman parte deste equipo.

O Agrón leva xogando en Negreira dende fai 5 anos debido ao pésimo estado no que se atopa esta instalación. O campo foi construído en 1991, ano no que se fundou o club.

PxA xa solicitara no anterior mandato que se puxeran os medios necesarios para que un dos poucos equipos que quedan no noso concello do rural, puidera xogar na súa casa e non tivera que “emigrar” ao concello veciño de Negreira que os leva acollendo dende hai 5 anos e onde lle están dando todas as facilidades, ao contrario do que acontece en Ames, o seu concello.

O Agrón é un dos poucos equipos representativos das parroquias que aínda sobreviven (a maioría xa desapareceron), e, aos esforzos persoais e colectivos que fan dende a directiva na busca de recursos para poder saír a competir cada ano, hai que sumar a falla de colaboración dos últimos gobernos de Ames que debido a súa inacción e falta de preocupación polo deporte, poñen en risco a este club, que de non ser polas facilidades mostadas dende o concello de Negreira, probablemente non tiveran un campo onde xogar.

E curioso escoitar moitas veces queixarse da falla de instalacións no concello de Ames e observar como as que hai, abandónanse sabendo que os clubs, unha vez arranxadas, están dispostos a realizar o mantemento sen máis interese que conservar o equipo da súa parroquia.

O de Agrón no é o único campo abandonado, están na mesma situación o campo do Ortoño, de Aldea Nova, Castiñeiro do Lobo ou o de Biduído (aínda que en menor medida).

Nas fotografías seguintes, pódese apreciar cal é o estado lamentable deste campo de fútbol, impracticable dende hai 5 anos; de non poñer os medios oportunos o seu estado será irreversible.

A RPT abre a porta a conflictos xurídicos

A RPT aprobada polo tripartito co consentimento de PP e Ames Novo, abre unha porta a conflitos xurídicos sen precedentes no municipalismo galego que podería supoñer miles de euros para ás arcas públicas de Ames. Incumpre gravemente preceptos aprobados no ano 2007 no apartado 5 “A racionalización da asignación de complementos retributivos”, no que se garanten dereitos que o goberno tripartito agora suprime. Privatizan de facto a EMMA e a Brigada de Obras. Neste documento o tripartito suprimen e crea prazas ao seu antollo que poden provocar o caos económico e organizativo. Pacto x Ames foi o único partido que advertiu desto e por iso votou en contra deste documento politicamente arbitrario

As danos colaterais provocados pola aprobación da RPT no pleno de Xuño seguen saíndo a luz a medida que vai pasando o tempo, así á supresión total da RPT das prazas do vixiante de obras ou o conserxe de Bentín, a de varios postos de técnicos de diversos departamentos como contratación e secretaría e a amortización de dous postos da Brigada Municipal de Obras para poder crear unha praza de adxunto á Secretaría, hai que sumar a supresión de todas as prazas da EMMA (Escola Municipal de Música de Ames) ou o grave problema das Bibliotecas Municipais que está provocando que durante 3 días á semana non haxa persoal para o préstamo e recollida de libros.

De igual xeito no servizo das bibliotecas (obrigatorio por lei), os efectos colaterais da entrada en vigor da RPT está provocando unha mistura de inquietude e malestar no persoal que atende este servizo.

O goberno tripartito tamén está incumprindo gravemente o precepto da RPT do ano 2007 que fai referencia a Racionalización da asignación de complementos retributivos, ao prexudicar gravemente, al menos, a dous traballadores do concello que suporalles unha merma no seu salario de entre 1200 a 1700 euros ao ano. O precepto que están incumprindo gravemente menciona literalmente que:

  • No obstante, a RPT garantirá o mantemento do nivel retributivo de todos los traballadores do Concello de Ames. Así, no suposto de que as retribucións dun posto de traballo (o complemento de destino ou o complemento específico) sufran unha minoración como consecuencia da aprobación da RPT, asignaráselle ó traballador que o veña ocupando un Complemento persoal Transitorio (CPT) nos termo que prevé a Disposición Transitoria Décima da LMRFP.

É particularmente rechamante a creación dunha nova praza de Arquitecto para o departamento de urbanismo, cando menos falta fai debido a situación urbanística actual, ou a amortización de dúas prazas da Brigada Municipal de Obras para contratar un Habilitado Nacional como Adxunto á Secretaría Xeral cun custe de máis de 60.000 € anuais.

Un Tripartito que lonxe de cumprir os seus compromisos electorais, con esta RPT privatiza de facto a Brigada Municipal e a EMMA (Escola Municipal de Música de Ames)

Estas e outras cuestións van a provocar que moitos traballadores do concello recorran a vía xudicial para reclamar os seus dereitos e/ou repoñer as súas funcións, cuestión esta que de prosperar, podería causar un grave prexuízo económico e organizativo ao concello de Ames motivado polos antollos dun goberno tripartito que non foi capaz de negociar a RPT cos grupos políticos, que foi metida a calzador e que quedou moi lonxe de ter un respaldo unánime dos representantes dos traballadores xa que o CSIF votou en contra e CC.OO. abstívose.

Pacto X Ames fará balance do primeiro ano de goberno tripartito

Pacto X Ames fará balance do primeiro ano de goberno tripartito, no que se renuncia á municipalización de servizos, soben impostos, esquécense do Milladoiro e do rural e a participación veciñal brilla pola súa ausencia.

Pacto X Ames fará balance do primeiro ano de goberno tripartito, no que se renuncia á municipalización de servizos, soben impostos, esquécense do Milladoiro e do rural e a participación veciñal brilla pola súa ausencia.

PxA presentou 12 mocións, 42 escritos e máis de 200 rogos e preguntas relacionadas exclusivamente con Ames e critican que o resto da oposición “perdera” o tempo en cuestións supra municipais que pouco ou nada inflúen e Ames.

Os primeiros presupostos que presenta o tripartito son decepcionantes, soben os impostos en 644.000 €, baixan os investimentos en máis de 400.000€ e o tripartito restrinxe o marxe de negociación a un escaso 6% dos presupostos.

Como cada ano, o Grupo Municipal e Comité Executivo de Pacto x Ames, comenzará unha rolda de visitas as diferentes parroquias do noso Concello.

LISTADO REUNIÓNS:

LUNS 11 XULLO: LOCAL SOCIAL DE AGRÓN - 21:00 H

MARTES 12 XULLO: LOCAL SOCIAL DE BIDUÍDO - 21:00 H

XOVES14 XULLO: LOCAL A TARROEIRA (Ortoño) - 21:00 H

VENRES 15 XULLO: LOCAL SOCIAL PIÑEIRO - 21:00 H

LUNS 18 XULLO: TELECLUB LENS - 21:00 H

MARTES 19 XULLO: LOCAL SOCIAL DE BUGALLIDO - 21:00 H

MÉRCORES 20 XULLO: LOCAL SOCIAL DE AMEIXENDA - 21:00 H

XOVES 21 XULLO: LOCAL SOCIAL DE TAPIA - 21:00 H

MARTES 26 XULLO: LOCAL SOCIAL AGUAPESADA - 21:00 H

MÉRCORES 27 XULLO: LOCAL SOCIAL TRASMONTE - 21:00 H

** PARROQUIA DE COVAS - POR CONFIRMAR FECHA (Principios de Agosto 2016)

Pacto x Ames, único partido que votou en contra da RPT

Pacto X Ames foi o único partido que votou en contra de unha RPT que crea outro posto de Habilitación Nacional como é o de Adxunto a Secretaría Xeral e outro Arquitecto para Urbanismo mentres que amortizan, al menos, dous postos da Brigada Municipal. Unha RPT que xa causa os primeiros danos colaterais na súa aplicación relevando ao conserxe de Ventín e o Vixiante de Obras. Nin sequera contempla á administración electrónica. Unha RPT que regula todo o contrario do que prometeron Podemos, BNG e PSOE xa que en vez de promover o emprego público, privatizan servizos , reducen a Brigada Municipal e suprimen numerosos postos de traballo.

Pacto X Ames volve a demostra que é o único partido que coñece a realidade de Ames, por iso foi o único partido que votou en contra da aprobación dunha RPT que está moi lonxe do que necesita o Concello de Ames. Crea unha praza de Habilitado Nacional con un custo superior aos 60.000 euros ao ano como é o Adxunto a Secretaría Xeral en detrimento de dous postos da Brigada Municipal pola súa amortización.

O PP e o partido de Pilar Candocia son cómplices da aprobación deste documento o absterse para “non mollarse” a pesares das numerosas criticas a RPT. E curioso, ou non coñecen o documento que permitiron aprobar ou practican a política de “A Deus rogando e co mazo dando”. Permiten que se aprobe a RPT e agora condenan que saquen ao conserxe de Ventín. Terán que explicar como apoian unha cousa e a contraria ao mesmo tempo.

Pacto X Ames fixo un relatorio de motivos polos que non se debería aprobar a nova relación de postos de traballo proposta polo tripartito, de feito, os danos colaterais xa se están producindo tal é como é o caso do Conserxe de Ventín e tamén do vixiante de obras. Non serán os únicos.

No mesmo documento tamén se contempla a creación dunha praza para outro Arquitecto e suprimen o Vixiante de Obras. O que significa que o urbanismo e os servizos de Secretaría Xeral vanse a burocratizar aínda máis co conseguinte aumento do custe económico.

A RPT tampouco contempla unha soa medida para poñer en marcha a Administración Electrónica tal e como obrigará a lexislación a partir do próximo outubro deste ano. De igual xeito, as primeiras consecuencias desta aprobación xa se están producindo, neste caso na supresión do posto de Conserxe do colexio de Ventín que ocupaba unha persoa dende hai 5 anos e que o concelleiro do BNG, David Santomil, pretende que regrese á Brigada de Obras cando falta pouco máis que un ano para que se xubile.

Un caso similar é a supresión do posto de Vixilante de Obras, tamén a persoa que realiza estes traballos terá que volver ao seu anterior posto na brigada.

Unha RPT que o goberno tripartito vende como puntual cando a realidade é un documento definitivo e que levará consigo a toma de decisión complicadas así como posibles causas xurídicas que poderían ter graves consecuencias para o concello e da que avisou no pleno do pasado Xoves.

A pesar de todo o prometido polo PSOE, PODEMOS e BNG na súa intención de velar polo público e das municipalizacións, o tempo está retratando cales son ás verdadeiras actuacións dun goberno que fai o contrario do que propoñía. Pretendían municipalizar todo e a realidade demostra que non municipalizan absolutamente nada, en moitos casos porque como xa dixera PxA no é viable, os feitos así o demostran.

A Brigada de Obras se está desmantelando, os servizos públicos os seguen privatizando (auga, recadación, limpeza, servizos complementarios etc.).

É non conforme con isto, agora engordan á administración xeral creando postos que, ata o de agora non foron necesarios como o de Habilitado Nacional Adxunto á Secretaría Xeral ou o novo posto de arquitecto para urbanismo e que teñen un custe anual que roldará os 60.000 euros cada un.

Chama á atención que nos mellores anos do crecemento urbanístico non fixeron falta estes postos, e agora o tripartito decide crealos en detrimento de al menos, dous postos na Brigada de Obras.

 

SITUACIÓN DO CENTRO DE SAÚDE DO MILLADOIRO

O centro de saúde do Milladoiro é como o Guadiana, aparece e desaparece segundo haxa ou non procesos electorais, de aí que Pacto X Ames solicite información mediante escrito no Rexistro Xeral. Hai informacións contraditorias, por un lado din que hai un convenio, que a oposición non coñece, que hai parcela dispoñible e por outro non definen cal, nin se hai prazos e investimento previsto.

Este é o motivo polo que Pacto X Ames acaba de solicitar mediante rexistro de entrada no concello nº 6876, información sobre a tan ansiada dotación sanitaria. No escrito solicítase copia do convenio que a Consellería e o Concello de Ames están a mencionar, xa que, entre as declaracións da Consellería e as do Goberno Tripartito hai diversas contradicións que serían necesario aclarar e que a oposición descoñece

En canto a problemática da parcela dispoñible, Pacto X Ames require información sobre cal é a situación xurídica da parcela do S-15 (xa que está incursa nun procedemento xudicial) así como si o goberno de Ames está en condicións de garantir que esa parcela cumpre os requisitos para ser destinada para o novo centro de saúde.

Por outro lado, PxA tamén pide información sobre si hai alternativa á parcela do S-15 en caso de que a situación xurídica non estea aínda clarexada, porque nestes momentos o Milladoiro conta con terreo suficiente para a construción desta dotación sanitaria a raíz da modificación puntual que se fixera o ano 2012 no S-16 en conxunto coa do S-14.

No escrito presentado no Rexistro Xeral, solicitase resposta aos prazos previstos de execución así como o orzamento previsto pola Consellería de Sanidade.

O centro de saúde do Milladoiro leva sendo unha promesa dende xaneiro de 2005 cando se anunciara a súa construción por parte do alcalde, tamén socialista, do concello de Ames e na que o resto das administracións non están exentas de responsabilidade

PxA SOLICITA A CONVOCATORA DA XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE

A seguridade non é prioritaria para o goberno tripartito de Ames. Pasan de puntillas e non se ocupan dun tema desta importancia. PxA leva tres anos con esta reivindicación. Unicamente Pacto X Ames fai un seguimento serio da precaria situación na que se encontra o cuartel da Garda Civil. Volverase a recorrer á Valedora do Pobo no caso de que non haxa progresos. Pacto X Ames solicita de novo e publicamente, que se convoque a Xunta Local de Seguridade porque a situación é practicamente a mesma que dende o 15 de novembro, a última celebrada.

O goberno tripartito de Ames non se está tomando en serio a seguridade a pesares das queixas reiteradas de asociacións e outros colectivos. Pasa de puntillas sobre este tema e sáltase os prazos para convocar a Xunta Local de Seguridade, xa hai máis de un mes que tiña que estar convocada para facer o seguimento tal e como está regulado. PxA leva tres anos con esta reivindicación.

Soamente Pacto X Ames está facendo un seguimento pormenorizado da situación, situación que é totalmente inxustificable e incompresible xa que o compromiso dos 35 efectivos, (xa de por si totalmente escasos para un posto principal como o do Milladoiro) segue sen cumprirse debido as baixas, e a outras cuestións de índole organizativo. Segundo puido saber PxA, o nivel de efectivos dispoñibles está por debaixo dos 29.

PxA recorda que outros postos similares, incluso con menos extensión e poboación (como Boiro) teñen no seu posto principal 50 efectivos, moi lonxe do que agora hai no Milladoiro que atende, Ames, Brión, Teo, Vedra e Boqueixón.

No caso de que non se produzan cambios nun prazo razoable de tempo, PxA pedirá amparo á Valedora do Pobo para reverter esta situación (tal e como se fixo coa negativa de Audasa de sinalizar Ames) para poñer os medios mínimos necesarios e dotar ás persoas que viven e traballan en Ames da seguridade que se merecen, sen descartar a posibilidade de retomar a petición de implantación da Policía Nacional.

Dende PxA vólvese a solicitar a convocatoria da Xunta Local de Seguridade de forma inmediata, xa que a última foi o día 15 de novembro de 2015 que leva máis de 1 mes de retraso á convocatoria que deberá facerse cada 6 meses, segundo está regulado. Unha mostra máis da pouca preocupación do tripartito nun tema tán delicado como é a seguridade.

TRIPARTITO, UN ANO DE XESTIÓN, "UNHA COUSA É PREDICAR E OUTRA DAR TRIGO"

Pacto por Ames fai balance do ano de goberno tripartito e analiza os orzamentos que propón o novo goberno.

Pacto X Ames fai balance do primeiro ano de goberno tripartito, no que se renuncia á municipalización de servizos, soben impostos, esquécense do Milladoiro e do rural e a participación veciñal brilla pola súa ausencia.

PxA presentou 12 mocións, 42 escritos e máis de 200 rogos e preguntas relacionadas exclusivamente con Ames e critican que o resto da oposición “perdera” o tempo en cuestións supra municipais que pouco ou nada inflúen e Ames.

Os primeiros presupostos que presenta o tripartito son decepcionantes, soben os impostos en 644.000 €, baixan os investimentos en máis de 400.000€ e o tripartito restrinxe o marxe de negociación a un escaso 6% dos presupostos. Os Servizos Sociais son continuistas e a promoción económica e turismo están atascados.

FAI CLIC AQUÍ PARA VER O RESUMO DO ANO E O ANÁLISE DOS ORZAMENTOS QUE PROPÓN O GOBERNO TRIPARTITO

ORZAMENTOS E BALANCE ANUAL

O Martes, 14 de Xuño de 2016, os membros de Pacto x Ames(PxA), celebran unha rolda de prensa sobre os Orzamentos 2016 e un Balance Anual do goberno local. A rolda de prensa, será ás 11:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Ames

O Martes, 14 de Xuño de 2016, os membros de Pacto x Ames(PxA), celebran unha rolda de prensa sobre os Orzamentos 2016 e un Balance Anual.

DÍA: Martes, 14 de Xuño de 2016

HORA: 11:30 h.

LUGAR: Salón de Plenos do Concello de Ames

TEMA: Orzamentos e Balance Anual

CUESTIÓNS RELACIONADAS CO CONCELLO DE AMES

Pacto X Ames felicita ao goberno por levar a cabo a moción que se presentara o pasado mes de abril para poñer en valor o patrimonio arqueolóxico de Ames, aínda que chama a atención que censuren o punto primeiro e logo o publicitan como propio. De igual xeito, PxA cualifica de postureo a actitude goberno tripartito por presumir dunhas obras que votaron en contra en novembro de 2014. Unha cousa similar ocorre coa visita de membros do goberno tripartito á parroquia de Bugallido para “vender” á opinión pública o acondicionamento de Outeiro (Bugallido) con Costoia (Biduído) ) ata o termo municipal de Santiago. Estes traballos que foron sufragados a través do Plan Provincial de Obras e Servizos de 2015, tiveron un custo de case 100.000 euros e o actual Alcalde socialista, daquela na oposición, votou en contra no pleno de Plan de Obras e Servizos en novembro de 2014.

Que se cumpran as propostas que Pacto X Ames presenta nos plenos, é unha virtude da que poucos gobernos poden presumir, a cuestión que chama a atención é que o tripartito de Ames cumpre as propostas dándolle publicidade como se foran propias, cando en realidade non é así, si ademais censuran o punto primeiro da proposta e logo as “venden” como novidade, entón, a virtude tórnase en postureo impropio.

Pacto X Ames presentou o pasado mes de abril unha proposta na que se solicitaba no punto primeiro

  • Instar o Goberno Municipal a realizar ás actuación necesaria para acometer a modificación da actual Ficha Patrimonial do PXOM para incluír a localización exacta deste conxunto de xacementos descritos, e para elo, entendemos, cabe iniciar esta labor cuns traballos previos de limpeza do entorno dos xacementos.

Este punto foi censurado e retirado polo goberno como condición para aprobar a moción, cuestión aceptada dende PxA co fin de que saíra aprobada, cal é a sorpresa cando case que despois de 2 meses, o goberno tripartito a publicita como propia e sen ter o mínimo detalle de mencionar ao PxA como grupo municipal que presentou a proposta ao pleno.

A perplexidade foi a máis cando se “vende” como propia o resto da proposta aprobada no pleno, en concreto:

  • Instar a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia a Creación dunha Área Arqueolóxica de Interese Socio-Cultural e facer as actuacións necesarias para acadar unha Protección axeitada a esta zona de xacementos no contorno natural-cultural que o rodea, establecendo unha “Área de Protección”, inexistente na actualidade, e unha nova “Área de Cautela” axeitada.

  • Instar á Xunta de Galicia á:

    1. Creación dunha Ruta que permita a veciños, peregrinos, estudosos, e cidadanía en xeral a visita e coñecemento desta riqueza de Arte Rupestre que Ames pode ofrecer e que na actualidade é inaccesible.

    1. Colocación dun sistema se sinalización de indicación vertical para accesos e explicativo “in situ”, elaboración de mapas de comunicación aumentativa para persoas con diversidade e dificultades funcionais así como para estranxeiros.

 

    1. Planificación e Creación conxunta co Goberno Municipal dunhas “xornadas” de visitas guiadas con persoal profesional cualificado durante, a lo menos, períodos de Primavera e Verán. Cómpre considerar que esta zona arqueolóxica está a beira do Camiño de Fisterra polo que se deberá ter en conta a Universalidade e o Multilingüismo.

 

  • Instar ao Goberno Municipal de Santiago de Compostela para manter unha reunión para achegar posturas de colaboración entre os dous Municipios para a futura creación dunha ampla zona Arqueolóxica que podería comprender os máis de 30 xacementos da zona de Portela e Villestro, os de Correxíns en Figueiras (Santiago de Compostela) e os de san Marcos, Liñaredo en Ames.

Unha cousa similar ocorre coa visita de membros do goberno tripartito á parroquia de Bugallido para “vender” á opinión pública o acondicionamento de Outeiro (Bugallido) con Costoia (Biduído) ) ata o termo municipal de Santiago.

Estes traballos que foron sufragados a través do Plan Provincial de Obras e Servizos de 2015, tiveron un custo de case 100.000 euros e o actual Alcalde socialista, daquela na oposición, votou en contra no pleno de Plan de Obras e Servizos en novembro de 2014.

Parece que Ames non ten moita sorte cos gobernos dos últimos anos, esa é a reflexión que se fai dende Pacto X Ames ante estes e outros acontecementos que están sucedendo con demasiada frecuencia.

Esiximos uns mínimos e imprescindibles traballos de mantemento no Polígono Novo Milladoiro

Pacto x Ames rexistrou unha proposta para que se realicen os traballos de mantemento mínimos e imprescindibles no Polígono Industrial Novo Milladoiro e así, mitigar o grave estado no que se encontra. Na proposta, Pacto X Ames fai un minucioso estudio da situación dos accesos, do estado selvático dos xardíns, das áreas recreativas, sinalizacións rotas e en xeral todo o ornato público. Faise especial fincapé na seguridade, luminarias sen portiña de rexistro, co risco de descarga eléctrica e rexistros que están sen tapa, co conseguinte risco de caídas a distinto nivel. Incluso contedores do lixo dentro das rotondas. Para as persoas con mobilidade reducida supón un gran esforzo adicional perigoso.

Con motivo da entrada en vigor do novo regulamento do concello, Pacto X Ames presentou unha proposta para que se realicen uns traballos mínimos de mantemento do maltratado Polígono Industrial Novo Milladoiro.

A proposta achega un minucioso estudo da situación na que se pode ver o estado de grave deterioro no que se atopan as sinalizacións, rotas e deterioradas; os xardíns cheos de maleza, as áreas recreativas rotas e desmontadas, os peches de algunhas parcelas que están tirados no chan e nun estado perigoso.

En canto as rotondas, están en estado selvático e algunhas incluso teñen colectores do lixo no seu interior, de tal xeito que para depositalo hai que cruzar a estrada para chegar a rotonda, subir o bordo e pasearse pola maleza. Isto provoca dúas cousas, que non se deposite o lixo neses colectores e que a recollida polos operarios sexa complicada. Par ás persoas con mobilidade reducida xa é misión imposible.

Especial atención, debido ao seu perigo, faise da situación na que se encontran as luminarias, algunhas non teñen a portiña de rexistro o que podería provocar risco de descarga, de igual xeito, hai rexistros no chan sen tapa, coa posibilidade de que se poidan producir caídas a distinto nivel polos buratos que están ao aire.

En definitiva, o polígono sofre as consecuencias dunha falta de mantemento dende que fora recibido polo concello en decembro do ano 2016.

A proposta tamén reflicte a situación de deterioro de algunhas das vías publicas de acceso como é o caso do cruce de Coira, moi preto do colexio de Ventín, a situación das beirarrúas, que se utilizan de aparcadoiros e da necesidade de crear novos espazos para os vehículos así como a reconfiguración dos xa existentes así como prestar unha especial atención as persoas con mobilidade reducida.

Outra cuestión a ter en conta é a proximidade do campo municipal de fútbol, e polo tanto a cantidade de rapaces que diariamente pasan por estas zonas.

DENUNCIA DE PxA, ANTE O VALEDOR DO POBO, SOBRE A SEÑALIZACIÓN NA AP-9

O voceiro de Pacto X Ames Ramón García Argibay considera un insulto á intelixencia o argumento lamentable esgrimido pola concesionaria privada AUDASA ante a moción presentada polo seu grupo reclamando a sinalización do Polígono do Milladoiro, de Bertamiráns e do concello de Ames. Están todos os concellos da comarca excepto Ames. Pacto X Ames, ante a pasividade do goberno tripartito, acudiu hoxe á Valedora do Pobo para pedir amparo ante as continuas negativas dun ente privado, apoiado dende un ente público, que o único que pretende é aforrar custes incumprindo a norma sobre sinalización que figura no BOE Nº 83 de 5 de abril de 2014, sen descartar máis accións. De igual xeito, acusa aos responsables da Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia de indolencia e de favorecer os intereses dunha empresa privada como é AUDASA en detrimento dun concello como Ames ao que ningunean constantemente.

Os responsables de Audasa e da Demarcación de Carreteras del Estado terán que explicar como é que Ames non figura na sinalización que axuntamos a continuación onde se pode apreciar como están sinalizados todos os concellos da redonda EXCEPTO AMES, nunha sinal que se encontra na AP-9 a altura da Cidade da Cultura de Galicia. Sendo esta tan só un exemplo.

PREME AQUÍ PARA VER A MOCIÓN QUE PRESENTAMOS

PREME AQUÍ PARA VER A NOSA CONTESTACIÓN A AUDAS NEGANDOSE A SINALIZAR O NOSO CONCELLO

 

Nesta fotografía queda máis que claro como Ames está totalmente esquecido por parte da empresa privada Audasa e consentido pola Demarcación de Carreteras del Estado.

O escrito presentado pola Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia con nº de rexistro de saída 003406 negándose a sinalizar Ames, Milladoiro, o Polígono Industrial do Milladoiro e Bertamiráns, é unha falla de respecto ás persoas que viven en Ames, e sobre todo supón unha indolencia sen precedentes por parte dos responsables de este ente, nun tema tan serio como o que se está a tratar na moción de PxA.

A Demarcación de Carreteras del Estado nin se molestou en pedir un informe á Dirección General de Carretareas, tal e como esixe a norma (que eles mesmos citan) demostrando unha vez máis o nulo interese por Ames, un concello de máis de 30.000 habitantes que ningunean constantemente desde estes entes a través de escritos como os remitidos o pasado 13 de abril de 2016

AUDASA demostra unha vez máis que non está implicada na sociedade galega e demostra que o seu único interese é a súa conta de resultados e o máis lamentable é que a propia administración pública, neste caso a Demarcación de Carreteras del Estado alíase con unha empresa privada e mostra unha indolencia impropia da administración.

A Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia omite pedir un informe á Dirección Xeral de Estradas, tal e como esixe a norma, demostrando o nulo interese en Ames, e xa non é a primeira vez, de feito ten sen contestar varias cuestións relativas a seguridade viaria do Milladoiro dende fai meses.

Outra cuestión que esquecen os responsable de Audasa e da Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia é que Ames supera os 30.000 habitantes e polo tanto teñen a obriga, segundo a norma que imploran eles mesmos, de ter unha sinalización tal e como figura no cadro publicado no BOE nº 83 de 5 de abril de 2014 e que se axunta.

En canto a negativa a sinalizar o Polígono de servizos do Milladoito en Ames, amparándose tamén na mesma norma 8.1-IC. Consideramos que tampouco se axusta a norma xa que dita norma di explicitamente:

Dende ambos entes ampáranse no parágrafo primeiro pero esquecen o parágrafo cuarto, de aí que Pacto X Ames considere que os responsable da Demarcación de Carreteras del Estado non está cumprindo correctamente o seu cometido e está inclinándose claramente polos postulados de unha empresa privada como Audasa en vez de polos 31.000 habitantes de Ames xa que tal e como sinala a norma, nin se molestaron en pedir o informe á Dirección General de Carreteras, ou polo menos non se achega na contestación remitida. No parágrafo cuarto queda moi claro que se pode, si hai vontade, sinalizar un polígono que non teña as 225 Ha.

De feito, en Galicia escasos polígonos cumpren coa condición de ter unha extensión 225 Ha. Xa que os parques de A Coruña como o de Pocomaco teñen 475.000 m2 (47,5 Ha.) ou o de A grela teñen 1.835.370 m2 (183,53 Ha) ou como o do polígono do Tambre 1.058.000 m2 (105,8 Ha) en Santiago de Compostela ou o de máis recente construción o da Sionlla, tamén en Compostela que conta con 1.382.000 m2 (138,2 Ha.).

O esperpento continúa en canto a negativa a sinalizar Bertamiráns e os argumentos esgrimidos por Audasa e a Demarcación de Carreteras del Estado de que “no cumple ninguno de los requisitos establecidos en el apartado 3.2 de la norma para ser señalizado, y además vulneraría otros de los principios básicos de la norma ya que dentro de la AG-56 no tiene continuidad en la “salida 1” en el cartel de confirmación de destino” , tendo dúbidas do que se quere interpretar, non acabamos de comprender esta negativa si temos en conta que na AP-9 en direccións Pontevedra-Santiago, a poucos metros da saída cara ao Milladoiro, na saída a Ourense,sinalizacións do concello da Estrada (axuntase fotos). Ademais todos sabemos que no trazado da AP-9 hai numerosas sinalización nun mesmo cartel de concellos como Rois, Padrón, Pontecesures, Rianxo, Riveira... etc. Polo tanto o argumento da claridade tamén se cae.

A indignación pola negativa a sinalizar Ames, fai que dende Pacto X Ames e ante a pasividade do tripartito, non esteamos dispostos a consentir que unha vez máis, tanto dende Audasa como da Demarcación de Carreteras del Estado se siga ninguneando á poboación de Ames e como primeira medida acudimos á Valedora do Pobo qué mostrou o seu máximo interese por este tema.

Dende Pacto X Ames queremos agradecer á Valedora do Pobo, dona Milagros Otero, a súa magnífica receptividade, amabilidade e colaboración para elevar esta cuestión a la Defensora del Pueblo del Estado debido a que afecta ao Ministero de Fomento é polo tanto é a súa competencia.

Achéganse fotos coa Valedora de Pobo dos concelleiros de PxA Mª Dolores Fernández Álvarez, Ramón García Argibay e o membro da executiva de PxA Emilio Martinez Carballeira.

 

 

 

 

 

 

 

 

PxA quere poñer en valor o patrimonio de Ames

Pacto X Ames presenta unha moción para que o goberno tripartito modifique a actual Ficha Patrimonial do PXOM co obxecto de incluír ás localizacións exactas de varios conxuntos arqueolóxicos e xacementos.

Na mesma moción, instase tamén a Dirección Xeral de Patrimonio a creación dunha área Arqueolóxica de Interese Socio-Cultural para acadar unha protección axeitada, unha ruta permanente e unha identificación e sinalización axeitada así como a colaboración do concello de Compostela.

Pacto X Ames presenta unha moción para o promover o patrimonio arqueolóxico de Ames co fin de poñelo en valor. Na moción faise especial fincapé en certos elementos que non están incluídos nas fichas do PXOM ou conteñen algunha deficiencia.

Tendo en conta que a posta en valor desta riqueza patrimonial e que o seu coñecemento é moi escaso, e tendo en conta que o Ames é unha concello polo que descorre gran parte do camiño de Santiago – Fisterra e o camiño Portugués, dende Pacto x Ames considérase fundamental coidar e promover o noso patrimonio. Nesta ocasión centrámonos na riqueza Arqueolóxica máis abundante no noso Concello, nos Gravados o aire libre ou Petroglifos.

Tódalas Representacións de Gravados a aire libre, Petróglifos, de Ames proveñen da Idade do Bronce, téndose constancia delas dende finais do século XIX e/ou principios do XX.

Ó Aveiro do Camiño de Fisterra, un dos de maior crecemento no número de Peregrinos anuais, contamos con un Conxunto Arqueolóxico excepcional con 4 xacementos moi próximos uns dos outros, nun radio aproximado de 500mts, que son:

Petróglifo de “Campo Redondo”: Situado no Monte de Ventosa da Parroquia de Sto. Estevo de Cobas situado a uns 800 mts ó Nor-leste do Camiño de Fisterra o seu paso por Ventosa, é un Gravado o aire libre formando círculos concéntricos irregulares, coviñas no interior e sucos de unión con outras figuras xeométricas anexas.

Petróglifo de “A Peneda Negra”: Situado no Monte de Ventosa da Parroquia de Sto. Estevo de Cobas, a 270 mts ó Sur-leste do Petróglifo de “Campo Redondo” e a uns 500mts o Nor-leste do Camiño de Fisterra o paso por Ventosa e Lombao, é un Gravado o aire libre nunha enorme peneda de cor negra natural de paredes case que verticais e no seu cume foron gravados motivos abstractos, destaca un debuxo de círculos concéntricos cunha cazoleta central, coviñas en grupos ou illadas fóra dos círculos, sucos de unión con outras figuras xeométricas de bordes redondeados anexas.

Estes son unha pequena mostra da riqueza espallada por todo o concello e que moitos deles están preto dos Camiños de Santiago e contan cunha escasa ou nula sinalización, de aí a importancia de poñelos en valor para coidalos, promovelos e mostralos aos numerosos camiñantes que cada día percorren os Camiños de Santiago ao seu paso por Ames.

Estes son unha pequena mostra da riqueza espallada por todo o concello e que moitos deles están preto dos Camiños de Santiago e contan cunha escasa ou nula sinalización, de aí a importancia de poñelos en valor para coidalos, promovelos e mostralos aos numerosos camiñantes que cada día percorren os Camiños de Santiago ao seu paso por Ames.O que se solicita na moción e:

1.Instar o Goberno Municipal a realizar ás actuación necesaria para acometer a modificación da actual Ficha Patrimonial do PXOM para incluír a localización exacta deste conxunto de xacementos descritos, e para elo, entendemos, cabe iniciar esta labor cuns traballos previos de limpeza do entorno dos xacementos.

2.Instar a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia a Creación dunha Área Arqueolóxica de Interese Socio-Cultural e facer as actuacións necesarias para acadar unha Protección axeitada a esta zona de xacementos no contorno natural-cultural que o rodea, establecendo unha “Área de Protección”, inexistente na actualidade, e unha nova “Área de Cautela” axeitada.

3.Instar á Xunta de Galicia á:

A).Creación dunha Ruta que permita a veciños, peregrinos, estudosos, e cidadanía en xeral a visita e coñecemento desta riqueza de Arte Rupestre que Ames pode ofrecer e que na actualidade é inaccesible.

B).Colocación dun sistema se sinalización de indicación vertical para accesos e explicativo “in situ”, elaboración de mapas de comunicación aumentativa para persoas con diversidade e dificultades funcionais así como para estranxeiros.

C.Planificación e Creación conxunta co Goberno Municipal dunhas “xornadas” de visitas guiadas con persoal profesional cualificado durante, a lo menos, períodos de Primavera e Verán. Cómpre considerar que esta zona arqueolóxica está a beira do Camiño de Fisterra polo que se deberá ter en conta a Universalidade e o Multilingüismo.

4.Instar ao Goberno Municipal de Santiago de Compostela para manter unha reunión para achegar posturas de colaboración entre os dous Municipios para a futura creación dunha ampla zona Arqueolóxica que podería comprender os máis de 30 xacementos da zona de Portela e Villestro, os de Correxíns en Figueiras (Santiago de Compostela) e os de san Marcos, Liñaredo en Ames.

PRESENTAMOS UNHA MOCIÓN POLO CARNÉ DOS FITOSANITARIOS

PxA quere unha oferta formativa seria e con amplitude de horarios para a obtención da capacitación Básica e Cualificado do tratamento de fitosanitarios.

Na moción de PxA tamén se esixe a posta en marcha de cursos ON-LINE para evitar que a veciñanza de Ames teña que desprazarse fora de Galicia para sacar o carné, imprescindible para o tratamento de sulfatos e demais fitosanitarios.

PxA insta ao concello a levar accións formativas e a promover un concello sustentable no eido medio ambiental aproveitando, entre outras, a aplicación desta directiva da Comunidade Europea.

 
Seguindo na liña de políticas construtivas e propostas para a veciñanza de Ames, o grupo independente de Pacto X Ames rexistrou hoxe unha moción para instar a Xunta de Galicia e ao Concello de Ames a aumentar as accións formativas para a obtención do carné de fitosanitarios facendo especial fincapé nos cursos ON-LINE.
Incrementando estes cursos e habilitando a posibilidade de facelos ON-Line, alcanzaríase un dobre obxectivo. Por un lado darlle máis facilidades as persoas que desexen obtelo e por outro rematar cos numerosos desprazamentos que se están producindo fora de Galicia para a obtención dese carné, imprescindible para poder aplicar sulfatos e demais tratamentos fitosanitarios.

Para poder obter estes carnés de manipuladores e aplicadores de produtos fitosanitarios esíxese un nivel adecuado de formación e especialización a través dos diversos cursos de capacitación homologados existentes para a obtención dos mesmos, sendo en Galicia os máis demandados os cursos do nivel Básico e do Cualificado.

No que poderíamos denominar a área de influencia do noso Concello a nosa veciñanza só dispón do CFEA de Sergude, en Boqueixón, a OAC de Santiago, en Vedra ou a OAC de Negreira para poder realizar estes cursos de xeito de balde, e nos cales para o primeiro semestre do ano a Xunta de Galicia só ten previstos 5 cursos do nivel básico e tan só 1 do nivel cualificado, o cal resulta a todas luces unha oferta formativa insuficiente para a gran demanda existente nestes momentos.

A nivel privado conta con máis de 40 entidades autorizadas en Galicia para impartir estes cursos, pero na súa maioría o nivel Básico na modalidade presencial, sendo tan só cinco entidades as autorizadas para o nivel Cualificado, das que catro son en modalidade presencial e, unha vez máis, tan só unha para a modalidade semipresencial. Chama a atención tamén que nos tempos nos que vivimos, coas novas tecnoloxías ao noso carón, en Galicia non se dispoña dun maior número de cursos do modo semipresencial, e máis tendo en conta que o nivel de capacitación Cualificado é obrigatorio para profesionais na súa ampla maioría, persoas que obviamente teñen os seus traballos e unha xornada laboral que imposibilita en moitas ocasións que poidan asistir de forma presencial a 60 horas de formación como é o caso do nivel Cualificado, ou mesmo 25 horas no caso do Básico. Ao que tamén se lle suma que os horarios que establece o Centro de Formación Agraria de Sergude para a realización dos mesmos nas súas instalacións non favorece nin facilita tampouco a asistencia ás persoas obrigadas e interesadas. Isto motiva que vexamos como algúns dos nosos veciños e veciñas e moitos galegos acoden durante as fins de semana á Comunidade Autónoma de Castela e León para asistir a estes cursos, onde sí se permite esta modalidade incluso ás entidades colaboradoras.

Así mesmo nos temarios destes cursos trátanse cuestións como medidas para reducir os riscos sobre a saúde e o medio ambiente, e a perigosidade que estes produtos fitosanitarios supoñen para a saúde das persoas aínda que na práctica todos somos coñecedores de que a medida máis empregada para combater as pragas é principalmente a loita química. Polo que, dende a administración local, e dentro do novo modelo de traballo que se publicou na web do Concello en xullo do 2015 polo cal os operarios municipais das brigadas empregarían prácticas o máis respectuosas posibles co medio ambiente, declarando o noso Concello como espazo libre de herbicidas químicos, tamén se poderían levar a cabo actuacións de concienciación neste senso para a protección do medio así como da saúde tanto dos animais coma das persoas.

A parte dispositiva da moción e:

1.Instar á Consellería de Medio Rural:

-.A que á maior brevidade posible amplíe a súa oferta formativa a este respecto así como a súa distribución horaria.

-.Poñer en marcha unha plataforma online competitiva que facilite ás persoas obrigadas e/ou interesadas en realizar a formación para a obtención deste carné, así como a autorización ás entidades colaboradoras interesadas a que poidan desenvolver na nosa Comunidade esta modalidade de formación.

-.A tomar as medidas oportunas para dotar de persoal auxiliar e/ou de ferramentas que axilicen o departamento encargado da tramitación dos carnés de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios para evitar o retraso que se está a producir na emisión dos mesmos.

2.Instar ao Concello a levar a cabo accións tanto formativa como en forma de campaña para unha maior concienciación ambiental da nosa veciñanza no uso dos produtos fitosanitarios, e así facer pouco a pouco do noso Concello ese espazo libre dun bo número de herbicidas e produtos químicos.

Moción para a conmemoración dos 400 anos da morte de Miguel de Cervantes

O 22 de abril de 2016 cúmprese o 400 aniversario do falecemento de Miguel de Cervantes Saavedra. Para conmemorar este acontecemento, numerosas institucións públicas e privadas están elaborando un completo programa de actividades en España e no resto do mundo. Exposicións, concertos, producións teatrais, danza, ciclos de cine, conferencias, Recursos en Rede como é o Cervantes Digital, e moitos máis eventos para promover e divulgar ao noso escritor máis universal.

O IV centenario pretende divulgar e facer máis accesible ao público a vida, a obra e a época na que viviu Cervantes. Con esta iniciativa preténdese abundar na figura do autor da obra máis traducida en idioma español como é o Quijote, pero tamén dar a coñecer o seu contexto cultural, a transición do Renacemento ao Barroco, o nacemento da literatura moderna e analizar a súa relación con outros escritores contemporáneos como Shakespeare, cuxo cuarto centenario tamén celebrase este ano e cuxa vinculación entre ambos quedou patente.


Na web oficial www.400cervantes.es disponse de toda a información necesaria para poder participar neste evento histórico así como a programación oficial, a axenda, o mapa de actividades e unha completa información ao respecto desta conmemoración. Achegamos programación e directorio de contactos de institucións e organismos que desenvolven a programación deste evento.


Se temos en conta as características da poboación que vive no noso concello e a calidade e cantidade da nosa comunidade educativa, a labor de divulgación de Cervantes faise aínda máis interesante, podéndose realizar un gran abano de actividades en colaboración cos centros educativos e asociacións.


Dende Pacto x Ames consideramos que esta é unha boa oportunidade para dar a coñecer con máis profundidade a obra de Cervantes e resaltar todo o que aconteceu entorno a súa apaixonante figura xa que hai numerosas actividades que se poderían desenvolver sen custe ou cunha mínima achega, por este motivo, presentemos ao pleno a seguinte.

Moción.

1.Contactar coa Secretaría Xeral do Estado para ver a forma de colaborar coa divulgación e conmemoración do 400 aniversario da morte de Cervantes no concello de Ames a través da súa programación e ferramentas divulgativas que se poñen ao alcance das institucións que desexen participar neste evento.

2.Promover dende o concello de Ames o coñecemento da obra e vida de Miguel de Cervantes en colaboración e participación cos diversos centros educativos e co tecido asociativo.

3.Promover dende o concello de Ames a divulgación da obra e a vida de Miguel de Cervantes a través dos medios de comunicación que ten ao seu dispor introducindo os contidos dispoñibles na Radio Municipal e a Páxina Web e animando a participar á comunidade educativa, asociacións e forzas vivas do noso concello.

Pacto x Ames rexistra unha moción sobre a contaminación do río Sar

A depuradora da Silvouta ten un caudal de deseño de 51.600 m3 sendo superado todos os días chegando a 85.892m3 segundo indican os informes da Secretaría Xeral do Estado de Medio Rural xa en 2010. Na depuradora de Sisalde en Bertamiráns ocorre algo parecido porque máis do 50% dos residuos vértense ao río Sar sen depurar. A Consellería prometera en febreiro do ano 2012 unha inversión de 6 millóns de euros para a súa ampliación que aínda está pendente.

Pacto por Ames considera que o grave problema de contaminación do río Sar tense que tomar con determinación dunha vez por todas e presenta esta moción co obxectivo de alentar a todas as administracións que teñen competencia e aos concellos afectados neste tema, en vista dos problemas xurdidos coa depuradora da Silvouta e a futura de o Souto.

As demoras na construción da nova planta de Santiago está prexudicando ao concello de Ames especialmente, que xunto coa tibieza do goberno tripartito de Ames, non axuda a desbloquear un tema que tería que estar solucionado dende hai décadas.

Despois do acontecido coa sentenza do TSXG en outubro de 2015 cando se anulou o estudo de impacto ambiental para a construción da Silvouta volveuse a perder o tempo en cuestións que son de opinión, máis que técnicas e medio ambientais.

Con esta moción, Pacto x Ames pretende poñer o acento nos concellos para que preman ás demais administracións e para que se adquira un compromiso ao marxe de oportunismos políticos e se trate o grave problema do río Sar de unha forma responsable e mirando en exclusiva o punto de vista técnico e medio ambiental.

A cuestión é que sen unha actuación coordinada entre todos os concellos, especialmente Santiago e Ames, xunto coa administración autonómica e estatal, non hai visos de solución.

O Grupo Municipal de PxA solicita na moción 5 cuestións básicas:

1.Instar ao concello de Santiago e Xunta de Galicia para manter unha reunión de urxencia na que se valore as repercusións que terá para Ames esta instalación , sobre todo para os veciños de Quinstiláns e Costoia, así como os prazos que se barallan para a firma do convenio, imprescindible, tal e como require o Ministerio de Medio Ambiente.

2.Instar aos concello polos que discorre o río Sar a constituír unha comisión de seguimento co fin de premer e levar a cabo ás accións de forma conxunta.

3.Instar aos portavoces de Medio Ambiente do congreso dos deputados de todos os partidos políticos para tomar una posición conxunta e un compromiso definitivo para solucionar este problema en canto haxa un goberno definitivo.

4.Instar ao goberno tripartito a confeccionar uns orzamentos nos que figure unha partida para cuestións medio ambientais destinada a realizar actuacións de recuperación do río Sar e mitigar os problemas de posibles veciños afectados na zona de Costoia e Quinstiláns.

5.Instar a Xunta de Galicia a cumprir co prometido polo daquela conselleiro Agustín Hernández en febreiro de 2013 e pola actual conselleira Ethel Vázquez o pasado mes de novembro de 2014 no que anunciaran unha inversión de 6 millóns de euros para a depuradora de Sisalde en Bertamiráns.

Pacto x Ames rexistra unha moción para a mellora do transporte metropolitano. A moción ten tres asp

Por un lado solicítase a implantación de un sistema de información en tempo real a través dunha paxina web e aplicación web para dispositivos móbiles así como a instalación de paneis informativos nas paradas. Por outro a creación de unha liña específica ao polígono do Tambre e Costa Vella, a reestruturación das liñas e mellora de frecuencias.

Pacto X Ames presentou unha iniciativa para o pleno de febreiro encamiñada a mellorar o transporte metropolitano. O voceiro dos independentes Ramón García Argibay sinalou que “este servizo non tivo unha evolución de acorde cos tempos, non se realizaron as melloras que a todos nos gustaría e non se está prestando un bo servizo, tanto no seu funcionamento, como en información, o servizo non está en concordancia coa poboación usuaria do mesmo”

Dende a entrada en funcionamento do Transporte Metropolitano observáronse carencias que deberían solucionarse a través da comisión de seguimento, cuestións como a ausencia de información ao usuario son aspectos que deberían estar xa en funcionamento.

A páxina web ten moito que desexar. A información que aporta é difícil de buscar, escasa e non está na liña dun portal web moderno, non está preparado para utilizar coas novas tecnoloxías móbiles, non é accesible e carece de información práctica e útil.

Dende Pacto X Ames fan especial fincapé á grave falla de información aos usuarios nas paradas, carecen de total información en canto á frecuencia dos horarios, aos posibles retrasos ou incidencias acaecidas, e limítanse a ser un lugar de espera onde as veces a paciencia convértese na mellor aliada.

Outro aspecto importante que destacan dende Pacto X Ames é que esquécese das persoas con mobilidade reducida xa que non se aporta ningunha información específica. De igual xeito, a web do concello, tampouco é un exemplo de información cara o usuario do Transporte Metropolitano.

Na moción faise referencia á conveniencia de potenciar o transporte público xa que redundaría tamén na mellora do medio ambiente e sería unha medida para loitar contra o cambio climático.

O número de usuarios de Ames que utilizaron o transporte metropolitano superou o millón de pasaxeiros nos últimos 3 anos. Cuestión indicativa que de destinar máis recursos, o número de pasaxeiros crecería aínda máis.

Como consecuencia do anterior, a achega que fai Ames e de 118.000€ no 2015, a máis cuantiosa de todos os concellos e polo tanto, as persoas que utilizan este servizo merecen un trato máis eficaz, un trato que mitigue as graves eivas, xa que estes cartos saen dos orzamentos municipais e polo tanto de todas as persoas que vivimos en Ames.

O que somete Pacto X Ames para a aprobación no vindeiro pleno do mes de febreiro é:

A.- Instar a Xunta de Galicia a reunir á Comisión de Seguimento do Plan do Transporte Metropolitano de Santiago co fin de estudar, como mínimo as seguintes cuestións:

  1. Iniciar un plan progresivo de instalación de paneis informativos nas paradas de tal xeito que se vaian cubrindo en primeiro lugar as de maior recollida de pasaxeiros, co obxectivo de que se poida ver, en tempo real as rutas e o tempo aproximado de espera, así como calquera outra información ou incidencia que sexa de interese para os usuarios.
  2. Confeccionar un portal web onde se poidan consultar todos os horarios, as liñas existentes e as rutas que fan os autobuses.
  3. Confeccionar dentro dese portal web, un sistema informativo en tempo real e adaptado a dispositivos móbiles, co fin de que os usuarios poidan consultar os horarios, por onde discorre o autobús e o tempo estimado de espera á parada onde se pretende subir ao autobús.
  4. Facilitar información axeitada para as persoas con mobilidade reducida, previa consulta cos colectivos implicados.

B.- Instar ao Concello de Ames a Reunir o grupo de traballo creado en maio de 2015 conformado polos concello de Ames, Brión, Teo e a Xunta de Galicia para analizar de forma específica as melloras a implantar para:

  1. Mellorar as frecuencias
  2. Ampliar os horario nocturno tanto en horario laborable como en fins de semana.
  3. Resolver as carencias de transporte que hai entre os núcleos de Milladoiro e Bertamiráns e a súa zona de influencia.

A posibilidade de Implantar novas liñas como por exemplo unha directa ao Pol. Do Tambre e Costa Vella

PARA CONSULTAR A MOCIÓN FAI CLIC AQUÍ

O Vehículo do transporte adaptado de Ames tivo que ir ao taller de novo o pasado venres 5 de xaneiro

Que transcendera, xa é a segunda vez en 15 días de funcionamento. Foi substituído por un vehículo que non cumpre os pregos para o que foi contratado o servizo para 4 anos e por un importe de 422.4400 euros. Pacto x Ames xa advertira que o vehículo ten unha antiguedade de 13 anos, case que 400.000 km. E 10 revisións de ITV desfavorables, a primeira no ano 2009 e a última fai dous meses, o 25 de novembro de 2015 en León

O goberno Tripartito de Ames (PSOE, PODEMOS e BNG) non se preocupou no seu momento do que Pacto X Ames advertira co vehículo que fai o servizo do transporte adaptado e agora veñen as consecuencias.

O pasado venres 5 de febreiro, o vehículo que realiza este servizo volveu a entrar no taller e tivo que ser substituído por outro, que aínda que é máis novo, non cumpre o estipulado nos pregos. Con esta, son al menos dúas veces en quince días de traballo efectivo ás que o vehículo estivo parado.

Pacto x Ames considera que se perdeu unha boa oportunidade para dotar a este servizo dun vehículo moderno e cunhas condicións manifestamente mellorables onde os potenciais usuarios tiveran un vehículo axeitado, con novos avances e coas máximas prestacións e garantías en comodidade e seguridade, xa que todos somos conscientes que a diferenza de ter un vehículo novo a ter un de 13 anos é salientable.

Un vehículo que se avaría constantemente cos inconvenientes que provoca para os usuarios do servizo, e a incomodidade que xera.

Pacto X Ames considera que o goberno tripartito debería esixir ao concesionaria deste servizo que está contratado para 4 anos e por unha cantidade que alcanza os 422.400 euros, é dicir, 105.000 euros ao ano, que prestara un servizo de forma axeitada, cun vehículo axeitado xa que está debería funcionar dende as 08:00 ás 19:00 h.

 

CADRO DAS REVISIÓNS DESFAVORABLES DENDE O 2009

MATRÍCULA

DATA INSPECCIÓN

INFORME INSPECCIÓN

LUGAR INSPECCIÓN

0979CJL

19/06/2009

DESFAVORABLE

ITV ASTURIAS

0979CJL

10/12/2009

DESFAVORABLE

ITV ASTURIAS

0979CJL

30/05/2011

DESFAVORABLE

ITV ASTURIAS

0979CJL

28/11/2011

DESFAVORABLE

ITV ASTURIAS

0979CJL

17/05/2013

DESFAVORABLE

NO SE APRECIA

0979CJL

19/11/2013

DESFAVORABLE

ITV ASTURIAS

0979CJL

20/05/2014

DESFAVORABLE

ITV ASTURIAS

0979CJL

21/11/2014

DESFAVORABLE

ITV ASTURIAS

0979CJL

22/05/2015

DESFAVORABLE

ITV ASTURIAS

0979CJL

25/11/2015

DESFAVORABLE

ITV LEON

 

Pacto x Ames instará ao goberno tripartito a que busque o xeito de resolver esta situación, ben sexa esixindo a empresa que facilite un novo vehículo ou buscando a maneira de rescindir o contrato e facer unha nova adxudicación.

Reunión de perfil baixo do Alcalde cos responsables de demarcación de Estradas en Galicia

O paripé-reunión que mantiveron Concello e Demarcación de Estradas do Estado non aportou ningún dato novo nin prazos, nin orzamentos nin sequera se hai anteproxectos técnicos das futuribles actuacións. O voceiro da formación independente acaba de rexistrar un escrito na Demarcación de Estradas e no Concello solicitando información complementaria ante a pasividade do Alcalde de Ames facendo trámites baleiros de contidos e con numerosas contradicións, sen concretar absolutamente nada e sen aportar ningún dato.

Dende PxA consideramos que non é de recibo é que o goberno presuma de transparencia facendo propaganda demagóxica deste tema, e teña que ser dende Pacto X Ames quen formulen estas cuestións de forma seria que detallamos a continuación.

Preguntas que deberán ser respondidas sen ningún tipo de escusa e con total claridade si o que se pretende e dar e transmitir credibilidade e seriedade .

Pacto x Ames acaba de entregar sendas cartas a Demarcación de Estradas do Estado en Galicia e ao Concello de Ames para que se deixen de demagoxia e aclaren as numerosas contradicións que se reflicten na nota oficial publicada na web. Na carta enviada se solicita información detallada das seguintes cuestións:

  1. Ao respecto da futurible glorieta de entrada ao Milladoiro e que daría acceso ao polígono. Cal é o actual estado desta proposta, e dicir:
    1. Si hai proxecto técnico e orzamento do mesmo.
    2. De habelo, cal sería o trazado de acceso ao Polígono Industrial do Milladoiro.
    3. Cal sería o importe da execución da obra.
    4. Prazo estimado de comezo e de remate.
    5. Estudio do impacto na circulación diaria na zona.
    6. Si a proposta é a mesma que se presentou dende a asociación de empresarios do polígono xa fai máis de 2 anos.
  2. Ao respecto da limitación do tráfico pesado no Milladoiro e desvío polo cruce das Galanas plantexamos as seguintes cuestións:
    1. Existe proxecto de execución da obra?
    2. De existir, cal é o orzamento e os prazos de execución? Xa que se mencionou por parte do Alcalde de Ames que “trátase dunha medida a curto prazo”.
    3. Qué vehículos serían obrigados a desviarse nesa zona?
    4. Con respecto ao convenio a firmar coa administración autonómica:
      1. Quén firmaría o convenio?
      2. Está redactado?
      3. Prazos para a entrada en vigor deste convenio.
  3. Ao respecto da anquilosada, bloqueada e antiga proposta da variante de Padrón-Sigüeiro, as cuestións a resolver son:
    1. Cal é o estado actual dese anteproxecto inicial?
    2. Cal é a dotación orzamentaria coa que conta na actualidade?
    3. Cales son os prazos que se barallan en canto a execución?
    4. Cal é o importe do orzamento total?
    5. É posible efectuar a actuación parcial que o Alcalde de Ames sinala na información solicitada cando textualmente dí “no momento en que se aborde este proxecto débese comezar polo tramo que afecta ao Milladoiro. Deste xeito, débese dar preferencia a este tramo de 5 quilómetros ...”
    6. Cal sería o trazado destes 5 quilómetros que percorría a variante?
    7. Estaría afectado este trazado de 5 quilómetros por expropiacións?
    8. Cal sería o orzamento estimado da actuación nestes 5 quilómetros?
  4. Ao respecto do túnel do Milladoiro, as preguntas que son imprescindibles que se respondan para ver si a proposta é ou non factible son:
    1. En que se basean par afirmar que o custe do túnel do Milladoiro roldaría os 70 millóns?
    2. Teñen algún estudo previo que indique o custe que mencionan de 70 millóns de euros?
    3. De haber ese estudo, poderían facilitar copia ao concello para que poidamos consultalo?
    4. En canto aos “problemas estruturais” que mencionan dos edificios da rúa Rosalía de Castro, poderían detallar cales son e en que consisten?
    5. En base a qué estudo teñen información sobre eses “problemas estruturais” aos que se fai referencia dende a Demarcación de Estradas do Estado de Galicia?

Estas cuestións son imprescindibles porque hai en xogo moitas cuestións que afectarían a persoas físicas, como as expropiacións, e a unha poboación como é o Milladoiro que leva décadas ninguneada.

Por desgraza, xa empeza a ser habitual que o goberno de Ames non estea a altura do que os veciños demandan e para mostra o resultado decepcionante da reunión que o goberno tripartito mantivo cos responsable da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia.

Na reunión/paripé que mantiveron os representantes de ambas administracións, non se aportou nin un só dato, nin se aportou ningunha solución nova, simplemente se recuperan propostas demagóxicas e caducas que xa fixeran os antigos gobernos de Carlos Fernández co resultado que todos coñecemos e se limitan a dicir que o túnel do Milladoiro é caro.

Dende logo, si o goberno non é capaz de obter máis que, nin unha mala palabra pero ningunha boa acción, estamos na situación inicial de afirmar que foi unha reunión/paripe.

TRAS 25 ANOS, POR FIN CHEGAN OS TÍTULOS DA PARCELARIA DE BIDUÍDO-BUGALLIDO

Pacto X Ames presentou numerosas iniciativas para esixir ao Concello e a Consellería de Medio Rural que fagan entrega dos títulos de Concentración Parcelaria da zona de Biduído e Bugallido. Nestes momentos soamente dependía da vontade das administracións. Con todos os trámites rematados os títulos de propiedade levan meses almacenados no Servizo de Infraestruturas Agrarias de A Coruña.

A PRESIÓN QUE FIXEMOS NOS ÚLTIMOS MESES DOU RESULTADO. MEDIO RURAL ENTREGARÁ OS TÍTULOS NA SEGUNDA QUINCENA DE FEBREIRO.

                ¡¡¡ XA ERA HORA!!!

Unha vez máis o grupo independente de Pacto x Ames volve a reclamar a entrega dos títulos da Concentración Parcelaria de Biduído-Bugallido que comprende preto de 3.000 fincas e 1.200 propietarios que desesperan dende o ano 1991.

Co remate dos procedementos notariais e de rexistro, xa non quedan máis trámites administrativos que a entrega dos títulos, polo tanto, agora depende unicamente da vontade política do actual goberno da Xunta de Galicia, en concreto da Consellería de Medio Rural.

Dende hai anos, Pacto X Ames leva insistindo ante as diversas administracións da necesidade imperiosa de rematar esta concentración parcelaria mediante a presentación no pleno da corporación de innumerables iniciativas.

Tendo en conta que o goberno municipal xoga un papel importante neste asunto en canto a capacidade de presión e toda vez que os veciños das zonas afectadas volven a mostrar a súa preocupación sobre esta cuestión ao solicitarnos que fagamos ás xestións que estean ao noso alcance, Pacto X Ames presentou para o pleno de xaneiro unha moción coa seguinte parte resolutiva.

  1. Instar á Consellería de Medio Rural para que a través dos órganos competentes e coas fórmulas regulamentariamente establecidas, convoque coa maior celeridade posible a todas as persoas afectadas pola concentración parcelaria de Biduído-Bugallido II co fin de facerlle entrega dos títulos.
  2. Instar ao goberno do Concello de Ames para que se poña en contacto coas persoas responsables da consellería de Medio Rural co fin de coordinar a entrega destes títulos e poñer a disposición os locais e medios necesarios .
  3. Facultar ao alcalde presidente para cantas accións sexan necesarias que afecten a esta continxencia.

A SEGUIRDADE E A SINALIZACIÓN, INICIATIVAS PARA O PLENO DE XANEIRO

A mellora da sinalización da A-P 9, dos accesos da autovía de Santiago-Ames-Brión e do punto negro da rotonda de Agrón a altura de Feiraco. Esixencias que PxA plantexa solucionar de forma inmediata.

Pacto X Ames presenta unha moción solicitando a mellora da sinalización da A-P 9, dos accesos da autovía de Santiago-Ames-Brión e do punto negro da rotonda de Agrón a altura de Feiraco.

Nas saídas da AP-9, en ambas direccións, non figura sinalizado nin o acceso a Bertamiráns, nin a Ames nin ao Polígono Novo Milladoiro, tan só figura unha escasa referencia ao Milladoiro.

Na Rotonda de Agrón a altura da cooperativa leiteira Feiraco, os independentes de Pacto X Ames esixen a mellora da súa sinalización debido aos constantes accidentes.

Con data 19 de xaneiro, o grupo independente de PxA presentou unha moción con 3 eixes de actuación para solucionar a seguridade viaria en Ames e no seu entorno.

O primeiro punto que PxA pretende destacar, fai referencia á rotonda que está na estrada de titularidade da Xunta de Galicia AC-544 na zona de Feiraco, antes de pasar sobre a ponte do río Tambre en dirección a Negreira . En esta zona son frecuentes os accidentes, algúns deles de máxima gravidade, como o acontecido o pasado 16 de agosto de 2015 co falecemento dun motorista de 42 anos.

A pesares de que se realizaron algunhas actuacións, estase demostrando a diario que son totalmente insuficientes, xa que por desgraza, segue habendo sinistros de forma continuada, especialmente os fins de semana.

A segunda zona que dende Pacto x Ames se quere destacar fai referencia á deficiente sinalización que teñen as saídas da autoestrada do Atlántico (AP-9) no Milladoiro en ambas direccións. Nas saídas non figuran sinalizacións co nome de Ames nin de Bertamiráns, simplemente se sinaliza, de xeito escaso, Milladoiro. Tanto o nome do concello como o de Bertamiráns, non figuran nos carteis que se están colocando na ampliación do trazado desta autoestrada, sen embargo, outras localidades como Noia, están perfectamente visibles.

Un problema engadido é a inexistente sinalización do Polígono Novo Milladoiro, cuestión esta que tamén leva sen resolver dende a súa entrada en funcionamento, sendo unha vella reinvindicación da asociación de empresarios.

A terceira cuestión na que se quere incidir dende PxA, é a referida ao que está acontecendo na autovía que vai dende Santiago a Ames e Brión é que dende a súa inauguración é un cúmulo de problemas con innumerables deficiencias que a concesionaria e a Xunta de Galicia, parece que non queren solucionar.

Esta autovía tivo un custe de 108 millóns de euros e aínda que figura como libre de peaxe para os usuarios, ten un sistema de peaxe en cuberto polo que a empresa creada para xestionala, recibirá ata o ano 2035 un total de 182 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia.

Si temos en conta o elevado custe que esta autovía ten para os contribuíntes, que é de recente creación (cumprirá 8 anos en febreiro dos correntes) e que as deficiencias na súa construción son patentes, como demostra os continuados cortes sufridos por defectos na súa construción, é doado chegar á conclusión que non é de recibo a actitude da Xunta de Galicia e da concesionaria e incluso dende o concello, que podería facer algo máis e tomar con máis interese a problemática na que está inmersa esta vía.

PxA considera que as comunicacións son un valor engadido para o desenvolvemento dun concello coas características do noso e levamos observando como ano tras ano os problemas, lonxe de diminuír, aumentan, de aí que a parte resolutiva da moción sexa a seguinte:

  1. Instar a Xunta de Galicia para que aplique todas as medidas de seguridade necesarios no tramo da AC – 544 ao seu paso pola rotonda de Feiraco co fin de que deixe de ser un punto negro onde os accidentes prodúcense con demasiada frecuencia.
  2. Instar ao Ministerio de Fomento para que dote a autoestrada AP – 9 da suficientes sinalizacións informativas do concello de Ames e dos núcleos máis importantes como Milladoiro e Bertamiráns.
  3. Instar ao Ministerio de Fomento a que o Polígono Novo Milladoiro figure nas sinalizacións no trazado da AP – 9 xa que non figura as saídas nos indicadores de dirección, en ningún dos dous sentidos.
  4. Instar a Xunta de Galicia para que solucione de unha vez por todas as innumerables deficiencias que, dende a súa inauguración, presenta a autovía Santiago-Brión, xa que como se fai constar na exposicións de motivos o custe da autovía (108 millóns de euros) e o custe da peaxe encuberta (182 millóns de euros ata o ano 2035) son cantidades máis que suficientes para que se aporte unha solución definitiva que non estea causando problemas aos usuarios tanto de seguridade de funcionalidade.
  5. Instar a Xunta de Galicia a que, de ser posible, sancione a empresa concesionaria por todas as incidencias xurdidas durante estes oito anos de mal funcionamento da autovía Santiago-Brión, como responsable máxima e como empresa lucrativa que non responde as necesidades mínimas que demandas os usuarios.

O "NOVO" VEHÍCULO DO TRANSPORTE ADAPTADO TEN 13 ANOS E MÁIS DE 370.000 Km.

O goberno tripartito de Ames (PSOE , PODEMOS e BNG) adxudica o servizo do transporte adaptado a unha empresa que comprou o vehículo uns días antes de comezar o servizo; ten 13 anos e máis de 370.000 kms. O vehículo tivo 10 revisións de ITV desfavorables, a primeira no ano 2009 e a última fai dous meses, o 25 de novembro de 2015 na estación de Cembranos de León. O servizo está contratado para 4 anos e por 422.400 euros.

                                 PARA VER A DOCUMENTACIÓN PREME AQUÍ

O Transporte Adaptado en Ames ten unha escura historia que agora culmina o goberno tripartito, de xeito improvisado, e sen exercer os controis mínimos para dotar aos usuarios dun vehículo coas mellores condicións.

Si durante anos se estivo pagando un sobre custe por non licitar o servizo, agora chama a atención que o actual alcalde socialista, José Miñones, cando estaba na oposición criticara con vehemencia os problemas que padecía o transporte adaptado e agora, adxudican este servizo utilizando os mesmos pregos que o seu antecesor do PP, con un vehículo de 13 anos, con máis de 370.000 km. E con 10 revisións da ITV desfavorables, a primeira o 19 de xuño do 2009 e a última o 25 de novembro de 2015 na estación de Cembranos en León.

Chama a atención como a primeira Tenente de Alcalde de Podemos, Genma Otero, fixo unha campaña prometendo grandes melloras sociais e agora, na primeira ocasión, consinte esta situación.

Pacto x Ames considera que se perdeu unha boa oportunidade para dotar a este servizo dun vehículo moderno e cunhas condicións manifestamente mellorables onde os potenciais usuarios tiveran un vehículo axeitado, con novos avances e coas máximas prestacións e garantías en comodidade e seguridade, xa que todos somos conscientes que a diferenza de ter un vehículo novo a ter un de 13 anos é salientable.

Un vehículo que ademais dos 13 anos e 370.000 km. Debe ter infinidade de problemas ao tenor do acontecido a partir do ano 2009 nas revisións periódicas da ITV xa que como se pode ver no seguinte cadro, as revisións desfavorables son 10.

O servizo está contratado para 4 anos e por unha cantidade que alcanza os 422.400 euros, é dicir, 105.000 euros ao ano e prestará o servizo dende as 08:00 ás 19:00 h.

 

CADRO DAS REVISIÓNS DESFAVORABLES DENDE O 2009

MATRÍCULA

DATA INSPECCIÓN

INFORME INSPECCIÓN

LUGAR INSPECCIÓN

0979CJL

19/06/2009

DESFAVORABLE

ITV ASTURIAS

0979CJL

10/12/2009

DESFAVORABLE

ITV ASTURIAS

0979CJL

30/05/2011

DESFAVORABLE

ITV ASTURIAS

0979CJL

28/11/2011

DESFAVORABLE

ITV ASTURIAS

0979CJL

17/05/2013

DESFAVORABLE

NO SE APRECIA

0979CJL

19/11/2013

DESFAVORABLE

ITV ASTURIAS

0979CJL

20/05/2014

DESFAVORABLE

ITV ASTURIAS

0979CJL

21/11/2014

DESFAVORABLE

ITV ASTURIAS

0979CJL

22/05/2015

DESFAVORABLE

ITV ASTURIAS

0979CJL

25/11/2015

DESFAVORABLE

ITV LEON

 

Pacto x Ames instará ao goberno tripartito a que busque o xeito de resolver esta situación, ben sexa esixindo a empresa que facilite un novo vehículo ou buscando a maneira de rescindir o contrato e facer unha nova adxudicación.

Ramón Gª Argibay considera que a única solución efectiva para o tráfico no Milladoiro é o túnel

Pacto X Ames mostra a súa indignación pola falla de iniciativa do alcalde de Ames José Miñones, ante unha nova falta de respecto aos veciños do Milladoiro dende o Ministerio de Fomento e Xunta de Galicia polo tráfico no Milladoiro, volvendo a propoñer a mesma medida. Pacto X Ames considera unha tomadura de pelo a carta remitida ao concello por Fomento, a formación independente a cualifica como "unha ocorrencia que afectaría a menos do 10% dos vehículos, os que pasan de 30 toneladas, dos 30.000 vehículos que circulan a diario". O portavoz de Pacto X Ames, Ramón García Argibay considera que a única solución efectiva para o tráfico do Milladoiro é o túnel baixo a rúa Rosalía de Castro, xa que resolvería tamén a división do núcleo e suporía un pulo sen precedentes á dinamización social do Milladoiro

O goberno de Ames comeza o 2016 vendendo fume en vez de premer ás administracións competentes en materia de tráfico con propostas serias como as que se presentaron por Pacto X Ames en numerosas ocasións.

Que despois de 25 nos ás administracións sigan mareando a perdiz coa solución do tráfico do Milladoiro, cuestión que debería ser prioritaria, é máis que unha falla de respecto, pero que o goberno tripartito empece o 2016 vendendo fume, que non poñan ningunha proposta enriba da mesa, que o alcalde Miñones non tome a iniciativa neste tema e que non faga presión é incualificable. É incomprensible como o Alcalde de Ames non rexeitou de plano a extemporánea medida de Fomento.

Calquera persoa que viva no Milladoiro sabe perfectamente que a solución ao tráfico pasa por dúas opcións, a construción dun túnel ou unha variante, o resto son medidas que no terán efecto xa que a ocorrencia do Ministerio non afecta nin ao 10% dos 30.000 vehículos que circulan a diario pola rúa Rosalía de Castro. A mesma ocorrencia que tivo o anterior alcalde do PP fai case un ano, e que como xa advertira PxA, non funcionou.

Pacto X Ames ten consultado a diversos enxeñeiros de Camiños Canles e Portos e todos concordan que a solución idónea sería a construción dun túnel baixo a rúa Rosalía de Castro. Esta medida é totalmente viable é tamén a única que conseguiría eliminar o tráfico, a única que resolvería o acceso ao polígono, a única que conseguiría dar un pulo sen precedentes no desenvolvemento social do Milladoiro.

Pacto X Ames non alcanza a entender cales son os motivos polo que o Alcalde e goberno tripartito non se poñen ao fronte deste problema histórico do Milladoiro cando en poboacións con menos intensidade de tráfico e con menos poboación afectada, fíxose un esforzo inversor por parte das distintas administracións, tal é o caso de Padrón cun investimento de 19 millóns de euros para a variante que xa está en funcionamento, os 7,3 millóns de euros que costa o novo acceso a AP9 en Sigüeiro ou o túnel de Conxo que ten uns orzamentos que de seguro pasarán dos 7 millóns de euros.

Despois de 6 meses de goberno o tripartito non ten ningunha proposta sobre o tráfico do Milladoiro e está mantendo as formas dos anteriores alcaldes. Un tema tan sensible como histórico, que soamente Pacto X Ames leva reivindicando dende a súa creación como formación política reivindicando ante as distintas administracións unha solución inmediata.

Que durante estes meses o goberno tripartito non puxera ningunha iniciativa sobre a mesa, indica que unha vez máis, que non hai a vontade suficiente para afrontar esta situación.

Dende Pacto X Ames, no pleno do día 12 de Xaneiro, farase un chamamento a unidade de todos os grupos para reivindicar que de unha vez por todas se tome en serio esta situación que pon en perigo diariamente a seguridade das persoas do Milladoiro e divide en dous o núcleo máis poboado de Ames.

Qué acntece coa concentración parcelaria de Biduído-Bugallido?

Os títulos da Concentración Parcelaria de Biduído – Bugallido están durmindo os soños dos xustos nun arquivo do Servizo de Infraestruturas Agrarias dende hai al menos 2 meses. Pacto x Ames denuncia que non hai data para a súa entrega a a pesar de que fai xa meses que todos os trámites técnicos e administrativos, os de Rexistro e Notaría están rematados.

Pacto X Ames ten constancia fehaciente de que hai un retraso deliberado por parte da Consellería de Medio Rural, unicamente por motivos de oportunidade.

XA PRESENTAMOS OUTRA MOCIÓN (FAI CLIC AQUÍ PARA VELA)

A concentración parcelaria de Biduído e Bugallido leva máis de 24 anos en espera, afecta as zonas de concentración parcelaria en montes de Biduído, Bugallido e zonas de Milladoiro.

Esta zona denominada Biduído-Bugallido 2 comprende preto de 3.000 fincas e 1.200 propietarios que desesperan dende o ano 1991. Son 24 anos dende que comezara, 24 anos que levan esperando os afectados para que se remate esta actuación e agora que está todo o procedemento técnico e administrativo pechado, a Consellería de Medio Rural ten parada a entrega de títulos de xeito deliberado.

Esta Concentración Parcelaria xa fora obxecto de polémica no ano 2007 con goberno socialista no concello e o bipartito da Xunta de Galicia, chegaran a anunciar nos medios de comunicación que se remataría na primavera daquel ano.

Sete anos máis tarde, en novembro do ano 2014, dende a Consellería de Medio Rural e dende alcaldía de Ames, ambas do PP, informábase a bombo e prato que no primeiro trimestre do ano 2015 poderíase realizar o trámite de notaría e rexistro de títulos para logo facer a súa entrega.

Pacto x Ames está en condicións de afirmar que os procedementos técnicos e administrativos están rematado dende hai meses e que os títulos están nun arquivo no Servizo de Infraestruturas Agrarias na Coruña.

Pacto x Ames presentará outra moción no pleno ordinario de Decembro para instar ao concello a que reclame a entrega dos títulos a Consellería de Medio Rural e que poña todos os medios necesarios para que a maior brevidade posible faga entrega destes títulos que xa levan un retraso de case un cuarto de século.

FALTAN 2 DIAS E SOAMENTE OS SOCIALISTAS RESPOSTARON

Ante a carta que PxA envióu a todas as formacións políticas que se presentan as Eleccións Xerais, soamente a socialista Pilar Cancela respostou.

A escasas 48 horas para que remate a campaña electoral, soamente os socialistas respostaron. Achegamos a carta firmada pola socialista Pilar Cancela o 15 de decembro, en resposta á enviada por PxA.

Na carta enviada por Pilar Cancela, resalta varias cuestións:

Ten en conta a prosta que se fixo dende Pacto X Ames "Incluso a súa formación propuxo a construción dun túnel que atravese o Milladoiro, e elimine o tráfico de superficie da N-550."

Terá en conta unha partida para os Presupostos Xerais do Estado:

Polo tanto, o meu compromiso é o de crear unha partida nos PXE para a elaboración
dun Estudo Técnico que no prazo dun ano teña como resultado un proxecto para
comezar a executar a partires do segundo ano de goberno. De todos os xeitos, é
importante que para a elaboración deste proxecto exista o maior consenso posible
entre todas as forzas vivas de Milladoiro (asociacións e colectivos) e entre as distintas
administracións públicas implicadas (Concello, Xunta de Galicia e Goberno de España)

Dende PxA queremos agradecer a resposta desta formación.

En canto recibamos contestación do resto das formacións procederemos a colgala taén na web.

VER A RESPOSTA DO PARTIDO SOCIALISTA

Carta aos partidos políticos que se presentan as Eleccións Xerais

Pacto X Ames considera que os candidatos do noso entorno están pasando de largo ante os problemas máis próximos aos veciños e considera que non están a cumprir coa súa misión de informar. NIN PP, PSOE, AMES NOVO, PODEMOS, BNG nin CIUDADANOS MOSTRARON INTERESE POLO NOSO CONCELLO.

Chama a atención como os partidos que teñen representación no concello e que se presentan as eleccións Xerais, ben sexa de forma individual ou coalición, como é o caso do PP, PSOE, Ames Novo, Podemos, BNG e Cidadáns, ata o de agora, dean a calada por resposta e non se mollan por Ames.

A formación independente de Ames considera que é o mellor momento para que logo de 20 anos sen solucións, as formacións políticas deixen claro de unha vez a súa postura coa Rúa Rosalía de Castro (N550) do Milladoiro de tal xeito que os veciños saiban as alternativas para poder decidir o voto o 20 D, xa que estas actuacións son competencia do Estado.

Pacto X Ames enviou unha carta aos candidatos da provincia de A Coruña Miguel Lorenzo Torres (PP), Pilar Cancela Rodriguez (PSOE), Antonio Gómez-Reino Varela (EN MAREA), Antonio Rodríguez Vázquez (CIDADÁNS) e Carlos Oliva Castelló (UPyD) para que se manifesten con total claridade sobre as súas propostas para rematar co grave problema da Nacional 550 ao seu paso polo Milladoiro.

Pacto X Ames considera que os representantes dos partidos políticos que aspiran a ser elixidos, teñen a obriga de informar aos veciños sobre as cuestións máis importantes e de maior transcendencia como o caso concreto da Rúa Rosalía de Castro (N550), xa que ata o de agora, os candidatos do noso entorno están pasando de largo evitando pronunciarse sobre os problemas máis próximos aos veciños e incumprindo de forma deliberada coa seu deber de informar

Pacto X Ames pretende chamar a atención sobre unha campaña que soamente é mediática, na que se están tocando temas xenéricos. Tanto a “nova como a vella política” non cambiaron a súa forma de comunicar, esquecéndose de que os candidatos ao congreso son elixidos por circunscricións provinciais e o seu deber é informar na rúa de cales son as súas propostas, si as teñen.

O que máis chama a atención é que a “nova e a vella” política volven a coincidir nas formas de facer política porque en vez de facer chegar as súas propostas aos veciños de Ames de forma detallada e específica para cada zona, dedícanse a falar doutras cousas que, si ben son interesantes, vense máis na distancia.

Unha vez máis volve a ser Pacto X Ames, único partido que non se presenta ás Eleccións Xerais, o que se preocupa polos intereses de Ames e interpele aos partidos con representación no noso concello , PP, PSOE, Ames Novo, Podemos, BNG e Cidadáns, para que se preocupen por Ames, en vez de participar continuamente en actos electorais por toda Galicia deixando en barbecho ao noso concello, sen que ata o de agora fixeran unha soa proposta específica para Ames.

FAI CLIC AQUÍ PARA VER A CARTA ENVIADA AOS GRUPOS POLÍTICOS QUE SE PRESENTAN AS ELECCIÓNS XERAIS

O PP de Ames impide quea petición dunha comisaría da Policía Nacional

O PP de Santiago Amor aliñouse con Podemos, BNG e Ames Novo para impedir que se aprobara en pleno a petición dunha comisaría da Policía Nacional para Ames. Seguen sen asumir o pésimo resultado das municipais

O Pleno de onte en Ames volveu a rozar o esperpento cando o PP de Santiago Amor, noutra decisión visceral, pactou cos frentistas de Ames Novo, BNG e Podemos, unha emenda para tumbar esta iniciativa de Pacto X Ames que contaba co apoio de Socialistas e Cidadanos.

Pacto X Ames, ante a pinza entre os frentistas e o PP para desvirtuar a moción mediante unha emenda pactada que nada tiña que ver coa orixinal, optou por retirar a Moción.

Pacto X Ames presentou unha moción solicitando unha comisaría de Policía Nacional adscrita a Santiago de Compostela co obxectivo de reforzar a seguridade en Ames ante a pasividade que a Delegación do Goberno mantén co Cuartel da Garda Civil do Milladoiro.

Este cuartel conta con 34 efectivos, 6 menos que cando se inauguro no ano 2007, a cantidade mínima debería de ser de 50 para a tender unha poboación que rolda os 70.000 habitantes e que da servizo a Boqueixón, Vedra, Brión, Teo e Ames.

A moción contaba co apoio de 8 edís, 4 do PSOE, 3 de PxA e 1 de Cidadáns e sairía adiante si os 4 concelleiros do PP votaran a favor desta iniciativa cando os populares volveron a antepoñer outros intereses por riba das necesidades dos veciños de Ame.

O voceiro de PxA Ramón Gª Argibay expuxo con total claridade que “é perfectamente viable que Ames conte cunha comisaría da PN xa que cumpre con todos os requisitos”, como exemplo puxo aos concellos de Marín que ten 25.00 habitantes e está ao carón de Pontevedra, Viveiro, con 16.000 habitantes ou Monforte de Lemos con 19.000 ou o caso de Redondela, Ribeira ou Vilagarcía de Arousa.

Na exposición tamén fixo referencia a situación de Lalín que conta con unha oficina da Policía Nacional na que se poden realizar trámites relacionados co DNI, PASAPORTE así como outras xestións relativas aos permisos para inmigrantes e foráneos.

Pacto X Ames, ante a pinza entre o PP e os frentistas de Ames Nov, BNG e Podemos, optou por retirar a moción porque a emenda de substitución que acordaron estes grupos desvirtuaba o contido na parte resolutiva xa que suprimían a petición da comisaría de Policía Nacional para o noso concello.

VER A INICIATIVA PRESENTADA NO PLENO

PxA esixe aos candidatos estatais do PP, PSOE, Ciudadanos e Podemos un compromiso co Milladoiro

Pacto X Ames esixe un compromiso público e por escrito dos candidatos de partidos estatais, PP, PSOE, Ciudadanos e Podemos para que se comprometan a solucionar o problema do tráfico do Milladoiro en vez de facer propaganda solicitando entrevistas con ministros en funcións, ou mocións extemporáneas.

Pacto X Ames reitérase na súa moción presentada o 24 de maio de 2015 pedindo o túnel para O Milladoiro xa que outras opcións seguirían deixando dividido en dous o núcleo. Así mesmo, considera que a opción proposta polos socialistas de Teo é inviable porque faría a mesma función que o actual desvío das Galanas e o tempo demostrou que non funciona.

PSOE e PP levan ignorando ao Milladoiro 20 anos, a proba recente máis palpable é a discriminación sufrida ao respecto de concellos máis pequenos e con menos incidencia de tráfico diario como é o caso recente de Sigüeiro (Oroso) nos que se están a investir 7,3 millóns de euros no acceso a AP9. Podemos e Ciudadanos agochados.

Tan fácil como un compromiso público por escrito, así solucionaríase o chorro de propaganda electoral que se está a verter nos medios de comunicación polos partidos de ámbito estatal para deixar claro e de unha vez, cales van a ser as intencións do PP, PSOE, Ciudadanos e Podemos, toda vez que os partidos PP e PSOE xa gobernaron tanto en España como na Xunta nos últimos 20 anos sen solucionar este problema.

PxA lamenta que o Goberno tripartito de Ames utilice unha vez máis a propaganda con este tema ao solicitar unha entrevista coa ministra de fomento tendo en conta que está en funcións e cando en épocas pasadas con gobernos Socialistas no concello, no goberno do estado e na Xunta, non se fixo absolutamente nada, agora, a menos dun mes das eleccións nos veñen con estas cuestións.

PxA tamén pide a Podemos e Ciudadanos que fixen postura clara, concisa e concreta e que no se agochen nun tema vital para O Milladoiro o que significaría poñer fin a un problema que dura máis de 20 anos, de aí que dende a formación independente se esixa unha compromiso público e por escrito das intencións dos candidatos dos partidos de ámbito estatal que son os que terán a competencia para solucionar este tema. O demais é mera propaganda electoral.

Lévase falando desta variante dende o ano 1997 e nin o Partido Popular, nin o Partido Socialista foron capaces de buscarlle unha alternativa a esta vía a pesares da alternancia no goberno do estado e agora o goberno tripartito de Ames, a menos dun mes das eleccións xerais, acórdase desto. Ciudadanos e Podemos están agochados e nin se manifestan nin se comprometen, de aí que Pacto X Ames solicite un compromiso PÚBLICO E POR ESCRITO dos seu responsables políticos é candidatos.

Convén recordar tamén que no ano 2006 o goberno socialista fixo o paripé incluíndo nos orzamentos xerais una partida de 30.000 euros, a toda luces insuficientes; cuestión que volveu a repetir no ano 2008 cunha dotación de 50.000 euros, tamén escasa e simplemente de cara á galería.

Mentres que poboacións con unha situación similar en cuestión de tráfico, pero con menor poboación afectada, como Padrón, contemplouse un investimento de 19 millóns de euros para a variante que xa está en funcionamento, a inversión de 7,3 millóns de euros que costa o novo acceso a AP9 en Sigueiro ou a inversión do túnel de Conxo que ten uns orzamentos que roldan os 7 millóns de euros, Ames e máis concretamente o Milladoiro, unha vez máis, volveu a ser ignorado ao quedar fora dos orzamentos do estado é da Xunta de Galicia e o que aínda é peor, seguen utilizando ao Milladorio de forma electoral.

FAI CLIC AQUÍ PARA VER A MOCION PRESENTADA EN ABRIL DE 2014

Ames a 23 de novembro de 2015

Pacto x Ames solicita, como mínimo, 50 efectivos para o Cuartel Principal da Garda Civil do Milladoi

Pacto x Ames cualifica de , insuficiente e decepcionante o acordo que transcendeu onte sobre a Xunta Local de Seguridade no Concello cun simple compromiso, sen prazos, de volver aos 35 efectivos. Pacto x Ames considera que tanto o goberno municipal como a Delegación do Goberno non estiveron a altura das necesidades veciñais e deixan a Ames en materia de seguridade nun plano inferior.

Que o principal acordo ao que chegou a Xunta Local de Seguridade fora un compromiso, sen prazos, para volver á situación inicial do ano 2011 de 35 efectivos, é totalmente insuficiente e demostra que tanto o Goberno Municipal como a Delegación do Goberno non teñen vontade para solucionar un problema que leva décadas en vía morta.
Costa entender que o Goberno Municipal asuma como boa a decisión da Subdelegación do Goberno e non tome ningunha medida adicional sabendo que zonas como as de Boiro ou Carballo teñen 50 efectivos, o razoable para un posto principal da Garda Civil. O agravio comparativo respecto a estas zonas é claro.
Pacto x Ames leva anos chamando a atención sobre este tema por iso o pasado mes de outubro presentou unha moción na que se solicitaba un cuartel da Policía Nacional así como o aumento dos efectivos da Garda Civil xa que a zona de influenza ten unha extensión de 364 km2 e atende a un entorno dos 70.000 habitantes. Froito desta iniciativa de PxA solicitouse a reunión da Xunta Local de Seguridade que agora toma unha decisión insuficiente e decepcionante.
En canto a violencia de xénero, o Goberno tripartito de Ames por un lado asume sen rechistar o que dita a Subdelegación do Goberno en canto o número de efectivos e por outro pide colaboración.
Terán que explicar como é posible que o tripartito pida máis colaboración á Subdelegación do Goberno para atender cun mínimo de garantías esta cuestión, sabendo que os 29 efectivos que hai na actualidade son totalmente insuficientes, sabendo que non hai prazos para volver a situación inicial de 35 efectivos e sabendo que estes hipotéticos 35 efectivos xa eran insuficientes no ano 2011 cando Ames tiña 28.852 habitantes, segundo o INE e agora con máis 30.000 o goberno tripartito dáse por satisfeito. Terán que explicalo

NOVAS NOS DIARIOS: El Correo Gallego        La Voz de Galicia

PxA PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA SOLICITAR A IMPLANTACIÓN DUN CUARTEL DA POLICÍA NACIONAL EN AMES

A situación na que se atopa o Posto Principal do Cuartel da Garda Civil do Milladoiro pola falta de efectivos provoca que a instalación se peche con frecuencia. Se temos en conta que este cuartel conta con 32 efectivos, mandos incluídos, que catro persoas en rotación están asignadas ao Grupo de Intervención Rápida, que hai un segundo grupo denominado ROCA para controlar o roubo de cobre e cuestións similares e unha sección de investigación que tampouco patrulla, e a isto sumamos vacacións, permisos regulamentarios, descansos e baixas, é fácil chegar á conclusión de que a situación é claramente insuficiente para garantir un servizo axeitado cuns mínimos razoables.

A situación na que se atopa o Posto Principal do Cuartel da Garda Civil do Milladoiro pola falta de efectivos provoca que a instalación se peche con frecuencia. Se temos en conta que este cuartel conta con 32 efectivos, mandos incluídos, que catro persoas en rotación están asignadas ao Grupo de Intervención Rápida, que hai un segundo grupo denominado ROCA para controlar o roubo de cobre e cuestións similares e unha sección de investigación que tampouco patrulla, e a isto sumamos vacacións, permisos regulamentarios, descansos e baixas, é fácil chegar á conclusión de que a situación é claramente insuficiente para garantir un servizo axeitado cuns mínimos razoables.

Si ademais aplicamos a comparativa na que se encontran outros concellos con similares características como o noso, observamos que postos Principais dos Cuarteis da Garda Civil, como Carballo ou Boiro, contan con 50 efectivos nas súas dependencias, número que sería razoable para un Posto Principal como é o Milladoiro.

 Si analizamos o ámbito de actuación do cuartel do Milladoiro, observamos que é moi extenso tanto en nº de habitantes como en Km2 xa que comprende os concellos de Ames, Teo, Brión, Vedra e Boqueixón sumando unha poboación que rolda os 70.000 habitantes e unha extensión de 364 Km2 con gran dispersión, polo tanto, é fácil chegar a conclusión do perentorio que é poñer todos os medios necesarios para corrixir esta situación que perdura no tempo sen solución e que deriva nunha carencia de seguridade bidireccional; por un lado porque as persoas que viven en Ames e no resto dos concellos non teñen un servizo axeitado e pola outra a situación de estrés pola presión á que están sometidos os efectivos destes corpos de seguridade que teñen que facer un esforzo adicional para intentar dar solución a todas as demandas e incidencias que acontecen a diario e que, non pasan a maiores, grazas á boa coordinación que hai entre a Garda Civil e Policía Local.

Todas estas cuestións mencionadas anteriormente, fannos chegar á conclusión de que é necesario e imprescindible reclamar a creación dunha comisaría de POLICÍA NACIONAL xa que Ames cumpre con creces todos os requisitos, tanto por nº de habitantes (máis de 30.000) como por área de influenza, (prestase servizo a un entorno dos 70.00 habitantes e unha extensión de 364 km2), como por condicionantes xeográficos etc.

Dáse tamén a circunstancia de que outras localidades moi similares ao concello de Ames tanto en poboación como en zona de influenza como é o caso de Redondela, contan dende hai tempo cun cuartel da Policía Nacional operativo chamado Comisaría de Distrito Vigo Redondela.

A implantación en Ames de un cuartel da Policía Nacional en similares condicións co de Redondela é a solución máis axeitada par darlle resposta a un problema que dura xa moitos anos. Esta solución daría un servizo axeitado ao concello de Ames e ao resto da súa zona de influenza.


A implantación da Policía Nacional en Ames, tamén permitiría realizar trámites frecuentes como os relacionados co DNI, Pasaporte etc. Ademais Isto suporía para Ames e a súa zona de influenza, un alivio considerable en canto a atención cidadá se refire así como un desafogo das oficinas de Santiago.
Outras das cuestións a ter en conta é a da Xunta Local de Seguridade, que non se convocou dende que se formou o novo goberno, exactamente, dende o pasado mes de marzo co anterior goberno do PP. Esta cuestión supón un paso previo, necesario e imprescindible para reclamar aos órganos competentes en materia de seguridade as medidas necesarias para deseñar e chegar ao obxectivo de ter o cuartel da Policía Nacional en Ames.

Por estes motivos, sometemos á consideración plenaria a seguinte MOCIÓN:
1. Instar aos órganos competentes en materia de seguridade a tomar as medidas necesarias para a implantación en Ames dun cuartel da Policía Nacional de un xeito similar ao que se fixo en localidades e zonas de influenza como a nosa, tal é o caso, por exemplo, de Redondela.
2. Instar aos órganos competentes en materia de seguridade a poñer os efectivos suficientes para que as forzas de seguridade poidan realizar o traballo nunhas condicións óptimas e co número de efectivos suficientes ao igual que se fan noutras zonas semellantes a Ames que contan con máis efectivos, tal é o caso de Boiro, por exemplo.
3. Facultar ao Alcalde de Ames para tomar todas as medidas que considere necesarias en esta materia.

Ames, a 17 de Outubro 2015

PxA lamenta que o PP siga instalado na inmundicia política

Ante as declaracións feitas polo PP que aparecen recollidas hoxe nalguns medios desde Pacto x Ames negamos rotundamente que a moción presentada no pleno en outubro 2014, aprobada por unanimidade pedindo a revisión catastral, fora o que motivara as cartas que están chegando do Catastro, a proba é que esta situación afecta a máis concellos que Ames.

O PP de Santiago Amor sigue na oposición coas súaspolíticas habituais do engano e a manipulación que o levaron a obter os peores resultados da historia de Ames e de Galicia. Unha vez máis intenta confundir a opinión pública mesturando Churras con Merinas co único fin de tapar as súas vergonzas.

Pacto x Ames quere deixar ben claro que o procedemento iniciado polo Catastro reclamándolle aos veciños 60€ é un procedemento de REGULARIZACIÓN CATASTRAL e non de REVISIÓN CATASTRAL. NADA TEN QUE VER COA REVISIÓN CATASTRAL COMPLETA pedida na moción aprobada no pleno de outubro do ano pasado e acusa ao PP de querer enganar unha vez máis aos veciños para tapar as graves carencias e a mala fé do aínda portavoz do PP de Ames.

Polo tanto, ante as falsidades e manipulacións que o PP de Santiago Amor está facendo deste tema, dende Pacto x Ames queremos deixar claro o seguinte:
1. O procedemento comezado agora polo Catastro, chámase REGULARIZACIÓN CATASTRAL e NADA ten que ver con unha REVISIÓN CATASTRAL COMPLETA que foi o aprobadopor unanimidade no pleno de outubro pasado a iniciativa dos concelleiros de PxA. Esta REGULARIZACIÓN afectaEXCLUSIVAMENTE ás persoas que fixeran algunha mellora na súa vivenda, que construíran un pallete, garaxe, piscina etc. E que non foran notificadas ao Catastro.

2. O procedemento comezado agora polo Catastro afecta a VARIOS CONCELLOS do noso entorno, polo tanto, cómo é posible que unha moción presentada para o ámbito municipal de Ames afecte a máis concellos que ao noso? Esa é a proba máis clara de que o PP de Ames falsea a realidade.

3. O procedemento de regularización que se está facendo dende a Delegación de Economía e Facenda de A Coruña é de aplicación, a partir da resolución do 9 de decembro do 2014 (BOE do 15 decembro 2014), da Dirección Xeral do Catastro, que inclúe dentro da Xerencia Rexional de Galicia-A Coruña a regularización para os concellos de Ames, A Baña, Corcubión, Dumbría, Frades, Laxe, Neda, Ortigueira, Outes, Paderne, Ponteceso, As Pontes de García Rodríguez e Teo. Polo tanto, queda demostrado que a moción de PxA aprobada por unanimidade NADA TIVO QUE VER NESTE PROCEDEMENTO.

4. A moción presentada por PxA ten dou obxectivos, aínda vixentes, fundamentais:
a) Rebaixar a contribución (IBI) de todo Ames.
b) Librar do pago aos numerosos propietariosde Ames que teñen o solo como urbano sen estar urbanizados, e pagan o IBI como urbano.

5. Pacto x Ames sempre apostou por unha rebaixa da contribución (IBI) e dende a oposición utilizou todas as fórmulas posibles para intentar conseguir ese obxectivo pero SEMPRE se atopou coa oposición frontal do PP de Santiago Amor que desprezou e silenciou as nosas iniciativas e despois intentaba levalas a cabo pola porta de atrás e moitas veces de forma errónea.

6. Nesta nova etapa de goberno tripartito, PxAseguirá traballando para que a rebaixa dos impostos sexa unha realidade, especialmente a da contribución (IBI) que é das máis altas do noso entorno.

PxA presenta unha moción para dinamizar o turismo en Ames

Pacto x Ames presentou unha moción para incluír ao concello de Ames na entidade de promoción turística AREA SANTIAGO. PxA xa presentara esta moción o 15 de setembro de 2014 pero o Goberno do PP impediu que se levara a Pleno.

A entidade está composta por 16 concellos da zona de Compostela que traballan na promoción turística, da que Ames, nun principio formaba parte, e que por unha decisión inexplicable do anterior goberno do PP, a última hora non firmou a entrada.

O Grupo Municipal de Pacto x Ames ven de presentar por rexistro de entrada unha moción para que Ames se integre na entidade de promoción turística AREA SANTIAGO. Esta integración suporía formar parte dunha plataforma que pretende promover o dinamizar os concellos mediante a promoción turística aproveitando a marca COMPOSTELA.

Os municipios son A Estrada, Arzua, Boqueixon, Lalin, Melide, O Pino,Oroso, Padrón, Rois, Santiago de Compostela, Silleda, Touro, Val do Dubra, Vedra y Vila de Cruces, con unha poboación de máis de 200.000 habitantes.

O 11 de marzo de 2013 convocouse por primeira vez aos Concellos da contorna de Santiago de Compostela, dita reunión oficializouse o 27 de maio de 2013 ca firma dun protocolo de intencións para a colaboración na promoción turística conxunta.

Ames estaba na sinatura do protocolo pero grazas a una decisión política difícil de entender, o anterior alcalde do PP, non quixo formar parte desa iniciativa.

Dita iniciativa fai que xurda un novo mapa turístico, cultural, gastronómico, potenciador e amplificador do mercado interno dos propios concellos e tamén do seu mercado exterior.

A presenza da Área Santiago en Fitur 2015, deu a coñecer a ampla e diversa oferta turística da zona, baseándose no turismo fluvial e de pesca, excursións, paquetes turísticos e gastronomía.

A guía “Turismo Gastronómico moi cerca de Santiago” recolle a amplía e diversa oferta gastronómica da Área Santiago.

A guía de “Pesca Fluvial Área Santiago” onde se recollen aspectos de interese como trámites, permisos, modalidades de pesca, especies, zonas de pesca recomendadas, aloxamentos, etc.

A páxina Web: www.areasantiago.es e as redes sociais Facebook e Twitter

A “Past View Santiago”, reconstrucións virtuais e realidade aumentada que se visualiza a través dun smartphone, que permite ao usuario acceder a determinados contidos de imaxes, monumentos, lugares etc., dos concellos da Área Santiago.

De todas estas e outras iniciativas o Concello de Ames non se está beneficiando.

O 15 de xullo de 2014 Pacto x Ames (PxA), presenta una moción para a inclusión de Ames en dita Área Santiago, a moción non foi aceptada polo goberno do PP, perdendo de novo a oportunidade de potenciar de forma global o concello de Ames e de quedar ao marxe da promoción da marca área de Santiago, que tería para Ames unha importante repercusión e unha fonte de ingresos para o sector hostaleiro, comercial, empresarial e para o seu tecido asociativo e sendo ademais Ames un concello privilexiado pola súa riqueza fluvial.

Na moción o que se solicita e:

  • Instar a directiva do órgano Área Santiago para que integre ao concello de Ames.
  • Que se designe aos responsables que representen a Ames na próxima comisión informativa de Economía, Promoción Económica, Comercio e Especial de Contas.
  • E que se de conta de todas as xestiones nos próximos plenos.

PREME NESTE ENLACE PARA VER A MOCIÓN COMPLETA

O ex alcalde do PP de Ames volveu a enganar aos veciños, esta vez aos de Castrigo e O Casaliño

Santiago Amor e o goberno do PP enganaron aos veciños de Castrigo e Casaliño. Incumpriron cos compromisos adquiridos con PxA o 27 de novembro de 2014 para levar a cabo o saneamento nesta zona a pesares de que formaba parte do acordo de aprobación do POS. PxA cualifica de inmoral e trileiro ao ex alcalde popular por enganar a todos os veciños de Castrigo e o Casaliño por utilizalos a través de PxA ,co único obxectivo de conseguir un fin que ao final quedoulle moi lonxe. Esta decisión do ex alcalde Santiago Amor xa provocou que algúns veciños tiveran que gastar máis de 2.000 euros.

No último Plan de Obras e Servizos (POS) Pacto x Ames chegou a un acordo co goberno baixo a condición de que se executara con urxencia certas obras que eran imprescindibles como o Saneamento da zona de Castrigo e o Casaliño (preto de Bertamiráns) xa que había moitos veciños afectados por unha situación que podía provocar que tiveran que sufragar cos seu cartos, actuacións de saneamento como podía ser a separación de residuos e similares, correspondentes aos vertidos da vida diaria nas súas casas.

Este acordo foi firmado o 27 de novembro de 2014 con rexistro de entrada no concello con número 14647 no que consta textualmente: “ Así mesmo, e tal e como se solicitou na reunión mencionada anteriormente, o goberno solicitou información para a redacción do proxecto de saneamento en Castrigo, que recollería a zona de Casaliño, para que unha vez se teña cuantificado e se conte co proxecto correspondente se procederá á súa execución.”

Debido a que en maio cambiou o goberno, os concelleiros de Pacto x Ames levaron ao pleno da corporación de agosto, unha iniciativa encamiñada a saber cal era o estado de execución do proxecto desta obra de saneamento. Na iniciativa preguntábase en concreto por tres cuestións:

  1. Redacción do proxecto de saneamento en Castrigo que recollería a zona de Casaliño
  2. Actuación de mellora do canle de alevíns-troitas no Rego dos Pasos.
  3. Actuación de mellora no local social de Trasmonte.

Na resposta do novo goberno o pasado 24 de setembro, certifícase por parte do Concelleiro de Urbanismo, Obras Publicas e Servizos Básicos que tan só estaba realizada a mellora de Trasmonte e o máis grave, no caso da obra de saneamento da zona de Castrigo e o Casaliño “non consta a existencia de ningún proxecto que recolla as obras de saneamento no lugar de Castrigo.”

As políticas do engano e a manipulación foron as que provocaron que o PP de Ames, con Santiago Amor á cabeza, obtivera os peores resultados na historia de Ames e os peores resultados en Galicia nunhas eleccións municipais por parte de unha agrupación do PP que gobernaba con maioría absoluta.

Pacto x Ames volverá a traballar para que co novo goberno de Ames realice este proxecto de saneamento de forma urxente e prioritaria e que sen dúbida deberá formar parte das primeiros investimentos que se realicen no novo POS que deberá ser aprobado no remate deste ano.

FAI CLIC AQUÍ PARA VER DOCUMENTO DO ACORDO

FAI CLIC AQUÍ PARA VER RESPOSTA DO NOVO GOBERNO

O cemiterio municipal, a historia interminable

Pacto x Ames solicita información sobre o cemiterio municipal no que se realizou unha investimento superior a 1.500.000 de € procedentes do Plan E do ano 2008 e que se atopa en estado ruinoso.

PxA mediante escriito presentado por resixtro de entrada con nº 10595 de data 23 de setembro de 2015 solicitou información ao goberno tripartio a raíz da información saída na web do concello para acometer diversas  actuacións, nesta maltratada dotación, obxecto dun investimento de 1.500.000 euros no ano 2008 e que os anteriores gobernos (primeiro socialista e logo popular) non foron capaces de rematar.

O máis lamenteble é, que se atopa nun estado ruinoso, cuxo custe para a  súa entrada en funcionamento é inasumible para o noso concello sen as aportacións de outras administracións.

No escrito rexistrado solicítase:

  1. Copia da memoria valorada da posta en funcionamento da infraestrutura que aporta o arquitecto.
  2. Custe da memoria e dos honorarios do redactor da mesma.
  3. Copia do proxecto do tanatorio.
  4. Copia do custe da redacción do proxecto do tanatorio.
  5. Copia do informe urbanístico que permite utilizar a zona de aparcamento.

                                  VER O ESCRITO COMPLETO

PxA solicita información sobre os obradoiros culturais

Solicitamos esta información a raiz da publicación na páxina web do concello dunha nova que fai referencia á xestión dos Obradoiros Culturais 2015-2016 onde consta a contratación de diversos profesionais e empresas de forma directa. O escrito foi presentado o 15 de setembro con nº de entrada 10249

O pasado 14 de setembro a web do concello publicou a contratación de forma directa de diversas empresas e persoal especialidado. Por este motivo dende PxA solicitamos a seguinte información:

- Información detallada do custe de todos os obradoiros que se pretenden por en marcha.

- Información de cal é o motivo polo que se recurre a contratación destes profesionais e empresas dun xeito opaco e directo, sen transparencia e vulnerando a igualdade de oportunidades ao privar ao resto de profesionais e empresas do noso concello de optar a estes obradoiros.

- Información de cal e o motivo, polo que os usuari@s teñen que facer a inscrición presencial en Bertamiráns e Milladoiro e non poden inscribirse nos Obradoiros Culturais, de forma telamática a través dun enlace na páxina web do concello.

 

Dende PxA queremos deixar claro que respectamos escrupulosamete aos profesionais e empresas contratadas non temos nada en contra destes, todo o contrario, pero sí cuestionamos a súa formas de contratación.

FAI CLIC AQUÍ PARA VER O DOCUMENTO COMPLETO

O BNG DE AMES ADXUDICA A DEDO A XESTIÓN DOS OBRADOIROS CULTURAIS MUNICIPAIS

O BNG de Ames adxudica a dedo a xestión dos obradoiros culturais municipais e beneficia aun membro da súa candidatura co obradoiro de Xadrez de O Milladoiro. non contemplan a bonificación familiar poñendo nos 17 anos o listón de prezo máis baixo.

Pacto por Ames non pode máis que lamentar a actitude do Alcalde socialista e de Contigo Pódese consentindo a actitude do seu socio de goberno do BNG favorecendo aos seus e utilizando como escusa a mala xestión da empresa Eulen, xa fora sancionada no anterior mandato por graves incumprimentos, en vez de buscar unha xestión transparente e substituíndoa pola dedocracia.

A transparencia da que fixeron gala na campaña electoral convertese en adxudicacións
directas sen dar oportunidades ao resto de asociacións e profesionais que hai no concello.
Diversos profesionais e empresas de Ames e arredores, fixéronnos chegar o seu malestar por esta decisión arbitraria e que vulnera a igualdade de oportunidades.
Os potenciais usuarios queixáronse de que non se dispoña de un método de inscrición
telemática a través da páxina web municipal. 

Esta decisión vulnera a igualdade de oportunidades privando ao resto de empresas e profesionais do noso concello da posibilidade de optar a estes obradoiros. Algunhas empresas e profesionais xa nos manifestaron o seu malestar e indignación. Dende Pacto X Ames consideramos que a medida pode ser legal, pero carente de toda ética e moi lonxe das promesas feitas fai pouco máis de 3 meses.

Indignación que aumenta ao beneficiar a un membro que ía na candidatura do BNG nas pasadas eleccións como suplente nº 2 e que vai a impartir o obradoiro de xadrez no Milladoiro.

En canto a xestión dos obradoiro, omiten o concepto de bonificación familiar para estas actividades e poñen nos 17 anos a idade límite para beneficiarse de descontos. A modo de exemplo, unha familia de 4 membros que con dous fillos menores de 18 anos pagaría 60€ (40 polo primeiro e 20€ polo segundo) mentres que a mesma familia con dous fillos de 18 ou máis anos pagaría 100€ (50€ por cada un). Unha diferenza do 40%, claro exemplo da escasa sensibilidade coas familias.
Outra das queixas xeneralizadas dos usuarios é a imposibilidade de facer a inscrición de forma telemática vía páxina web do concello. Dende Pacto X Ames consideramos que nun concello como o de Ames as inscricións, sexan para estes obradoiros ou para calquera outros, deben de habilitarse tamén de forma telemática.

Pacto X Ames presentou na maña de hoxe no rexistro, un escrito solicitando respostas a todas estas cuestións.
Dende Pacto X Ames queremos deixar claro o máximo respecto cara o traballo e a traxectoria dos profesionais e empresas, simplemente cuestionamos as formas do goberno tripartito e en particular do BNG por ser o responsable desta área.

CERO EUROS DO PRESUPOSTO XERAL DO ESTADO PARA AMES

O goberno do PP volve a destinar CERO euros para Ames nos Presupostos Xerais do Estado. Como consecuencia, a estrada N-550 ao seu paso polo Milladoiro volverá a quedar sen un principio de solución un ano máis. Pacto por Ames acaba de presentar no rexistro do Concello de Ames con nº de entrada 9265 e data 18 de agosto un escrito para solicitar que o goberno municipal presente as emendas correspondentes

Un ano máis, o goberno do PP non toma en serio o problema que a N-550 causa ao seu paso polo Milladoiro. Unha estrada que soporta 25.000 vehículos ao día e que a partir de setembro, data na que empeza o curso escolar e con motivo das obras do túnel de Conxo, soportará unha densidade e unha ralentización do tráfico aínda maior. Un problema que ata o de agora nin o PP nin o PSOE estatal tomaron en serio.
Si a isto sumamos ás obras da Autoestrada AP-9, ás saídas e entradas ao Milladoiro pódense converter nunha rateira durante o curso 2015-2016.
Pacto por Ames acaba de presentar no rexistro xeral do Concello unha petición para que o actual goberno tripartito de Ames presente unha emenda no Congreso dos Deputados co fin de que se inclúa unha partida económica para facer o estudo de viabilidade co obxectivo de quitar o tráfico do Milladoiro ben sexa por un túnel ou por unha variante.
Dende Pacto por Ames vamos a insistir e poñer os medios que fagan falta para que se tome de unha forma serie e responsable o problema de seguridade que a N-550 crea ao paso polo Milladoiro así como a división dun núcleo. Máis aínda cando sabemos que a construción do túnel do Hórreo e o de Conxo farán que o problema do tráfico se retrase ata o Milladoiro.
O Grupo Municipal de Pacto por Ames considera que si actuacións como o túnel da Galuresa (26 millóns de euros) o túnel de Conxo ( 7 millóns de €) ou a variante de Padrón cun custe de 25,2 millóns de euros puideron realizarse, a solución do tráfico do Milladoiro non pode estar nun segundo plano porque estamos a falar de que afecta a preto de 14.000 persoas que sofren a consecuencia de ser tratados como cidadáns de terceira.

Espazos Cardio Protexidos

Pacto x Ames presentou unha moción para promover a instalación de disfibriladores en espazos públicos. Na mesma tamén se pide a colaboración coas demais institucións, Goberno Autonómico, Deputación etc. E se canalice por parte do Concello unha campaña informativa cara as empresas que están en Ames a través das asociacións de empresarios e comerciantes. Trátase de facer partícipes a toda a sociedade.

Pacto por Ames empeza o curso político instando ao goberno municipal a que leve acabo un plan especial para que Ames sexa un concello con ESPAZOS CARDIO PROTEXIDOS mediante o estudo e posterior implantación de desfibriladores.

Segundo o informe elaborado pola Dirección General de la Agencia de Calidad del SNS e Oficina de Planificación Sanitaria y Calidad do Ministerio de Sanidad, en España cada ano 68.500 pacientes sofren un Infarto Agudo de Miocardio (AIM) dos que aproximadamente o 30% falecen antes de poder ser atendidos nun hospital.

O informe tamén di que a fibrilación ventricular é a responsable inicial de ata un 85% das paradas cardíacas extrahospitalarias. A experiencia acumulada nestas décadas nas Unidades de Coidados Intensivos demostra que a efectividade da desfibrilación temperá na recuperación dun ritmo cardíaco eficaz é do 90% cando é posible efectuar a desfribilación no primeiro minuto de evolución da fibrilación ventricualar. Esta efectividade diminúe moi rapidamente, concretamente por cada minuto de retraso en desfibrilar redúcese a supervivencia nun 7 – 10%, de tal xeito que despois de 10 minutos as posibilidades de sobrevivir son mínimas.

Na moción tamén se di que os desfibriladores poden ser manexados por persoal no médico, é por iso dende Pacto x Ames entendemos necesaria que en estreita colaboración coa Consellería de Sanidade ou de calquera outro órgano competente nesta materia, o Concello promova a formación das persoas que están nestes centros, conserxes, monitores e demais persoal que traballe en instalación municipais ben de forma directa (funcionarios e persoal laboral) ou mediante asistencias técnicas ou de servizos como poden ser as escolas deportivas, lúdicos etc.

Outra cuestión importante é a información e comunicación aos sectores asociativos e empresariais para que colaboren e animalos a que participen neste proxecto.

Así na moción tamén se solicita que en colaboración coas demais institucións, Goberno Autonómico, Deputación etc. Se canalice por parte do Concello unha campaña informativa cara as empresas que están en Ames a través das asociacións de empresarios e comerciantes, de tal xeito que poidan ter toda a información sobre a conveniencia de contar nas súas instalación ou preto delas (por exemplo no polígono do Milladoiro, nos centros comerciais, en JUPEMI...) cun desfibrilador, poñendo en valor as claras vantaxes que para a saúde ten este aparello con un custe asumible.


ACTAS DOS PLENOS

INICIATIVAS PRESENTADAS POR PxA

CALENDARIO

DONATIVOS

Mediante transferencia bancaria poderás facer unha achega a PxA sempre e cando se cumpran coas condicións que a Lei Xeral Electoral.

Ten en conta o seguinte:
a) As doacións non se poderán facer dende os fonds pertencentes a organismos, entidades ou empresas públicas.
b) Esta doación nos se admitirá si provén de fondos pertencentes a empresas privadas que, mediante contrato vixente, prestes servizos ou realices obras para as Administracións Públicas, organismos públicos ou empresas de capital maioritariamente público.
c) Estas doacións non se realizarán dende os fondos dos gobernos e organismos, entidades ou empresas públicas extranxeiras ou de empresas que teñan algún tipo de relación, directa ou indirecta, con eles.
d) Os fondos que se donan no se fixeron entregando por parte dunha persoa ou entidade co fin de facer esta doación.
e) O límite das doacións procecentes de unha mesma persoa física ou xurídica e de 10.000 euros por cada campaña electoral (Lei Xeral Electoral)

O NOSO NÚMERO DE CONTA: ES0720800317723040014790

FORMULARIO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Para falar coa túa voz precisamos escoitar as túas propostas.

ENVIAR MENSAJE
Su mensaje fue enviado correctamente.
Su mensaje NO fue enviado. Intente nuevamente.
▲ SUBIR